Proxecto Ecosistema:
Fotos e traballos dos nosos alumnos.
Conexión directa á Web de 5º y 6º
Aquí publicaremos as fotos e os traballos aportados ao Proxecto Ecosistema polo noso alumnado no curso 2021-22
PLANTAS
Esta foto aportouna Helena. Durante unha viaxe a Granada, nos xardíns da Alhambra, atopou esta beleza de flor. Entre outros nomes, coma borlón ou cresta de galo, chámana "flor do amor". Por que será?
Preto deste camiño no bosque podemos atopar cogomelos, plantas e animais moi variados.
Adriana mándanos dúas vistas do campo. Esta preciosidade de camiño entre plantas autóctonas da esquerda e o desastre de abaixo.
Plantación de eucaliptos. O bosque está morto. Só sobreviven os propios eucaliptos, os fentos e pouco máis. Estas plantacións fanse por motivos económicos: estas árbores de crecemento rápido utilízanse para fabricar pasta de papel.
Fotos de montaña
Mateo F. mándanos unhas fotos da súa viaxe a Asturias e León. Nelas vese un cañón na montaña e unha paisaxe moi bonita, cunha montaña ao fondo.
Os lugares pedregosos e de difícil acceso son o paraíso das plantas herbáceas. No primeiro plano, parece que hai tamén musgo.
Estas pegadas da antiga presenza humana están cubertas por plantas.
Vemos fentos e fanerógamas.
Esta foto, nos di Mateo, está feita en León.
Vemos unha paisaxe de montaña con plantas herbáceas (cardos e outras), matorrais, arbustos e árbores coníferas: esas dúas árbores tan estreitiñas teñen pinta de cipreses (Cupressus sempervirens).
Xardíns
Martín mándanos estas fotos dunhas rosas moi bonitas. As roseiras son uns arbustos espiñosos propios de Europa que xa se cultivaban nos xardíns das domus romanas. Florecen na primavera e hai moitos tipos.
Ipomoea indica.
Adriana mándanos as fotos dunha enredadeira e as súas flores. Non nos deixemos enganar pola súa beleza, estas "campanillas" están consideradas como especie invasora moi perigosa. Nas Illas Baleares e Canarias plantalas é un delito que conleva unha multa importante. En realidade, é unha especie tropical de enredadeira que cobre rápidamente unha gran área coas súas follas, tapándolle o sol e roubándolle a auga a outras plantas autóctonas.
Lantana camara
A Lantana camara que nos envía tamén é outra especie invasora. Está na lista das 100 especies invasoras máis perigosas do planeta. Fixádevos que se planta nos xardíns das cidades sen ter en conta a súa perigosidade para a flora autóctona.
COGOMELOS
Sabemos que non son plantas, pero imos poñer aquí tamén estes seres tan semellantes, os fungos.
As amanitas teñen todas anel e volva (saen dunha bosliña da que quedan restos e que se chama así) e un sobreriro con laminiñas. Esta foto mandouna Candela. O exemplar é moi novo e aínda non abriu o seu sombreriño.
Lembrade que as amanitas son moi perigosas, ista é moi velenosa.
Candela manda tamén estes outros cogomelos que teriamos que ver de preto para poder identificar. Os da esquerda poderían ser Marasmius e os da esquerda Russulas ou Lactarius.
Clathrus archeri
Isto que vedes aquí é un cogomelo. É rarísimo, pero Nacho atopouno baixo dun castiñeiro cando buscaba castañas. En realidade, é un fungo alóctono que provén de Australia e Nova Zelanda e que se trouxo ao principios do século XX. Cheira a carne podrida e así atrae ás moscas, que expanden as súas esporas.