Benvidos!

Ola mozos e mozas.

Este é o noso novo lugar de encontro. Nel poderedes atopar o material que iredes necesitando ao longo do curso, lugares de interese e todo aquilo que vos sirva para mellorar os vosos coñecementos sobre a lingua e a literatura de Galicia.

Moito deste material poderedes descargalo para traballar vos na casa e así, de paso, botámoslle unha man ao medio ambiente gastando menos material funxible (e de paso non poderedes poñer excusas: perdino, esquecino, comenuno o can, ...)

Se algún de vós atopa algo de interese tamén o poderá notificar e, de paso, tiramos todos proveito.

Para calquera notificación, aviso ou queixa/suxerencia podedes poñervos en contacto comigo no seguinte enderezo


pablocastelo@edu.xunta.es

Aburiño.

Este é un sitio de contido unicamente escolar, sen carácter comercial ou de lucro. Se alguén considera que se está a vulnerar algún dereito de propiedade, que se poña en contacto no enderezo de correo electrónico arriba indicado.
Escudo de Galicia deseñado por Castelao

A bandeira oficial de Galicia.






Comments