Lecturas recomendadas

PÁXINA EN CONSTRUCIÓN

O meu nome é Skywalker.

Agustín Fernández Paz


Desde que abriron un gran supermercado fronte á súa casa, Raquel pasa moito tempo observando á xente que entra e sae. Un día repara nun home que sempre está parado ás portas do establecemento, pedindo esmola, e a quen  ninguén parece ver, agás a nena. Convencida de que se trata dun home invisible, achégase a falarlle, e acaban por ser amigos. Entón o home contaralle que é un investigador enviado desde outro planeta en misión especial á Terra, e que o seu nome é Skywalker.



Temas:


Este libro propón un achegamento á marxinación social dos sen teito. A narración céntrase na relación entre ambos os dous personaxes, unha amizade que desemboca nun desenlace inesperado. Ao tempo, ofrécese unha visión respectuosa e solidaria das persoas que viven marxinadas nunha sociedade que as invisibiliza.


El sentido de la vida es una vida con sentido: la resiliencia.

Rocío Rivero López

A vida ensínanos que nada é para sempre, que os nosos soños non sempre se cumpren e que non podemos aferrarnos ao pasado nin vivir suspirando polo futuro. O sentido da vida é unha vida con sentido. A resiliencia, ensínanos a superar as situacións adversas, así como a saír fortalecidos delas. Comprométese a desenvolver e manter a túa resiliencia ao longo da vida e a desenvolvela e mantela tamén nos nenos e nenas. Para conseguir o seu obxectivo conta co apoio de numerosos exercicios. Capítulo a capítulo explícanse os factores que inflúen en ser resiliente, os beneficios que achega a resiliencia e con que están relacionados estes beneficios, todo iso baseado en estudos psicolóxicos, con métodos concretos e experimentados. É a primeira publicación que revela e explica o vínculo que existe entre a resiliencia e saber vivir o momento presente, entre a creatividade e a resiliencia, entre a intelixencia emocional e a resiliencia e entre esta e a felicidade, axudándoche a potenciar estas habilidades. Rocío Rivero López é unha psicóloga e educadora,

Temas:

A  intelixencia emocional e a  resiliencia.

¿Qué es el Comercio Justo?

Iago Araujo Molina 

Juan e María descobren que a tenda da esquina de toda a vida xa non existe…e non é a nica…a súa rúa parece un barrio pantasma, que está a ocorrer?, terá algo que ver con estes peches a apertura dun novo centro comercial?

Temas:


A través dun cómic, Iago Araujo Molina inícianos ao funcionamento do mercado internacional de materias primas, aos impactos das grandes superficies sobre a economía local, as tendas de barrio, o campesiñado e o medio ambiente, e exponnos alternativas de comercio xusto e consumo responsable como tendas de comercio xusto, cooperativas de consumidores/as ou mercados locais.

Laudato Si

Papa Francisco

O Papa Francisco publica a súa primeira encíclica sobre ecoloxía, seis meses antes de que se inicie o Cume da ONU en París sobre o Cambio Climático. Na encíclica, que leva como título un verso do Cántico das Criaturas de San Francisco de Asis  «Laudato se’» ,en castelán, «Alabado seas».

Temas:


o Papa mostra a súa preocupación por aquelas cuestións que teñen que ver co coidado do noso planeta: o cambio climático e o quecemento global; a contaminación producida polos residuos non biodegradables, tóxicos e radioactivos; as enerxías renovables; a corrupción no mercado internacional do petróleo ou o consumo persoal das enerxías, entre outras. 


Cuidar la madre tierra

VV.AA.


Sinopsis

Esta obra nos ofrece un acercamiento a la encíclica Laudato si', del Papa Francisco, para facilitarnos su comprensión y lectura meditada. Los comentarios están realizados por seis personalidades comprometidas con la Iglesia y con la ecología: Leonardo Boff, uno de los máximos exponentes de la teología de la liberación, el misionero comboniano Alex Zanotelli ,el jesuita y economista francés GaÆl Giraud los sociólogos Chiara Giaccardi y Mauro Magatti y por último, el jesuita y periodista Giacomo Costa

Sinopsis

Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun perdido lugar do mundo. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por un lado Arturo, que a espera en España; por outro Leo, o médico, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, o hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.

Chamando ás portas do ceo

Jordi Sierra i Fabra

O Papa Francisco publica a súa primeira encíclica sobre ecoloxía, seis meses antes de que se inicie o Cume da ONU en París sobre o Cambio Climático. Na encíclica, que leva como título un verso do Cántico das Criaturas de San Francisco de Asis  «Laudato se’» ,en castelán, «Alabado seas», o Papa mostra a súa preocupación por aquelas cuestións que teñen que ver co coidado do noso planeta: o cambio climático e o quecemento global; a contaminación producida polos residuos non biodegradables, tóxicos e radioactivos; as enerxías renovables; a corrupción no mercado internacional do petróleo ou o consumo persoal das enerxías, entre outras.