MÁIS SOBRE ESCHER
 

BIOGRAFÍA DE ESCHER

 

Maurits Cornelis Escher (1898-1972), debuxante holandés, creador dalgúns dos grabados máis coñecidos dos século XX. Naceu en Leeuwarden e, dende 1919 a 1922 estudou na Escola de Arquitectura e Artes Decorativas de Haarlem, onde adquiriu unha gran destreza no grabado a fibra. Máis tarde tamén se especializou na litografía e na xilografía e contrafibra. Dende 1922 ata 1933 viviu en Italia, e despois en Suiza e Bélxica, ata que se asentou definitivamente en 1941 en Baarn (Holanda).

Os seus primeiros grabados representan principalmente paisaxes e escenas urbanas, pero despois da súa estancia en Italia comezou a desenvolver as que él chamou “visións internas”. En ocasións trátase de elaboradas composicións obsesivas nas que se entrelazan siluetas seriadas de animais, paxaros ou peixes. Cara a 1940 as súas imaxes comezaron a ter un certo sabor surrealista, especialmente nos debuxos de extranos edificios nos  que, grazas a sabios xogos perspectivos, aparecen escaleiras que ascenden cara a pisos inferiores (e descenden cara os superiores), ou fervenzas de auga que se elevan cara as azoteas.

Escher escribiu sobre a súa obra: “a través do enfrontamento entusiasta aos enigmas que nos rodean, o considerar e analizar as observacións que fixen, rematei no campo das matemáticas. Aínda que me declaro absolutamente inocente de formación ou coñecemento nas ciencias exactas, a miúdo parezo termáis en común cos matemáticos qu cos meus colegas artistas.” A súa obra intrigou, certamente, a matemáticos e psicólogos da percepción visual. Tamén se fixo moi popular entre o gran público, especialmente a partires da década dos sesenta, cando algúns xoves asociaron as súas imaxes coas experiencias alucinóxenas producidas polo LSD. En calquera caso, supón unha intereresante reflexión sobre as  extrañas relacións que se establecen entre as imaxes representadas e as súa técnicas de representación.