GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
GALICIA da door chora á forza
libre pra servir libre pra servir
GALICIA labrega GALICIA nosa recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n’il toda recóllote da HISTORIA estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro
sabemos que ti podes ser outra cousa
CUMES CUMES CUMES COM’ESTES ECHEN
VIETNAMMMMMMMMMM
metan na casa a verba na cociña na mesa na cama xa está
un dá vergonza vivir dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA
cándo remata un pobo?
seino por vós
mortos mortos ouh cánto teño de vós pequeno que son de esta paz morta
noitenoite
entran nas cidades do SUL ESTE lonxe
non son eu tamén
perdón por esta paz
valeiránnolos nomes
deles temos de novo nome:
aquíl por siglos foi un pobo como é o meu IRMANDIÑOS DE GALICIA VIETCONG
entre miña mai ANA amos iles
non …………………………………………………………… o canto parou sin rematar
| exigimos que el año 2010 sea dedicado al recuerdo vivo de UXIO NOVONEIRA |