2012 2013 2014 2015 2016 2017  2018


No 2014 o festi comezamos a escoller un "breTEMA" que guiase todas as actividades que fósemos a levar a cabo durante o ano. 

O punto de partida foi o

FEMINISMO


Porque sabemos da dificultade de desfrutar da música feita por mulleres, tamén sabemos que nom é algo aillado nen anecdótico. Por iso, adicamos todo o ano a identificar; para denunciar, os múltiples disfraces da violencia machista. Círculos, audiovisuais, concertos, palestras, exposicións e espazos para tecer entre todas pensamentos máis críticos e igualitarios. 

O 2014 non foi un ano como outro calquera. Estamos a vivir tempos dificiles para a maioría social e ainda com maior dureza para as mulleres. Desde a organización do Festi-Val das brétemas sabemos da forza transformadora que ten construirmos xuntas redes sociais e populares para o comezo da festa infinita. 

 O 2014 foi o ano 0, da rebelión das de abaixo

  PROGRAMA DO III FVB   


Venres 26 de Setembro

18h (no bar Onde Sempre)
Coloquio Sexual:
"O SEXO CON SENTIDO"
(impartido polo COLECTIVO XAIRA)

21h (polas rúas de Ponteareas)
CONCURSO DE CANTOS DE TABERNAS


Sábado 27 de Setembro
12h Sesión Vermú (na Feira Vella)

19h Teatro (na Casa Cultural de Angoares)
"PAN! PAN!" de A PANADARÍA

22h: Concertos (na Feira Vella)
SOM DE GRINGO
BATUKO RABENTOLA
DESCALZAS


   MANIFESTO 2014   

Minuto un do 2014.Querémonos livres. Desde a asociación cultural do Festi-Val das Brétemas fixemos unha declaración de intencións a noite de ano novo. Será o Feminismo o que marque a nova metodoloxía de traballo bretemoso. Porque sabemos da dificultade de desfrutar da música feita por mulleres, tamén sabemos que nom é algo aillado nen anecdótico. Por iso, adicaremos todo o ano a identificar para denunciar os múltiples disfraces da violencia machista. Circulos, audiovisuais, concertos e espazos para tecer entre todas pensamentos máis críticos e igualitarios No 2015 non esqueceremos o aprendido no 14 pero será outra temática social e cultural a que marcará a nosa liña de intervención cultural.
Xaneiro comezou enchendo as paredes dun local enigmático de Ponteareas de frases, citas e reflexións de mulleres que nos acompañan no noso axir diario. Saimos de festa , visibilizando desde as aparencias, os pasos de aquelas que dunha ou outra maneira fan parte da nossa historia, con as nosas galas, risas bailes e conversas. Também em xaneiro, presentaremos a edición impresa de Pikara Magazine, revista online dExornalismo feminista. Na quinta feira 30, desde Euskal Herria, Andrea Momoitio achegaranos no bar Embruxos este transformador proxecto. Às oito da tarde!
Em febreiro traballaremos para non deixar pasar a oportunidade de pasear polas rúas da nosa vila denunciando, máis uña agresión ás mulleres no 2 de Marzo. O entroido, festa pagana na que poder denunciar publicamente aos que pretenden esmagar os nosos dereitos, adoptando o escarno de maldicir como a raiz do noso carnaval e adn.
O 8 de marzo. Non é máis un día da nai por moito que o intenten. O Día Internacional Das Mulleres Traballadoras significa conciencia e loita feminista. En Ponteareas teremos a oportunidade de participar numha mesa redonda entre mulleres presentes e ativas em difererentes sectores e ámbitos profesionais. Deportistas, Profesoras, labregas, artistas e activistas, aportarán as súas perspectivas sobre a situación actual no patriarcado do século XXI.

En abril traballaremos arreo na recuperación dun espazo arquitectónico do noso pobo; a ferratería Mariño. Este antigo comercio, situado na rúa Esperanza, abrirá novamente no mes de maio, para cederlle o protagonismo ás artes visuais. Pilar Abades, Sabela Iglesias, Silvia Mella e Xiana Arias exporán os seus traballos fotográficos durante todo o mes. As portas estarán abertas diariamente a colexios, institutos e público en xeral. Teremos a oportunidade tamén, de participar durante tres días nun obradoiro de fotográfia .

Finalmente, cámaras en man, e poñendo os anteollos violetas, as compañeiras proporán un tema có que traballar a imaxen desde a perspectiva de xénero, para a súa divulgación final.

O 17 e 15 de maio escoitaremos novamente dúas reinvindicacións nacionais e transfronteirizas. Galiza e Palestina teñem moito que dicir. Diferentes asociacións, colectivos ou persoas compartirán con nós na sala multiusos de Ponteareas as súas reinvindicacións politicas e culturais polo o dereito a decidir dos pobos .

Maio de letras, de palabras e imaxes libertarias cedidas polo Festival de Cine Árabe Amal e a BDS, coas portas sempre abertas.

O 2014 non será un ano como outro calquera. Estamos a vivir tempos dificiles para a maioría social e ainda com maior dureza para as mulleres. Desde a organización do Festi-Val das brétemas sabemos da forza transformadora que ten construirmos xuntas redes sociais e populares para o comezo da festa infinita. O 2014 será o ano 0, da rebelión das de abaixo.

Na loita e na festa o maschismo sempre apesta!