Proxecto do PLAN VALORA

Este é un extracto do proxecto que presentamos ao premio valora. Eliminamos a contextualización do centro e os dados de carácter máis persoal.  

7.- Xustificación das necesidades e intencións establecidas e a súa relación  co Proxecto Educativo e Curricular do Centro.

            O proxecto nace a proposta de profesorado do Centro que leva traballando a educación intercultural e a paz dende distintos ámbitos. Vemos a necesidade inmediata de tratar o tema porque percibimos no alumnado unha actitude xeral de rexeitamento cara ás persoas de fora da Illa.

         Aproveitamos ademais as características do entorno para establecer un  vínculo de unión entre dous países que están tan afastados: a Illa é un pobo que ten unha íntima relación co mar ao igual que Senegal. Senegal chámase o país da Teranga, a hospitalidade.  Os habitantes da Illa son de tradición  solidaria e cooperan entre eles, valores que aquí  se manteñen pola ausencia de comunicación directa co continente ata hai só  22 anos, en que se construíu a ponte.

         Nos parece moi importante poder estender esa solidariedade interna cara o exterior, tomando como referencia un país presente nos medios de comunicación pola chegada masiva de inmigrantes ás nosas costas como antes foron os galegos os que chegaban a outras costas buscando tamén mellores condicións de vida. 

         A integración cultural e a convivencia entre diversas culturas son esenciais para poder conseguir unhas boas condicións de vida para os cidadáns inmigrantes  nos lugares de acollida. Para que a integración sexa xeitosa é básico e fundamental o coñecemento da súa cultura e o mesmo tempo darlle as coñecer a nosa, conseguindo así o entendemento e o respecto mutuo.

    
           
 Temos os datos do instituto galego de estatística (IGE) ,sobre a poboación inmigrante na Illa:

 

Total

Inmigración interna

Da mesma provincia

Da mesma comarca

Doutra comarca da mesma provincia

Doutra provincia de Galicia

Inmigración externa

Doutra CCAA

Do estranxeiro

1990

-

-

-

-

-

-

-

-

-

1991

-

-

-

-

-

-

-

-

-

1992

-

-

-

-

-

-

-

-

-

1993

-

-

-

-

-

-

-

-

-

1994

-

-

-

-

-

-

-

-

-

1995

-

-

-

-

-

-

-

-

-

1996

-

-

-

-

-

-

-

-

-

1997

89

51

48

36

12

3

38

13

25

1998

84

48

43

35

8

5

36

10

26

1999

106

76

66

63

3

10

30

13

17

2000

61

29

23

17

6

6

32

14

18

2001

56

28

22

18

4

6

28

18

10

2002

82

26

24

21

3

2

56

16

40

2003

100

40

33

28

5

7

60

33

27

2004

84

41

34

22

12

7

43

24

19

2005

66

33

25

22

3

8

33

17

16

2006

99

45

43

25

18

2

54

26

28

 

8.- Obxectivos do programa:

Xerais

1.      Promover a sensibilización, a implicación e o compromiso do profesorado, do alumnado e de toda a comunidade educativa nos valores educativos, sociais e culturais, que determinan un profundo interese pola educación intercultural e para a paz.

2.     Favorecer o desenvolvemento dunha identidade cultural propia, tolerante cos elementos doutras culturas, baseada nuns valores mínimos relacionados cos dereitos humanos que configuren un marco de referencia común na construción dunha sociedade máis xusta.

3.     Incorporar a diversidade cultural e o respecto á diferenza na escola como un valor de enriquecemento na comunicación e interacción entre persoas e grupos.

4.     Formar unha cidadanía capaz de afrontar a convivencia nun mundo complexo e dinámico, comprometidos na construción dunha sociedade máis xusta  e equitativa, que ofreza as condicións para unha efectiva igualdade de oportunidades.

Específicos.

1.      Promover a capacitación do profesorado para traballar a educación intercultural na aula.

2.     Proporcionar materiais para que o profesorado poida coñecer a realidade sociocultural de Senegal.

3.     Impulsar o coñecemento de diferentes culturas, relixións e tradicións.

4.     Favorecer o intercambio lingüístico entre países de distinta fala.

5.     Deseñar e desenvolver accións cara a valoración da inmigración como un fenómeno que responde á  procura de oportunidades de progreso noutros países.

6.     Favorecer o intercambio lingüístico entre países de distinta fala.

7.     Utilizar as TIC para o coñecemento e contacto con comunidades culturais diferentes.

8.     Coñecer e dar a coñecer a nosa identidade cultural.

9.     Coñecer Senegal en toda a súa variedade e riqueza.

 

9.- Contidos:

 

Conceptuais

Procedimentais

Atitudinais

+ Coñecemento da cultura galega e as súas tradicións.

+ A pesca como fonte de riqueza e medio de vida.

+A carta dos Direitos Humanos Universais.

 



+Educación documental.

+Traballo con medios de comunicación social e TICs.

+Aplicaciós deses medios ao traballo de investigación.

+Identificación de imaxes e expresións que denoten algún tipo de discriminación social, racial, sexual, etc.

 

+ Coñecemento dos nosos referentes de identidade cultural, achegamento a outras culturas e comprensión e tolerancia coas culturas diferentes da propia.

+Respeito aos Dereitos Humanos Universais.

+Actitude crítica ante os temas e formas que denoten discriminación de calquera tipo.

+Estimación positiva da competencia en máis dunha lingua.

+Interese e desexo de expresar as propias ideas e sentimentos de modo preciso e persoal.

+Aprecio polo patrimonio cultural, natural e social de todos os pobos.

 

d) Proposta do módulo de formación específico para o profesorado:

 

Obxectivo

Elaborar un marco teórico e metodolóxico común para todo o grupo de traballo.

Contidos

·                    A educación intercultural.

·                    A educación para o desenvolvemento.

·                    O enfoque metodolóxico socio-afectivo

·                    O traballo en grupos cooperativos. O traballo por proxectos

·                    Senegal. Un mundo por coñecer.

Metodoloxía

Traballo en grupos cooperativos. Dinámicas de grupo.

 

Outras propostas de formación:

Mesa redonda: a cooperación e as ONG's.

Mesa redonda: A inmigración e os seus efectos sociais.

 

e) Secuenciación dos obxectivos e dos contidos para o proxecto bianual

 

Fase 1

Xerais

1,2.

Específicos.

1,2,3,4

 

Fases 2-4

Xerais.

3,4.

Específicos

5,6,7,8,9.

 

 

Contidos.

Os contidos serán desenvolvidos de maneira interrelacionada durante todas as fases do programa, sen podermos xerarquizar a secuencia da súa execución.

 

f) Descrición das actividades:

 

Título

Breve descrición

Departamentos Didácticos Implicados

 

Senegal, un mundo por coñecer

Presentación power-point sobre Senegal.

Lingua Castelá, Bioloxía.

 

Senegal no cinema

Ciclo de cine nas que Senegal, a inmigración ou os dereitos humanos sexan o fío central: Pequeno Senegal, Cartas a Alou, Madame Brouette, Binta e a Grande Idea. Elaboración de guías didácticas.

Orientación, Lingua Castelá,

 

A escravitude

Estudo do fenómeno da Escravitude.

Xeografía e Historia

 

De danzas e iembés

Obradoiro de danza e percusión africanas

Tecnoloxía, Música

 

De que lingua falas?

Estudo da situación lingüística do Senegal e comparación coa galega.

Língua Castelá, Lingua Galega, Lingua francesa

 

Es noticia

Análise do fenómeno da inmigración e o seu reflexo na prensa.

Língua Castelá, Lingua Galega.

 

Negro!

Selección de dinámicas de grupo e actividades para traballar os estereótipos e a imaxe do outro nas titorías.

Orientación

 

Unha escola do Senegal

Contacto e coñecemento da comunidade escolar de SENEGAL, coa que se intercambiará periodicamente unha serie de traballos, os galegos para expor en Senegal, os de Senegal para expor no centro da Illa:

 

 

De onde vimos

Elaboración dunha Presentación en PPT explicando o noso centro, o concello da Illa, Galiza e España.

Tecnoloxía

Xogamos?

Guía de xogos tradicionais de ambos os países

Educación Física

O fútbol

O fenómeno do Fútbol. Outros deportes.

Lingua Francesa

Temos luz?

As fontes de enerxía

Bioloxía, Tecnoloxía, Xeografía e historia.

Imos à seca

A pesca: artes de pesca, aparellos e redes.

Lingua Galega, Bioloxía

As nosas festas, as vosas festas

Coincidindo coas datas do calendario, intercambio de información: Nadal, Tabaski, Antroido, Ramadán,Korité (Aid el Fiar), Coresma, Defuntos (Tousaint).

Relixión

Que te contas?

Recollida de mitos e contos populares da tradición oral e escrita.

Lingua Castelá, Lingua Galega

Que te cantas?

Recollida de cancións en inglés das que guste o grupo.

Lingua Inglesa

A xantar!

Recollida de receitas  culinarias.

Lingua Francesa

Isto é arte!

Selección e explicación das obras de arte que representan a nosa cultura.

Ciencias Sociais,  Lingua Castelá.

Senegal, o mundo que coñecemos

Organización dunha exposición no centro sobre Senegal.

Todos os departamentos

 

g) Secuenciación e temporalización das actividades. Calendario de actuacións.

 

O proxecto consta de catro fases a desenvolver a través de dous cursos académicos:

 

Fase

Temporalización

Actividades

Persoas destinatarias

 1ª FASE:

Formación do profesorado. Actividades de motivación para a comunidade educativa

2º trimestre do curso 2007-2008

Avaliación de diagnóstico

Toda a comunidade escolar.

Primeiro contacto co centro senegalés

Profesorado.

Senegal, un mundo por coñecer

Profesorado. Todos os grupos da ESO

Senegal no cinema.

Todos os grupos da ESO

Mesa redonda: cooperación para o desenvolvemento

Toda a comunidade escolar

2ª FASE:

Hai alguén aí?

3º trimestre do curso 2007-2008

De onde vimos

 

De danzas e iembés

 

Temos luz?

PDC 3º

O fútbol

1º ESO

De que lingua falas?

2º ESO

De festa

 

3ª FASE:

Seguimos en contacto

1º e 2º Trimestre do Curso 2008-2009.

De danzas e iembés

 

Temos luz?

PDC 4º

De qué lingua falas?

4º ESO

O fútbol

3º e 4º da ESO

A xantar!

2º ESO

A escravitude

PDC 4º

Imos à seca

PDC 4º

De festa

Todos os grupos.

Es noticia.

3º ESO

Que te contas?

1º ESO

Negro!

Todos os grupos de ESO

Que te cantas?

Todos os grupos da ESO

Mesa redonda: a inmigración

Toda a comunidade escolar

Avaliación procesual

Toda a comunidade escolar

4ª FASE: A Grande Exposición.

3º Trimestre do Curso 2008-2009.

O Senegal que coñecemos

Toda a comunidade escolar.

Actividades de avaliación final

Toda a comunidade escolar.

 

 

h) Metodoloxía de traballo e distribución das responsabilidades.

            Consideramos que o elemento máis importante dun proxecto deste tipo é a metodoloxía utilizada. Non pensamos que a fin xustifica os medios, é dicir que tanto ten como aprendan as persoas, con tal de que cheguen aos obxectivos marcados. Pola contra, cremos que é nese como onde debemos centrar a nosa atención.

Traballo en grupos cooperativos.

O traballo en grupos cooperativos pretende superar a tendencia a destacar o desenvolvemento da capacidade crítica, e complementala cunha visión pro-activa da aprendizaxe, na que non formemos persoas que sexan non só quen de criticar, mais tamén de tomar decisións e buscar solucións e alternativas, é dicir, desenvolver o pensamento construtivo e creativo.

O traballo cooperativo procura a superación xeral. Hai un obxectivo común a todo o grupo que só pode ser acadado a través da participación de cada persoa xunto ás outras.

Esta metodoloxía será aplicada tanto ao traballo co alumnado como ao traballo entre o propio profesorado, repartindo tarefas e responsabilidades de maneira consensuada, colaborando para que o grupo acade o obxectivo final.

            Para a xestión do programa formaremos un grupo de traballo integrado polo profesorado indicado no apartado X. Este grupo reunirase, cando menos, unha vez por semana para planificar, executar e avaliar os diferentes elementos do programa. Ademais disto crearemos unha comisión de seguimento, integrada pola coordinadora do proxecto, e representantes do profesorado (2), alumnado (3), familias (1) e concello (1). Esta reunirase unha vez ao mes, para facer o seguimento do proceso.

 

Educación documental.

A alfabetización informacional pretende que o alunado saiba cando e por qué precisa unha información, onde encontrala e como avaliala, usala e comunicala. Pretende dar os pasos necesarios para transformar esta sociedade da información nunha sociedade do coñecemento.

Para isto, a Bliblioteca Escolar convertirase no espazo referencial para a realización do proxecto escolar. Será a principal ferramenta de traballo dos grupos.

 

A educación en valores, formar actitudes.

A pretensión do proxecto é prioritariamente sensibilizar, mobilizar cara unha mudanza de actitudes. Non se trata de bombardear con información, o obxectivo último non é coñecer e ter empatía, senón modificar as nosas condutas diarias, para a partir de aí transformar a realidade de unha maneira consciente, responsábel: só traballando cooperativamente se aprende a cooperación. Só respeitando ao compañeiro se aprende o respeito polo outro.

 

A focalización socio-afectiva.

Pensamos que é necesario actuar en tres planos inter-relacionados: sentir, pensar, actuar. Moitas actividades baséanse na experimentación. Unha vivencia máis para, partindo dela, concretar conceptos e mudanzas.

            A maneira de integrar a focalización socio-afectiva no programa será através do contacto persoal e por medio das TIC, tanto coa comunidade escolar dunha escola senegalesa como con persoas inmigrantes na Galiza: contacto entre profesorado e alumnado de ambas as comunidades e entre as persoas inmigrantes e a comunidade escolar.

 

Distribución de responsabilidades:

 

Coordinadora:

·                    Xestión do Programa e da Axuda.

·                    Representación do Grupo na Coordinación de Comisión Pedagóxica

·                    Coordinación coas outras equipas de traballo do centro (biblioteca, normalización lingüística, actividades extra-escolares).

·                    Coordinación coas persoas responsábeis do Plan VALORA.

·                    Contacto cos Axentes Externos.

·                    Coordinación de actividades.

Grupo de Traballo

·                    Participación na formación, sexa entanto alum nado sexa entanto profesorado.

·                    Elaboración das propostas didácticas de cada actividade.

·                    Planificación das actividades.

·                    Posta en marcha do plano de avaliación. Participación no plano de avaliación.

·                    Coordinación de actividades específicas.

Profesorado

·                    Execución das actividades na aula.

·                    Participación activa nas actividades.

·                    Participación na avaliación do proxecto.

Alumnado

·                    Participación activa nas actividades.

·                    Participación na avaliación do proxecto.

Familias

·                    Participación activa nas actividades.

·                    Participación na avaliación do proxecto.

Axentes Externos

·        Formación específica

·        Asesoría metodolóxica

·        Participación activa nas actividades

·        Participación na avaliación do proxecto

 

i)Plan de avaliación.

O plan de avaliación responde a unha finalidade basicamente formativa e concibe a avaliación como un instrumento para o melloramento do programa.

Esta avaliación centrada na mellora adquire un enfoque aberto e dinámico, e ao mesmo tempo, de importancia esencial para o desenvolvemento do programa.

 

Dimensións

O plan de avaliación atenderá ás seguintes dimensións:

·        O entorno: todos os elementos e factores que permiten facer unha descrición do centro e do seu entorno.

·        A planificación do programa: recollerá información relativa ao proceso de elaboración e aos contidos deste programa.

·        Desenvolvemento das accións educativas: que establece dúas subdimensións, unha referida á xestión do programa e outra ás dinámicas educativa nas aulas.

·        Resultados das accións educativas: valoración dos resultados obtidos na execución do programa e o grao de satisfacción da comunidade educativa. 

 

Indicadores

Será seleccionada, por parte do grupo de traballo, unha serie de indicadores que permitan avaliar por separado o proceso de desenvolvemento do programa, a participación do profesorado, do alumnado, e das familias e a comunidade. Prestarase especial atención ao grao de participación, colaboración e satisfacción das partes implicadas

 

Criterios

            Os criterios para avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos didácticos do programa por parte do alumnado estarán centrados na asimilación dos contidos actitudinais, sobretodo naqueles referidos á resolución de conflictos de maneira dialogada, tais como:

·        Participar, de modo democrático e cooperativo, en todas as actividades programadas tanto na aula como fóra dela, e en xeral na vida do centro e do contorno.

 

Procedementos

Como xa indicamos, a avaliación terá un enfoque aberto e dinámico, o que implica recorrer aos máis variados procedementos para a súa realización: observación directa, inquéritos, dinámicas de grupo, follas de rexistro de actitudes diarias, análise dos produtos finais, análises DAFO, etc.

Por unha parte prepararanse cuestionarios e enquisas dirixidas a todos os participantes para realizar tanto ao inicio como ao final do programa, e dese modo constatar o grao de cumprimento dos obxectivos.

Por outra banda, dado que a maior parte dos obxectivos teñen un carácter actitudinal, optamos por seleccionar un grupo-control, que se corresponda con unha titoría de 1º ou 2º da ESO, traballando coa metodoloxía de avaliación figuro-analóxica, para constatar se hai, ao longo do desenvolvemento do programa, mudanzas nas actitudes ante o outro. 

Fases

Diagnóstica: esta fase, a desenvolver no segundo trimestre do curso 2007-2008, pretende analizar a situación do comunidade escolar con respecto aos obxectivos do programa.

Procesual: esta fase, a desenvolver durante o último trimestre do curso 2007-2008 e os dous primeiros do 2008-2009, ten como estratexia mellorar e axustar sobre a marcha o programa, corrixindo accións, prazos, metodoloxías, tarefas, etc., de cara a conseguir os obxectivos marcados.

Final: esta fase, a desenvolver durante o último trimestre do curso 2008-2009, ten como finalidade coñecer e valorar os resultados conseguidos polos diversos participantes ao finalizar o proceso de ensino-aprendizaxe. Centrarase na repetición das probas realizadas ao inicio do programa coa intención de comparar resultados.

Responsábeis:

O grupo de traballo, en colaboración co Departamento de Orientación, encargarase de elaborar os materiais de avaliación e de asegurar que esta sexa levada a cabo.