XA TEMOS Á VENDA O NOSO NOVO CD "IMOS INDO"

É un disco no que gravamos 11 temas (3 nosos e o resto tradicionais) 
arranxados todos eles por nos.

Podedes mercalo en Pontedeume en varios locales (Fubolin, Décimas, La Divina Comedia...), e si non vos é posible chegarvos ata aquí podedes pedilo ó noso e-correo (iriadona@gmail.com) e por 10€ mais gastos de envío  poderedes disfrutalo na vosa casa.





Xa voltamos do condado de Kent.



 Compoñentes:

    Lidia Sanmartin

    Tino Casás

    Miguel Ezquerro

    Manu Moares    

    Nando Vila

 

Vídeos en Youtube

Contacto

 

 Myspace

 

 

 




 

Iriadona xurde dos desexos de sete amigos xunguidos polos sons musicais, alá polo ano 1991.

Son moitas as cousas que aconteceron desde entonces:

Actuamos en moitos sitios e lugares de toda Galiza, compartindo esceario con xente da talla de Luar na Lubre, Cempés, X. M. Budiño, Susana Seivane, Pat Kilbride, Söig Siberil…

Tivemos ademáis a sorte de colaborar na película “O de Amor” de Ismael González con Mónica Pont, tanto na banda sonora como na propia película como actores.

No ano xacobeo 1993, gañamos o 2º concurso Pelegrín de música Folk, premiado coa gravación dun CD que titulamos “Iriadona”. Gravamos 10 temas tanto de autor como tradicionais, todos eles arranxados pola banda.

Despois dunha paréntese obrigada polas nosas ocupacións, dimos en voltar a xuntarnos 4 dos componentes xunto coa incorporación dunha voz femenina. Esta é a nova etapa na que agora andamos.

Levamos xa varias actuacións por Galiza, así como a gravación dunha maqueta. Xa temos á venta o noso derradeiro CD. Podes pedilo a iriadona@gmail.com

Intentamos que a nosamúsica non estea limitada. 

Compoñemos e arranxamos dun xeito persoal.


A nosa última actuación no extranxeiro foi en Faversham 

(Kent), coa conseguinte visita turística a Londres: