Página principal

A FINALIDADE DESTE CUATRIMESTRE VAI SER REPASAR A EVOLUCIÓN DA HISTORIA A PARTIR DA PREHISTORIA, PARA CHEGAR A COMPRENDER, AO LONGO DO SEGUNDO CUATRIMESTRE, UN POUCO MELLOR O MUNDO EN QUE VIVIMOS, COS SEUS CONFLITOS E NOVIDADES SOCIAIS, PARA ASÍ PODER VALORAR A REALIDADE DA GLOBALIZACIÓN, REALIDADE NA QUE NOS VEMOS INMERSOS COS SEUS ASPECTOS POSITIVOS E NEGATIVOS.

     PARA LOGRAR ESTES FINS CONTAREMOS COS APUNTAMENTOS QUE PODEREDES ATOPAR NESTA MESMA PÁXINA E COS QUE VOS MESMOS TEREDES QUE ELABORAR A PARTIR DEUN MATERIAL QUE VOS FACILITAREI. UNHA PARTE IMPORTANTE DO CURSO CONSISTIRÁ NA REALIZACIÓN DE EXERCICIOS, UTILIZANDO ÁS VESCES ESTAS NOVAS TECNOLOXÍAS; A TRAVÉS DELES PODEREI VALORAR A VOSA CAPACIDADE DE COMPRENSIÓN E DE RAZOAMENTO, ASÍ COMO O VOSO ESPÍRITU CRÍTICO.


SEMANA 2-6 OUTUBRO
     Esta semana fixemos na clase os exercicios 1 e 2 que aparecen no apartado Tarefas do Tema 1: A Prehistoria. Tedes ata o día 12 para entregar estes exercicios

SEMANA 9-13 OUTUBRO
        Esta semana fixemos na aula o exercicio 1 do apartado Tarefas do tema 2: As primeiras civilizacións. Tedes ata o día 20 para entregar a dita tarefa


SEMANA 16-20 OUTUBRO
         Esta semana fixemos na aula o exercicio 3 do apartado Tarefas do tema 2: As primeiras civilizacións. Foi realizado en grupo co ebxectivo de promover un debate. Preguntade por un exercicio alternativo.


SEMANA 30 OUTUBRO- 3 NOVEMBRO
    Esta semana fixemos na aula o exercicio 7 do apartado Tarefas do tema 2: tras visualizar o video "O mundo castrexo" que se atopa ao final do tema, respondemos as preguntas plantexadas no dito exercicio



SEMANA 11 DECEMBRO- 15 DECEMBRO
        Esta semana fixemos na aula os exercicios 3,4 e 5 do apartado Tarefas do tema 3: "A feudalización"


SEMANA 15 XANEIRO- 19 XANEIRO
       
   Esta semana comezamos a facer na aula os exercicios a partir dos textos que están colocados nun arquivo (Comentarios dos Austria) ao final da páxina de apuntes do tema 4 "Unha Europa en expansión". Asimesmo, os exercicios 3 e 4 e  do apartado Tarefas dese mesmo tema 4


SEMANA 29 XANEIRO- 02 FEBREIRO

      Esta semana fixemos os exercicios 4, 5 e 7 do apartado Tarefas do tema 5 "O século das revolucións"