Historia de Bulebule

 
Naceu aló polo mes de xuño do curso 2007/8 cando o equipo da biblioteca pedimos a colaboración
de todos os alumnos e  todas as alumnas para a creción dunha mascota que nos axudara na  dinamización da
biblioteca.
 Cris e Marta, aquel ano en 4º curso de primaria, puxeron a voar a súa fantasía e imaxinación ,
e xuntas deron vida a BULEBULE.
 A participación dos nenos e das nenas na creación de personaxes foi moi grande.
Os debuxos espuxémolos nos pasillos.
Foi dificil a elección pero a xoaniña bulideira engaiolounos a todos e todas.
 
Presentación.
 A súa presentación fíxose a principios do curso pasado.
Organizamos sesións para atopala dentro da biblioteca por ciclos:
  • Había que buscala con adiviñas.
  • Poemas.
  • En sopas de letras.
  • Nos libros.
  • ... (ela agochábase moi ben).
 Foi moi divertido.
 
Agora Bulebule axúdanos moito, este verán foise de viaxe e tróuxonos libros de diferentes países de mundo.
 
Bulebule sempre ten moi boas ideas!. E sempre está con nós!