PROXECTO DOCUMENTAL

O IMPRESIONISMO MUSICAL

CEIP de Celeiro - Viveiro (Lugo)

O IMPRESIONISMO MUSICAL

O concepto Impresionismo ten a súa orixe no mundo da pintura.

En 1872, Claude Monet pinta un cadro no que reflicte a sensación causada polo ascenso do sol entre a néboa sobre o río.

En 1874 exponse en París esta obra xunto a outras que compartía unha estética similar. O título do cadro de Monet é Impresión, sol nacente; de aí o nome do novo estilo. Coa exposición parisiense sentarán as bases do movemento pictórico que se desenvolve durante as primeiras décadas do século XX.

O compositor máis destacado deste movemento é Claude Debussy, con obras como "Preludio á sesta dun fauno" (1894).

Do mesmo xeito que a pintura impresionista, a música de Debussy é unha música de atmosferas e de sentimentos sutís, carente da grandiosidade post-romántica.

As características desta música son:

    • Melodías esvaecidas (igual que en pintura), sen liñas nin cadencias claras, que utilizan escalas modais, pentatónicas, cromáticas ou de tons enteiros.

    • Harmonía libre, con acordes incompletos aos que Debussy chama flotantes, que toman o seu valor pola súa sonoridade, non pola súa función tonal, para converterse en liñas e manchas que se desvanecen no tempo e o espazo.

    • Novo concepto de timbre, utilizando os instrumentos de forma individual e non como conxunto orquestral (colaxe).

    • Incorporación de elementos musicais orientais, tanto melódicos ou rítmicos como harmónicos.

    • Un dos continuadores da obra impresionista de Claude Debussy será o francés Maurice Ravel, coñecido pola súa obra "O bolero".