Xustificación‎ > ‎

Os Obxectivos

Obxectivos e Actividades de "Sobre Galicia Industrial":


  • Investigar a tecnoloxía que nos rodea có noso alumnado, recoller información, elaborala e divulgala en diferentes entornos.

      • Participamos no "Día de la Ciencia" organizado o 4 de maio pola AACC e os museos de ciencias coruñeses.
      • Creamos unha páxina web para difundir materiais.
      •  alumnado creóu catálogos con ferramentas do seu entorno próximo (con imaxes, definicións e vocabulario en diferentes idiomas).



  • Crear actividades e/ou materiais relacionados coa tecnoloxía que poidan ser empregadas por outros-as docentes.


  • Iniciar un grupo de intercambio de propostas didácticas.

      • Profesoras de Tecnoloxía de tres centros educativos (IES Ramón Menéndez Pidal, IES Agra do Orzán e IES Salvador de Madariaga), temos formado unha rede de comunicación, de intercambio de ideas, de posta en común...


  • Aumentar o recoñecemento sobre a tecnoloxía e sobre a formación tecnolóxica como necesidade na nosa vida presente e futura.

  • Profesorado doutras materias sentiu interese por participar neste proxecto no que atopan puntos de conexión, profesorado de linguas (encrucillados, nomes de ferramentas,...), profesorado de Bioloxía (
    participando no Trivial científico-tecnolóxico),... profesorado visitante no Día da Ciencia manifestóu interese por acoller á Exposición no seu centro e por poder dispor do material na web.
  • O alumnado puido atopar ligazóns entre tecnoloxía e evolución da sociedade a través das súas actividades.
  • Fomentar as vocacións científico tecnolóxicas.

      • Os contidos tratados foron, son,  motivadores para o alumnado dos tres centros e para rapaces e rapazas  participantes nas actividades deseñadas na divulgación. Moitos deles-as desexan continuar aportando a este proxecto...o que implica aumentar a súa formación científico-tecnolóxica.


  • Poñer en valor a riqueza tecnolóxica desenvolta en Galicia, fronte ao alumnado e a todo o entorno.

      • A participación de público de todas as edades nas actividades de divulgación, consultando os carteis, admirando os mapas, resolvendo preguntas...revaloriza os contidos do proxecto, pon en valor a nosa riqueza tecnolóxica.
      • O coñecemento do entorno e do noso pasado foi, é,  unha gran aventura para todos os participantes neste proxecto: profesorado, alumnado e familias...