INICIO


RECITAL POETICO


YouTube Video






Se foses iniciar a túa viaxe cara a Ítaca,
roga que o teu camiño sexa longo,
rico en experiencias, en coñecemento...

Roga que o teu camiño sexa longo,
que innúmeras sexan as mañás do verán
en que con pracer, felizmente
arribes a baías xamais antes olladas...


Preserva sempre na memoria Ítaca.
O teu destino está nela.
Pero non apresures a viaxe.
Que ela se prolongue polos anos
e na túa vellez arribes á illa
cos bens que no pasado recadaches...

Ítaca regalouche unha fermosa viaxe.
Sen ela non terías iniciado o camiño.
Máis ningunha outra cousa che pode dar.


K. Kavafis: Poesías completas