INEIN

INvestigación E tratamento da INformación (INEIN)

Obxectivos xerais:
  • Achegamento á biblioteca escolar do centro (e a outras bibliotecas) e ás súas posibilidades para acceder a textos informativos de diversa índole, cunha primeira aproximación á tipoloxía de fontes que se poden consultar e á maneira de facelo de xeito eficaz e con recoñecemento dos dereitos de autoría.

  • Procura de información en fontes impresas ou dixitais, e en documentos de formato e contido diverso, con atención ás características de internet como medio de información.

  • Elaboración dun traballo de investigación, nos que a planificación, a formulación de preguntas e a recuperación dos coñecementos previos son esenciais.

  • Análise e valoración da información que se recolle, así como na compilación das fontes consultadas para o seu recoñecemento posterior.

  • Reelaboración da información, un proceso no que cómpre sintetizar e estruturar a información, e personalizar en produtos orixinais, impresos, audiovisuais ou dixitais o coñecemento adquirido para unha comunicación eficaz. Recolle tamén este bloque aspectos relacionados coa avaliación do proceso realizado e a transferencia deste coñecemento á vida persoal, académica ou social do alumnado.


Que traducido ven sendo:

  • Saber como funciona unha biblioteca e internet para obter información.
  • Coñecer o funcionamento do método científico
  • Aplicar o método científico nunha pequena investigación.
  • Analizar os datos da investigación realizada e sacar conclusións.
  • Comunicar oralmente con apoio informático o traballo de investigación realizado.
En resumo:
Investigo, logo aprendo

Subpáginas (1): Proxectos 15_16
Comments