PROXECTO DE INNOVACION EDUCATIVA
INTRODUCCIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS NA AULA DIXITAL
XUSTIFICACIÓN MEMORIA DESCRIPTIVA. 1.- TÍTULO. Tics en conserva: A industria conserveira e baleeira de Cangas Niveis: E.S.O (1º e 2º)/ Interdisciplinar. 2.- GUÍA DIDÁCTICA Xustificación Unha experiencia didáctica de innovación educativa
interdisciplinaria que muda a metodoloxía tradicional do traballo de aula partindo da realidade máis
cércana aos nenos/as, para facelos protagonistas dunha aprendizaxe significativa, favorecendo a adquisición de competencias
básicas, ademais de potenciar a creatividade, a socialización e principalmente
a formación intercultural do alumno nunha temática de forte arraigo na memoria colectiva do seu Pobo. Obxectivos Desenvolver as competencias básicas coa axuda das novas tecnoloxías para poñer en valor a tradición conserveira e baleeira do Pobo. Contidos. Recollida de información e testemuñas: entrevistas a persoal das factorías, abos e aboas, visitas (conserveiras, museo Massó, museo de Pontevedra...), consultas na rede... Material: elaboración dun blog para recollida e presentación da información; facer unha recompilación fotográfica retrospectiva das antigas instalacións baleeiras e conserveiras. Competencias traballadas: Comunicación lingüística, coñecemento e interacción co medio físico, tratamento da información, social e cidadán, autonomía e iniciativa persoal. Localización xeográfica: coa axuda de Google maps situar nun mapa as factorías baleeira e conserveiras con información visual (imaxes) e de texto. Material: Google maps. Competencias: Tratamento da información e competencia dixital. Buscar léxico. Material: elaborar con Jclic unha actividade de léxico e colgala no blog; elaborar con EdiLIM unha actividade de léxico e colgala no blog; elaborar co programa Xogamos? preguntas e respostas sobre léxico e colgalas no Blog para uso da comunidade educativa. Competencias: comunicación lingüística; cultural e artística; aprender a aprender. Audiovisuais. Recoller a actividade desenvolvida en formato audiovisual para uso de toda a nosa comunidade educativa .../... |