O grupo Lenda Ártabra está formado na súa formación básica por sete músicos.
ALBERTO HERMÁNS
- Guitarra, bouzouki e voz -
Profesor de música de primaria de profesión sempreestivo ligado ao folclore galego.
Pertenceu durante máis de 25 anos ao "Grupo Etnográfico das Mariñas" e foi fundador do grupo folc "Norfolk".
Compositor de moitos dos temas que petencen ao repertorio actual de Lenda Ártabra.


SALVA "VADER" ACOSTA
- Violín -
Músico cunha formación clásica que caeu no mundo do folc con  Lenda Ártabra. 
Profesor de violín e piano en numerosas escolas de música de Ferrolterra e de Lugo.
Dirixíu concertos na Galería Sargadelos de Ferrol e a Orquestra do CMUS de A Coruña no Teatro Rosalía de Coruña.
Foi membro do folc "Zoadeira" xunto a José María Bastida.


XOSÉ CASAL
- Baixo eléctrico -
Baixista ferrolán adicado ao instrumento das catro cordas dende os 17 anos.
Autodidacta do baixo que comezou a súa andadura musical en grupos de rock como "Sixteen", "Quicksand Sirens" ou "Os Zentholos".
Cambiou o rock polo folc na primeira etapa do grupo Nolfolk dentro da xira do disco "Brillan Astros".




JOSÉ MARÍA BASTIDA
- Gaitas e frautas -
Persoa vinculada á música tradicional galega dende hai máis de 20 anos, comezou a súa experienza no Grupo de gaitas de Sedes. 
Aprendeu a tocar a gaita na " Escola de intsrumentos tradicionais Manuel Lorenzo Barja" do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.
Membro de numerosas bandas de gaitas como "Terra de Trasancos" ou "Acotaga" , chegando a dirixir algunha delas.
Actualmente tamén pertence ao grupo de música "Zoadeira".


MUNDO BAKALE
- Percusión -
Orixinario de Guinea Ecuatorial pero dende hai ben tempo afincado na cidade de Ferrol .
É profesor de música de primaria e ademáis profesor de batería e percusión na Escola de estudios músicais "Compañía de María- Rock School".
Participou como baterista no grupo "Habitación 52" e actualmente toca en grupos como "Super Glú", "Los Jackets" ou con "Jamie Fifthring".


MARTA MASAFRET
- Voz e guitarra acústica -
Aprendeu a tocar a guitarra dende a súa infancia e comezou a súa andadura no ano 1999 formando parte do grupo pop "Entre Paréntesis" e do grupo folc "Chiculate". Tamén colaborou co grupo "Perséfone" e con Xavier Lorenzo".
Unha voz chea de sentimento e forza que fai que o público sinta coma súas as letras dos temas.