Inicio

 
                                                                                                          
O Fondo Teatral María  Casares é unha colección de fondos bibliográficos sobre teatro , situado na Biblioteca Central de Cangas. É o resultado dun convenio asinado no ano 1995 entre o concello de Cangas , a compañía " Teatro de ningures"  e a " Revista Galega de Teatro".
Actualmente conta con preto dun millar de exemplares, que reunen textos teatrais para escolares, adultos e grupos profesionais de teatro, libros didácticos así como diversas revistas e publicacións especializadas tanto do estado como do extranxeiro.
 
Neste espazo, diversos centros de ensino do Morrazo ímos dar forma a un arquivo de textos teatrais para escolares pertencentes ao Fondo. Estes textos forman parte dunha exposición itinerante "QUE SUBA O PANO!", que comezou en novembro de 2012 coa intención de achegar os materiais aos centros, e poder así sacarlle partido.Dito arquivo vai conter información sobre o argumento, personaxes, ambientación, idade á que vai dirixida etc. de cada obra, para constituir así unha fonte de consulta útil para o profesorado.
 
Para ir completando as fichas premede nas seguintes  instrucións .