Itinerario Lector

A xeografía (do grego sigmund - geographia, lit. «descrición ou representación gráfica da Terra») é a ciencia que estuda a superficie terrestre, as sociedades que a habitan e os territorios, paisaxes, lugares ou rexións, que forman, ao relacionarse entre si.

A historia é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais. Denomínase tamén historia ao período histórico que transcorre dende a aparición da escritura ata a actualidade.

A arte (do lat. ars, artis, e este calco do gr. τέχνη) enténdese xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do cal se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos.A arte é un compoñente da cultura, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ao longo do espazo e o tempo.


Neste Itinerario lector queremos amosar obras en formato papel e audiovisual xunto con unha serie de recursos para coñecer a nosa historia e o noso planeta de xeito que disfrutedes co coñecemento. Todas elas están dispoñibles na biblioteca como podedes ver nos enlaces.

Voltar ao Blogfesquío