Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz

HTML Hit Counter

NOTA: A presente páxina tan só ten fines educativos. En todo momento inténtase de citar aos autores dos recursos aquí enlazados.

Se algunha das fotografías, debuxos, melodías, vídeos ou textos que aparecen nesta páxina estivese suxeita a dereitos de autor, 

 póñanse en contacto con nós na seguinte dirección bibliotecavictorsaenz@gmail.com e serán retirados inmediatamente. 

Grazas

    Á volta das vacacións de Nadal, comezamos os traballos para por en marcha a nosa primeira Campaña de  
Animación á Lectura titulada "LENDO LENDAS". Agora que os contos e os cantos se van apagando con cada vello que morre, resulta de vital importancia rescatar os derradeiros testemuños da nosa riquísima tradición oral.
    O noso obxectivo é transmitir aos nosos rapaces/zas a literatura popular galega e darlles a coñecer aos
"habitantes do lusco-fusco, afeitos a medraren entre sombras e facer delas a súas aliadas; personaxes que nos fan tremer, que nos fan raiar, que nos encantan, que nos desencantan, que namoran, que enredan e mesmo chegan a causar desgrazas..." (Gloria Sánchez en Fadamorgana nº1, 1999).
    Queremos que os nosos rapaces/as aprendan a "tratar cos mouros cos anamos, coa xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras, que rouben o peite da moura, que sufran con paciencia a trasnos, diaños e tardos, que se durman con Pedro Chosco e que recollan carbóns que se convirtan en tesouros." (Pequena Mitoloxía de Galicia, 2001)
 
Exposición dos fondos:O día 12 de abril abrimos ao público unha exposición cos fondos da biblioteca relacionados ca Campaña de Animación á Lectura Lendo Lendas. Os libros, de momento, non se poderán levar para casa pois queremos que estén á total disposición de alumnos e profesores que ata o 7 de maio estarán elaborando traballos relacionados cas lendas.
    Os nosos rapaces e rapazas, primeiro coñeceron aos seres máxicos dos que se fala nas lendas galegas; despois convertíronse neles por un día (no Entroido) e finalmente convertiranse en escritores, ilustradores e editores das súas propias Lendas, que logo pasarán a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
 
Comments