BAILE GALEGO

                                            O BAILE GALEGO

    A cultura do baile en Galicia tense que entender como consecuencia das reunións nos pobos despois de que os campesiños remataran as tarefas do campo.

Á parte das feiras e das festas (máis numerosas no verán) organizábanse as reunións festivas sobre todo no inverno. Segundo a zona, coñécense como seráns ou seraos (por ser á tarde), fiadeiros, ruadas, fiandóns... Podían ser un día fixo na semana, alternando cos outros de lugares do redor.

A veciñanza do lugar aturuxaba e empezaba os cantos do serán anunciando o comezo.

Era habitual facer varias roldas de varias pezas seguidas e unha parada. 

A primeira rolda adoitaba ser dos veciños e veciñas da aldea e as seguintes a xente convidada. Empezaban coa xota e a muiñeira (bailes soltos) e acababan cos agarrados no que moitas veces se facían cambios de parella.

"BAILES SOLTOS"

Os bailes soltos máis importantes son a muiñeira e a xota. 
Xotas e muiñeiras constan de volta (normalmente facendo unha roda) e punto (unha persoa saca un paso de baile e o resto cópiao en canto acaba). Algunhas teñen descanso ou paseo entre esas partes.

Non ten por que cadrar a duración dos puntos no baile coas partes musicais, pero en xeral, distribúese así:

- Nas pezas instrumentais de dúas partes (A-B), A é a volta e B é o punto.
- Nas pezas vocais, a volta faise no retrouso da letra ou, se non o hai, na parte de percusión soa. O punto faise diferente para cada copla.


- As voltas as executa todo o grupo de bailadores poidéndose varias os apoios e os pasos pero respetando dúas formacións básicas:
    * Volta en rolda ou roda formando un circulo.
    * Volta en táboa ou paralelas.

- Os puntos son combinacións de pasos base nos que se varía o numeros, a orde na que se presenta, a orientación e o apoio do corpo.
Os puntos son presentados por un guía que pode ser sempre o mesmo ou ir variando de persoa.
Podemos agrupar os pasos do baile soltos en estes grupos:
    * Valseados e picados: pasar o peso do corpo dun pé a outro facendo tres apoios alternos.
    * Diante-atrás: unha perna de base e outra alterna adiante e atrás.
    * Cortes: unha perna sae a un lado e faise unha parada seca.
    * Outros: trabadas, alzadas, resorte, patada couce, pasos...)

A colocación dos brazos no baile é cara adiante, as mulleres á altura dos ombreiros e os homes un pouco máis altos, á altura dos ollos. Os brazos debuxan un semicirculo, dobrando moi lixeiramente os cóbados.
O puño vai sempre pechado, podendo facer pitos cos dedos. Nalgún punto poderanse facer palmadas.
Nos paseos os brazos poden ir baixos, á altura da cadeira.


http://ardelloeixo.gal/aula-virtual/xota/



http://ardelloeixo.gal/aula-virtual/

"BAILES AGARRADOS"

Dende o S.XIX, coas viaxes e a emigración foton chegando novas pezas de América ou Centroeuropa, como a rumba ou o valse. Bailábanse dun xeito novo, xa que as parellas non bailaban "ao solto" senón que a distancia que separaba aos bailaríns era pouca, collíanse da man ou mesmo se abrazaban.
A cuasa deste contacto físico, a difusión destes bailes causou escándalo e mesmo a primeiros do S.XX había cregos que non confesaban a mulleres que bailaran valses ou polcas por ser pecado.
Frecuentemente eran considerados ritmos foráneos que emborronaban ou deslucían a identidade da nosa música. Aínda así, adoptáronse e se lles foi dando un carácter propio e integrándoos de vez.
Algúns dos bailes agarrados máis coñecidos son:

# RITMOS BINARIO: 

- Pasodobre: xunto ao valse é o baile agarrado máis bailado. Parece que a súa orixe está nas marchas militares do S. XVIII españolas.

- Polca: era unha peza campesiña de orixe polaco e checo de mediados do S.XIX.

- Rumba: ten orixe afrocvbana e foi dos últimos ritmos en chegar. Nalgúns lugares chámanlle "danza".

#RITMO TERNARIO:

- Valse: é o ritmo ternario máis bailado. Ten orixe centroeuropea (Austria e Alemaña).
- Charrasquiño: É un baile parecido ao valse, os cantores determinan o ritmo do baile polas coplas que botam e que corean os bailadores.

- Mazurca: é un baile de compás ternario, máis lento que a polca, procedente de Mazovia (Polonia). Báilase dando dous pasos de marcha e un paso de salto.








http://ardelloeixo.gal/aula-virtual/pasodobre/