2012 2013 2014 2015 2016 2017  2018



O "breTEMA" que guiou todas as actividades do ano 2015 foi:


'LINGUAS MINORIZADAS'

  PROGRAMA DO IV FVB   

Sábado 19 de Setembro
19h Palestra (no Bar Invernalia)

Venres 25 de Setembro
12h (Polas rúas e bares de Ponteareas)
CANTOS DE TABERNA

Sábado 26 de Setembro
12h (Polas rúas de Ponteareas)
ZANPANTZARRAK DE PASAI DONIBANE (EUSKAL-HERRIA)

13h Sesión Vermú na Feira Vella

16h no Campo de Pardellas
TORNEO DE FÚTBOL GAÉLICO
(Con equipas de toda Galiza)

17h no Parque Urbano Forestal
XOGOS POPULARES

19h Palestra (no bar Onde Sempre)
"VIVINDO LINGUAS MINORIZADAS"
· A SEGA: (Plataforma de crítica literaria)
· BDS-Galiza: (Boikot Desinvestimentos e Sancións a Israel)
· O galego no Bierzo

22h: Concertos (na Feira Vella)
EGURRA TA KITTO
PELLIKANA
SOM DE GRINGO
HABELAS HAINAS
XÉNDERAL


   MANIFESTO 2015   

Palabras de aquí. Palabras que naceron aquí, como poderían ter nacido alá.
Unha nación máis no mundo, mais um pobo, mais umha comunidade lingüística. E esta comunidade lingüística, como muitas outras, precisa revoltarse, reinvindicándose así mesma, ao dereito de seu, a se expresar sen cancelas no idioma que lle é propio. E denuncia tamén o exterminio lingüístico, social e cultural ao que son sometidas polas palabras de alá, polo idioma oficial do estado, no nosso caso o espanhol.
As palabras de aquí non somos parvas, nen ignorantes; estamos acostumadas a viaxar e coñecer outras linguas. Somos palabras, somos pobo. Pobo migratorio. Como as palabras. Gostamos da experiencia de coñecer novas palabras e de recibilas aquí.

Mas estas palabras chegaron de Castela coa obriga de obedecer, e impoñían a sua forza, á forza de falar en todos os usos e rexistros nos espazos de poder económico e político. Comezaron a categorizar ás persoas e as súas palabras nun ou outro status social.
A política, as letras, a economía, a administración, a sanidade, a educación, o sermón, en español e con dous collóns.
O galego, a lingua galega. Feminizada e privada do ámbito público, relegadas a soidade do privado.
Da idade media aos nosos días. Séculos de substitución lingüística, séculos de humillación, insultos e aldraxes a todo un pobo facéndonos sentir que as nosas palabraa eran inútiles, innecesarias e inferiores. E así naceu o autoodio.
Mais nós temos memoria e por iso non nos odiamos. Recordamos o noso pasado antes de que nos enganaran con espellos e vidros. Galiza tamén é América.
Negámonos a desaparecer. Por moita escuridade que traian os séculos, o pobo que canta, que namora, que escribe e que sinte a lingua na súa boca, ese pobo nunca morre.