Teorías éticas


Repasando o que estudamos







Ética de Sócrates:


 



 
Cre nunha orde moral obxectiva e cognoscible.

Afirma insistentemente que é necesario coñecer o ben para poder realizalo.

Aínda diría máis:

coñecer o ben implica practicalo, xa que o ben comporta felicidade e ninguén pode deixar de querer ser feliz.  

Intelectualismo moral: ninguén fai o mal a sabendas, o que actúa mal faino por ignorancia.




Ética de Platón:


 



 
Concibe a felicidade como xustiza ou harmonía:

a) como harmonía psicolóxica ou anímica, porque debe someter todos os impulsos e desexos á razón

b) como harmonía social e política, porque todas as capas sociais deben estar sometidas ao criterio do filósofo-gobernante.

A felicidade non sería máis que unha especie de saúde -individual e social- e a infelicidade unha forma de doenza.




Ética de Aristóteles


 

Aristóteles é o filósofo que mellor reflite os presupostos básicas da ética antiga. 
O obxecto da ética é acadar a vida boa paro os individuos, isto é, a súa felicidade. A vida boa non pode consistir máis que na autorrealizacion e plenitude da natureza humana, a cal é a dimensión racional do ser humano.
A felicidade máis xenuína é a proporcionada pola actividade intelectual pura.
Só hai unha maneira de ser bo e moitas de ser malo.
O ideal de vida perfecta non é plenamente realizable, xa que o home está constituído por un corpo material.


ética aristotélica






Ética de Kant
Indica un exemplo da vida real que se corresponda coa proposta kantiana do imperativo categórico:

 Manuel Un ejemplo de la propuesta de Kant del imperativo categórico es: si tu eres jefe de una empresa no debes tratar mal a tus empleados, trátalos de la manera que a ti te gustaría que te tratara un superior en tu empresa o en cualquier lugar.
 EsperanzaO imperativo categórico é no que se basa a moral kantiana e son as ordes que o ser humano leva consigo por ser racional e que son máximas e universais, de maneira que actuará empatizando co resto e de maneira que queira que actúen con el. Na vida cotidiana temos persoas respetuosas e persoas faltonas e impertinentes : Nalgún momento da miña vida podo empezar a chamarlle de todo a unha persoa porque me apetece, porque me cae fatal ou porque rebasou o límite da miña paciencia. Pero nin de coña querría que fixeran o mesmo conmigo, polo que ser irrespetuosos, a grosería, non sería nunca un modelo do imperativo. Porén se sempre procuro actuar con delicadeza , diplomacia e respecto, iso si sería un exemplo deste imperativo categórico pois eu estaría encantada de que todos fixeran o mesmo conmigo. O respecto como unha lei universal
 Fátima Se estás esperando nun paso de cebra e hai un cego ao teu lado, deberías de axudalo a cruzar. Éste é un exemplo do que decía Kant no seu imperativo categórico, xa que se nos poñemos no lugar desa persoa, tamén nos gustaría que nos botasen unha man
 Rebeca Tras leer la ética Kantiana "La razón práctica", un buen ejemplo de la vida cotidiana que se me ocurre es ser bueno con los demás para que estos también lo sean, convirtiéndose en algo a nivel universal; de modo que si y ayudo a alguien que lo necesita, recibiré ayuda cuando la precise.
 María 
 Antía O imperativo caetegórico é un dos elementos do pensamento kantiano. Como imperativo, refírese a maneira do "deber facer", un mandato da razón. Son aqueles que mandan realizar unha acción que por si mesma é necesaria. A súa fórmula é : "obra só según aquela máxima que poidas querer que se convirta , ao mesmo tempo, en ley universal".  Un exemplo pode ser a frase famosa : "Amádevos os uns aos outros como eu vos amei". Se Deus fixo iso con nós , que tamén o fagamos entre nós, según o que pide.
 





Perspectivas 


Enlace promovido polo alumnado de 4º de ESO da materia Ética e Cidadanía
Sección dedicada a preparación e repaso de contidos. 
Ámbito teórico para unha reflexión sobre a moral. 




Somos sentimento e razón.
Nin os nosos sentimentos son puramente irracionais,
nin a nosa razón fría e insensible.

"Somos unha intelixencia sentinte" (Xabier Zubiri, filósofo español).



 Autor/es Nome da teoría ética ExplicaciónImaxe
 Epicuro de Samos


 Hedonismo (epicureísmo) Todos os seres vivos buscan o pracer e foxen da dor. 
A felicidade consiste en organizar a nosa vida para acadar o máximo pracer.
A razón moral será unha razón calculadora, dirixida a obter o maior pracer.
 
 Aristóteles

 Eudaimonismo A moral consiste na búsqueda da felicidade (eudaimonía, en grego).
A ética ten que descubrir con que criterio hai que vivir para poder lograla.

 
 Jeremy Bentham


 Hedonismo (da aritmética dos praceres) O pracer pode medirse, porque todos os praceres son iguais en calidade, pero non en cantidade. 
Polo tanto, segundo a intensidade, duración, proximidade e seguridade, poderase calcular a maior cantidade de pracer para o maior número de seres capaces de experimentalo.
 
 John Stuart-Mill
 Hedonismo (praceres inferiores e superiores) As persoas deben diferenciar os praceres inferiores e superiores en función das experiencias vividas. 
Afirma que é mellor ser "Sócrates insatisfeito ca tolo satisfeito".
Máis vale non estar plenamente satisfeito que contentarse cos praceres que nos asemellan aos animais. 
 
 Buda



 Budismo Non é máis feliz o que máis ten, senón o que desexa menos cousas. 
A felicidade alcánzase no estado de nirvana, é dicir, cando a alma se libera de todo desexo.
Isto lógrase mediante certas técnicas de meditación, e despois de varias reencarnacións. 
O budismo invita a levar unha vida sobria, harmoniosa e virtuosa, sen excesos de ningún tipo.
 
Jürgen Habermas e Karl Otto Apel

 Ética discursiva



 Propón resolver as cuestións da vida por medio dun diálogo entre os afectados pola norma, e recibirá o nome de discurso.
Todos os participantes teñen que estar igualmente capacitados, e tratar de chegar a un acordo que satisfaga os intereses de todos.
 
 Kant




 Formalismo moral kantiano A nosa propia razón é a que nos dá leis sobre como comportarnos para ser persoas auténticas.
Por iso, esas leis mandan sen condicións, non prometen a felicidade a cambio: só prometen realizar  a propia humanidade.
A razón práctica orienta a acción de forma incondicionada.
"Obra só segundo unha máxima tal que  poidas querer ao mesmo tempo que se torne lei universal".
 


Felicidade e benestar.

O filósofo británico Bertrand Russell sinalou, no seu libro A conquista da felicidade, as causas polas que a xente non se sinte feliz:

  • Medo ao aburrimento
    • "Só pensar en ir a clase, xa me fai infeliz" (Suso)
    • "Estar só na miña cama" (Gabriel)
    • "Non atopar ningún amigo" (Antonio)
    • "Non ter cartos para poder saír" (Lucía)
    • "Non ter a quen vacilar" (Óscar)
  • Exceso de competitividade
    • "Non saber perder" (Marta)
    • "Tentar saber quen aguanta mellor o alcol" (Antonio)
    • "Os tíos competindo por ver quen mexa máis lonxe" (Lucía)
    • "O tamaño non importa, ou si?" (Óscar)
  • Tensión
    • "Non ter os deberes feitos" (Antonio)
    • "Unha semifinal de champions" (Gabriel)
    • "Cando che están tocando os eggs seguido" (Óscar)
  • Envexa
    • "Que un amigo teña mellor coche" (Lucía)
    • "Que Ángel saque mellores notas ca min" (Óscar)
    • "Que un amigo vista mellor ca ti" (Laura)
    • "Que outros amigos poidan saír cando queiran, e ti na casa" (Leticia)
  • Sentimento de culpabilidade
    • "Que Óscar saque peores notas ca min" (Ángel)
    • "Cando hai problemas na familia" (Óscar)
    • "Cando fas un simpa nunha tenda ou bar" (Gabriel)
    • "Cando lle fas dano a un amigo" (Lucía)
  • Manía persecutoria
    • "Cando a garda civil te persegue" (Antonio Anónimo Antónimo)
    • "A profe de ____ tenme manía" (Opinión Compartida)
    • "Os gorróns que non te deixan en paz" (Óscar)
  • Medo ao "que dirán"
    • "Saber que os teus pais son primos" (Ángel)
    • "Medo a manifestarte como eres en realidade" (Lucía)




Comments