Toponimia, antroponimia, historia, etimoloxías...
 
Desde O Ribeiro
 

 

 
 
 
  • O padrón de San Clodio de 1580: Libro número tres da colección Biblioteca Galega de Onomástica.  Editado en 2008 pola Asociación Galega de Onomástica.
 
  • Nomes do Ribeiro: Libro sobre a toponimia do Ribeiro, publicado polo Instituto de Estudos Carballiñeses en 2007, con prólogo de Avelino Muleiro.

 

 
  • Unidades de medida tradicionais: interese histórico e didáctico. Cautelas: Comunicación presentada no XXI Congreso de ENCIGA. Nela fanse algunhas reflexións acerca das unidades tradicionais de medida, en especial sobre as cautelas que se deben tomar ó acercarse a elas, ben sexa como investigador da historia ben como ensinante. Estúdanse con algún detalle os casos do moio, a cavadura e o ferrado.

  •  

     

     

  • ENCIGA: AS ORIXES: Comunicación presentada no XXI Congreso de ENCIGA. Ollada persoal sobre as orixes da Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) cando ven de cumplir os vinte anos de vida.
 
  • O viño de Ribadavia nas grandes Armadas: Traballo publicado no Boletín Avriense, T XXXVI, 2006, pp. 143-166. Estudo da presencia do viño de Ribadavia nas Armadas da Especiería e nas Armadas do Mar Oceano. No primeiro caso analízase o embargo de dous mil moios de viño para a Armada de Simón de Alcazaba. No segundo o curioso destino dunhas pipas de viño de Ribadavia que ían no Galeón San Felipe da Armada Invencible.
  •  
     
  • Da desamortización á refundación benedictina do Mosteiro de San Clodio: Comunicación presentada no IV CONGRESO “O HOME E O MEDIO” celebrado no Carballiño en Abril do 2004. O traballo está publicado na revista Argentarium, ANEXO 4, 2006, pp. 229-240.
  •  
     
  • A ponte de Pazos sobre o Avia. A historia fronte ás lendas: Traballo publicado no Boletín Avriense, T XXXIV, 2004, pp. 79-96. O arco maior é o único que se conserva da fermosa ponte sobre o Avia en Pazos de Arenteiro. Trátase dunha ponte que se cría medieval e que fora derrubada polos franceses. Neste traballo preséntase a documentación que demostra que é unha ponte do século XVIII e arguméntase que foron defectos constructivos e non a batalla contra os franceses a causa da súa ruína.
 
  • ¿Mosteiro de San Clodio de Leiro?: Traballo publicado no Boletín Avriense, T XXXIV, 2004, pp. 263-266. Un par de publicacións, unha delas patrocinada pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, utilizan o nome de Mosteiro de San Clodio de Leiro para o Mosteiro de San Clodio do Ribeiro. Neste traballo faise un estudo histórico dos nomes que tivo este mosteiro ó longo da súa historia, nunca o de San Clodio de Leiro.

 

  • A Festa da Santa Cruz: Traballo publicado no  programa das Festas da Santa Cruz de San Clodio, do ano 2006.

 

  • Abadoloxio de San Clodio: Comunicación  presentada no III Congreso Internacional sobre el Cister en Galicia y en Portugal, celebrado en Ourense en setembro do ano 2005. O Mosteiro de San Clodio era o único, entre os galegos do Cister, que non tiña publicado un abadoloxio completo, ou,  ao menos, unha aproximación. Este traballo ven a encher ese valeiro. Está publicado  no Tomo 1 das actas do citado Congreso: Actas del III Congreso Internacional sobre el Cister en Galicia y Portugal, Tomo I, pp. 95-122. Ediciones Monte Casino. Zamora 2006.
 
  • Reflexións sobre a historia da Castela ourensá: Traballo publicado na revista Ágora do Orcellón, nº 13, 2006, pp. 15-32. Estudo histórico sobre a administración territorial do denominado Territorio de Castela, territorio que agrupaba o que máis tarde serían Terras do Ribeiro de Avia, Orcellón, Bolo de Senda e Chaos de Castela. 

 

  • A Aldea Ideal: Traballo publicado na revista Ágora do Orcellón, nº 15, 2008, pp. 13-18. Trátase dun ensaio que versa sobre a dialéctica entre o local e o universal. Dedicado á memoria do meu amigo Xesús R. Carracedo,  profesor que foi de Literatura no I. B. Alfredo Brañas de Carballo.
 
  • Notas sobre a familia de Antón Losada Diéguez: Traballo publicado na revista Ágora do Orcellón, nº 12, 2006, pp. 33-40. Estudo xenealóxico sobre a familia paterna e materna de Antón Losada Diéguez. Os Losada da casa grande de Laxas, emparentados coa familia do Marqués de Bóveda de Limia. Os Diéguez  da casa de Xoane, na freguesía de Astureses. A casa de Moldes, dos Tizón ós Diéguez Arias.
  
  • JEANFRUJO: Un día do mes de maio do pasado ano 2008 fun ó Instituto de Ribadavia para falar do meu libro Nomes do Ribeiro. Nese Instituto, entre os anos 1966 e 1971, estudei eu o bacharelato elemental.  Ademais de falar da toponimia do Ribeiro, ese día de maio do 2008, lin un pequeno texto que preparara para a ocasión. Titulábase JEANFRUJO, e comezaba cunha cita  de Walter Benjamin: "A verdadeira medida da vida é a lembranza".
 
  • Os santos da capela de Barzamedelle: Traballo publicado na revista Fraicellus, nº 9, 2005, pp. 4-6. Conta a curiosa historia que explica por que Santa Daría, San Luis, San Xosé e o Sagrado Corazón, acompañan á Virxe do Carmen no retablo da hermida de Barzamedelle. Esta edición do texto, detro da web, quero dedicarlla a Modesto Martínez Carballal, quen me obsequiou cunha fermosa talla de Santa Daría, copia en pequeno da que está na capela de Barzamedelle, por escribir este sinxelo traballo para a súa revista.
 
  • A PONTE DE PORTO PEREIRAS: Comunicación presentada no V CONGRESO “O HOME E O MEDIO” celebrado no Carballiño en Abril do 2006. O traballo está publicado na revista Argentarium, ANEXO 5, 2008, pp. 37-43.
Contador de visitas

 


Contador gratis
Comments