Benvida

Nesta web recollemos a memoria do Proxecto de Formación e Asesoramento en Centros (PFAC) celebrado no CEIP A Rúa durante o curso académico 2011-2112, e que leva por título:  Á PROCURA DO SIGNIFICADO: MELLORA DA COMPRENSIÓN LECTORA.

Este proxecto ten por finalidade lograr unha actualización dos coñecementos do profesorado e aplicalos na práctica docente nun ámbito tan fundamental como o da mellora da comprensión lectora do alumnado, unha habilidade cognitiva complexa que implica a utilización de múltiples procesos cognitivos e que é condición necesaria para a adquisición de calquera das competencias básicas esixidas no currículo escolar.


Esta mesma temática constitúe o TEMA NÚCLEO anual de traballo na nosa escola, que levará por título:  LEO, LEO... QUE LES?