Unha andaina para o encontro

                     
                                               

                                     I Xornada sobre Educa
ción Infa
ntil: unha andaina para o encontro

“Lingua, valores educativos, xogo e arte co contorno”

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2013

Lugar: Escola Apóstolo Santiago

 

Esta xornada está organizada pola Asociación Educativa Galega de Técnicas Superiores en Educación Infantil en colaboración co proxecto pedagóxico A Semente e o recoñecemento da Universidade de Santiago de Compostela.

 

O afán de facer esta xornada nace da necesidade de achegarnos a todas aquelas persoas con inquedanzas sobre esta gran etapa educativa: A Educación Infantil, porque pensamos que isto non é cousa duns poucos, senón de todas e todos.

 

Entre os nosos propósitos está o de promover unha cohesión entre os profesionais adicados a mesma: as técnicas e as mestras, a través da reflexión, da comunicación e da interacción. Para isto, ofrecemos un abano de experiencias e obradoiros encamiñados a compartir e aprender en conxunto de forma activa e participativa.

Se tedes intriga, nesta páxina poderedes votarlle unha ollada ao noso programa e a todos aqueles datos referentes á xornada. Esperamos que se despexen todas as vosas dúbidas e que vos decidades a participar, a compartir con nós esta experiencia, formar parte dela coa mesma ilusión que nos o faremos, xa que é a primeira pero esperamos que non sexa a última. Agardamos con impaciencia vervos a todos e todas en Santiago.

 Grazas de antemán, pois sen vos todo isto non sería posible.