Hai xustiza?

REFLEXIÓNS SOBRE A XUSTIZA:










MICROESPACIOS
(En breve, as nosas aportacións audiovisuais para un coñecemento mellor da xustiza).

Para pensar:
A democracia e as súas eivas
(Tentamos facer unha crítica directa do noso sistema electoral, coa axuda de I. Kant).

carrexa!





En Silleda tamén se cometen delitos:

RELATO DUN DELITO.docx











A xustiza en Platón.-
Lede:






 A cadea perpetua.-

-"Eu penso que realmente un criminal sempre vai a seguir sendo un criminal e non creo que ninguén se poida reinsertar,aínda que haberá escepcións.Polo tanto estaría de acordo coa cadea perpetua xa que me parece moi inxusto que por bo comportamento se reduzan as condenas.O bo comportamento xa debería haber comezado fóra."(Rocío)
 
- "Cadea perpetua sen cuprimento íntegro da pena? Omitindo esta contradicción, no caso de que fose perpetua... ata que punto é xusta a `xustiza´? Non preguntarei ata que punto é infalible." (Pedro)

-"De verdade un asasino ou un violador chega a cambiar dentro da cárcere e cando sae xa está preparado para vivir coma un cidadán máis? A xustiza neste país esta tomada un pouco 'a cachondeo', non hai quen chegue a cumprir a pena que se lle impuxo no seu día, e é así como en menos de dez anos, en ocasións, un asasino volve estar na rúa. Sinceramente, para xente sen escrúpulos que acaba coa vida de outras persoas, penso que se merecen a cadena perpetua, e sen revisión algunha, sempre e cando se demostre a súa culpabilidade." (Alismar)

- "Alguén pode crer que un asasino pode reinsertarse na sociedade como un cidadán máis? Eu penso que non, alguén así debería estar no cárcere toda a súa vida. Eu, persoalmente, non estou a favor de que rebaixen as penas por bo comportamento, xa que, calquera persoa con un mínimo de intelixencia portarase ben no cárcere para saír antes."(Nerea)

-"Creo que se debía comezar polo cumprimento das penas íntegras."(Tania) 

- "Ter que ver o asasino do teu marido,ou o violador da túa filla,ou simplemente a persoa que arruinou unha vida tan campante pola mesma rúa na que ti vives paréceme do máis inxusto.Eu desde logo que non quero unha xustiza así no meu país.Unha persoa que cometa un delito dese calibre claro que se merece a cadea perpetua."(Bea)

- " Hai persoas que cometen delitos como asasinar a alguén e pasan tanto tempo no cárcere como persoas que cometeron un delito moito menor. Por bo comportamento ainda poden saír antes. É eso xusto?"(Marta)
 
- "  Un vilador que arruinou unha familia, un asesino, un maltratador... teñen dereito a andar polas rúas como unha persoa calquera? creemos nas segundas oportunidades? (Sabela)

-"Debemos as mulleres aturar certos tipos de palabras sen pensar nunha sociedade machista?"(Isabel)

- "Pedimos cadea perpetua para o asasino que mata unicamente polo afán de ver morrer, para un terrorista que coloca bombas destruíndo edificios nos cales viven ou traballan decenas de persoas, para o violador en serie que 'repasou' tódalas rapazas do pobo... Cremos que nunca poderían reinsertarse na sociedade, que á mínima pensan en volver cometer algo dese nivel, porque alguén que xa o fixo non pode cambiar a súa mentalidade, ou si? Pero pensa que é un familiar, alguén moi cercano a ti, que de verdade sabes que si se arrepinte e é consciente do que fixo, debería seguir encarcelado de por vida?" (Elena)

-"Eu penso que nin a cadea perpetua nin a pena de morte nin a lei do ollo por ollo..., son as solucións máis correctas para a sociedade moderna na que vivimos, creo que deberíamos confiar máis na reinxerción das "persoas" por chamarlle dalgun modo a estos asesinos ou violadores".(Jose)

-Hai casos e casos. É certo que moitos asasinos en serie teñena moi mereceda pero outra xente arrepíntese realmente do que fixo. Estas cousas ainas que ver dende fora porque non vai opinar o mesmo alguen da familia da victima que alguen que non ten nada que ver e outro tanto do mesmo pasa co culpable.

-"Na miña opinión a cadea perpetua hoxe en día non e cumprida pr ningún delincuente cuxa sentenza dicte esta cadea. A pesar desto unha persoa que estea condenada a pasar o resto da súa vida nunha celda dunha prisión tampouco me parece xusto xa que para este tamén se acaba a vida a pesar de estar vivo. Esta interpretacion ten que ser vista dende a perpectiva dunha persoa que non sufríu danos físicos ou psicolóxicos do preso xa que este sempre vai pensar todo o contrario."(Damián)

- "Creo que todo tipo de delincuentes deben ser castigados,pero non de igual forma os que por exemplo rouban que os que matan. Aínda que só se lle dá a importancia que ten a estes temas,cando se viven en primeira persoa. "(Miriam)

-"Eu penso que a cadea perpetua non e unha solución para arranxar os problemas da sociedade xa que o carcere e para que os presos se reeduque e se reinserten na sociedade". (Jacobo)

-"Se se instaura a cadea perpetua, un asasino tras cometer un crimen sabe que a súa sorte está botada, ¿qué máis lle da entón matar a un que a dez?" (Pablo)
A súa señoría (xuíces, xuizas e inxustizas).-

-Penso que por culpa de xuíces coma este así está a xustiza e así morren tantas mulleres a mans das súas parellas.Como podemos estar seguros de que este home non vai cumprir o seu "desexo"?(Rocío)
 
- "Ante a decisión tomada polo xuíz ao determinar a repercusión na sentenza da palabra `zorra´, e sen ánimo de descalificar ao maxistrado con expresións de ningún tipo, farei a valoración de que foi pouco prudente e `un tanto´ subxectivo." (Pedro)

-"Non me estraña que cada poucos días apareza unha noticia de violencia de xenéro cun tráxico final, tendo xuíces así no noso país, que non lle dan importancia a un caso no que a muller é insultada e ata se lle desexa a morte, e aínda por encima se lle ocorre decir que o home só pretendía chamarlle astuta." (Alismar)

-"Moitas veces a violencia verbal supera a física. Por este motivo, a palabra "zorra" non é violencia verbal?"(Tania)

-" O maltrato a unha persoa non só implica violencia física. Doe máis que te humillen ou que te insulten que unha labazada.Na miña opinión,este xuíz é un auténtico machista."(Bea)

- " Chamarlle "zorra" a unha muller non é un delito, e dicirlle que desexas vela no ceminterio nunha caixa de pino tampouco é delito, logo debemos agardar a que maten a unha muller para comezar a facer xustiza?"(Marta)

- "Sendo esta persoa xuíz que podemos esperar da xustiza? Xente como esta non debería estar onde está, porque o único que demostrou é ser un auténtico machista." (Nerea)

-" A pena de morte: a un lado a indignación , a dor; ao outro lado a desgracia , o humillacion, o hundimento." (Isabel)

-"Despois de ver cousas coma esta e un xuíz como este, eu penso a xustiza e xusta? porque eu penso que non, penso que a xustiza está chea de inxustizas". (Jose)
 
 
- "Igual que fixo o xuíz, haberá que pasar por alto comentarios asi. Doutra maneira, insultar a alguén, neste caso chamarlle zorra, e insinuarlle que oxalá estivera morta, non é un delito. Pensades logo que por insultar a alguén te denuncien e teñas que cumplir unha condena?
Pero non é o mesmo, como di o texto '...por un delito continuado de amenazas y MALOS TRATOS en el hogar queda anulado...', se estando casados se produciron malos tratos. Neste caso xa tería que, polo menos, dictarse unha orde de alonxamento." (Elena)

- Si agora ao maltrato psicolóxica non se lle dá importancia... que debemos esperar que ocorra,para facer xustiza? (Miriam)
 


 

Non hai xustiza no mundo.-
- 14 de outubro "hai fame no mundo":
 
-"Realmente o importante non sería darlle diñeiro ou darlle a comida,o que se debería facer e ensinarlle como utilizar os recursos que eles teñen en vez de ser tan egoístas e aproveitarnos da súa situación para beneficiarnos ao explotar os SEUS recursos."(Rocío)
-"Creo que non só nos deberíamos preocupar polas fames do terceiro mundo cando a nosa porta hai xente que está "morrendo de fame."(Tania)

-"Estamos tan acostumados a ver noticias relacionadas con este tema que pasamos olimpicamente.Total,mentras non nos afecte a nós...que máis dará que morra un neno cada 6 segundos? É moito máis importante ver se saíu xa á venta o novo iphone!" (Bea)

-" Vivimos sen preocuparnos do que pasa fóra de aquí, nin sequera nos preocupa comprar uns pantalóns de 50 euros e saber que con eses cartos alguén podería comer, simplemente podemos vivir con eso, pero non sabemos ata cando seguiremos asi e non nos importa o único que nos preocupa e ter comida para cando nos apeteza e poder levar roupa cara e ter todo o que queiramos."(Marta)
 
-" É moi triste que morran tantas e tantas persoas de fame e tratemos o tema con total naturalidade... no noso mundo so nos preocupamos por nos e polo noso ombligo " (Sabela)
 
-"Estamos nunha sociadade que se preocupa máis polas cousas materias como o diñeiro, que polas necesidades básicas das persoas, total, estamos afeitos a que haxa un terceiro mundo a non facer nada para que isto cambie." (Alismar)

- "Para cambiar a realidade, que é tan triste como que no terceiro mundo morre un neno cada 6 segundos, primeiro temos que cambiar a nosa mentalidade ." (Nerea)

-"Hai comida suficiente o que pasa e que non chega ós estomagos das persoas. Porque de toda a comida que hai, solo a mitad se usa pa alimentar persoas a outra mitad úsase para alimentar animales." (Isabel)
 
 
- "Dá igual recordar este feito hoxe ou mañá, porque pasado ímolo ter olvidado. Porque é algo que está ahí, e sempre vai estar. Porque para que deixe de morrer xente de fame... moito teñen que cambiar as cousas! Que dá NOXO que cada ano morran sobre 2'6 millóns de persoas POR SOBREPESO!, e que morran entre 3,5 e 5 millóns de nenos menores de cinco anos POR DESNUTRICIÓN. Soamente unha pregunta, superará algún día a cifra de mortos por sobrepeso á de mortos por desnutrición?" (Elena)

-No mundo hai comida suficiente para todas as persoas, o que ocorre e que no mundo no cal o ser humano vive a repartición de bens esta moi mal feita xa que case todos os recursos atópanse no primeiro mundo mentres que no resto do mundo( África, Sudamérica,...) a meirate parte dos recursos só esta o alcance da xente que está moi desenrollada."(Damián)

-"Estou dacordo en que todas as persoas debemos concienciarnos para axudar o terceiro mundo, pero sen o compromiso dos principais países para que en vez de investir tantísimos millóns en outras cousas que non son nin a metade de importantes como axudar o terceiro mundo, pero en esto nunca se comprometerán a non ser que reciban un benefio, se é que vivimos nun mundo que so pensa no diñeiro, e non lle importa nada as necesidades humanas" (Jose) 

-"A simple costume de ver e escoitar a todas as horas as mismas noticias, fai que en vez de facernos reflexionar e intentar axudar,pasemos do tema e nos dediquemos a cousas moito menos,por non dicir nada,importantes"(Miriam)


d) Feminicidio silenciado


- " En Guatemala máis de 100.000 mulleres foron violadas durante o conflicto de Guatemala. As violacións ainda seguen ocorrendo hoxe en dia, ninguén fai  nada, e a posibilidade de que o seu caso chegue á xustiza é do 1%. Pero sen dúbida o peor é que teñen que ver aos seus agresores cada vez que saen da casa sabendo que probablemente nunca serán xulgados."(Marta)
 
-"O máis duro para estas mulleres é o rechazo dos seus marido. España dará voz a estas mulleres. O xuíz Pedraz admitiu unha ampliación da querella de 1999 na que se contempla como un crimen internacional a violencia de xénero durante o conflicto."(Tania)




(Delitos e penas).-
Selección de novas nacionais e internacionais, xuízos, denuncias, sentenzas, etc.



 Delito
 Penas
 Roubo
 "Un home de 38 anos, de nacionalidade rumana foi detido en  Vigo por roubar os anciáns vestido de muller" (Faro de Vigo 20/01/11)
Cris N
 Asasinato
"Condenan a 18 anos de cárcere a unha anciá de 83 anos que asasina a unha veciña"
 (El País 21/11/10)
Cris N 
 Homicidio 
 "Condenado a 15 anos de cárcere tras matar a súa muller, cando se iban divorciar depois de 42 anos de maltrato" (El País 21/11/10)
Cris N
   Asasinato  "Deteñen dous presuntos asasinos na veciña localidade de Lalín por acabar coa vida dun taxista en Salamanca"(La Voz de Galicia 03/11/10)
Lucía Presas
Tráfico de drogas

 "Deteñen en Pontevedra a un fuxitivo acusado por tráfico de drogas" (Faro de Vigo 07/11/2010)
Cris N
 Roubo Dixital
 "Paola Letizia le han desvalijado su casa...virtual en Facebook. A través del juego Pet Society, Paola había amueblado y decorado pacientemente su hogar digital de siete habitaciones. El robo esta valorado en 100€. "
(El País,22/10/2010)
Suso2
 Asasinato
 "Deteñen a un home de 45 anos por asasinar a unha anciá no xeriátrico de Olot"(El País, 19/10/2010)
Cris N
 Trafico de droga
 "Dous detidos por ser relacionados con 513 kilos de cocaína en Marin"(La Voz de Galicia15/10/2010 )
 Cris N. 
 Asasinato
 "Unha xuíz envía a prisión sin fianza a un pai dunha nena de 18 meses que foi encontrada morta en Zarautz"(El País, 12/10/2010)
Cris N. 

Asasinato 

 "Detense a un home de orixe marroquí de 56 anos por asasinar a sua muller en Granada"(El País, 11/10/2010 )
Cris N.
 Mala xestión
 "A policía arresta o director xeral da empresa húngara Magyar Aluminum(MAL) por ser o causante do vertido que probocou unha catástrofe"(El País, 11/10/10)
Cris N.
   Asasinato  "Detense despois de 20 meses a un home responsable do asasinato no que se acabou coa vida dun muller de 28 anos, o parecer o móbil do crime foi o rechazo que ela lle fixo a él despois de declararlle o seu amor"(El País 10/10/10)
Lucia Presas
     Arresto 
 "A muller do premio nobel da paz do 2010 encóntrase baixo arresto domicialario desde o pasado venres, unicamente se lle permitíu saír para darlle a noticia o seu home do premio que se lle concedera, a parte desa saída non ten ningunha comunicación co exterior e non pode ter visitas"(elPeriódico.com 10/10/10)
Lucia Presas
   Corrupción  "En catro anos 76 políticos foron imputados en Galicia por corrupción"(La Voz de Galicia,10/10/10)
Felipe
 Pornografía Infantil
 "Deteñen a 100 persoas polo delito de pornografía infantil e serán condenadas a un ano ou catro de prisión"(El País, 08/10/2010)
Cris N.
 Infracción
 "A axencia Catalana do consumo é sancionada cunha multa de 147.700€ por prácticas abusivas"(El País, 08/10/2010)
Cris  N. 
 Atentado
 "Condenan a cadea perpetua o responsable do atentado fallido en Times Square"(El País, 5/10/2010)
Cris N.
      Asasinato  "Detido e imputado o pai do bebé que foi hallado queimado nun coche"(La Voz de Galicia, 4/10/2010)
Felipe

Atentado    
"Un dos cabecillas do 11-M foi arrestado en Londres e condenado tan só a oito anos de cárcere"(El Mundo,02/10/2010 )
Lucía Presas 
 Blanqueo de diñeiro 
 "Detéñense 41 persoas por blanquear diñeiro para as Forzas Armadas de Colombia (FARC)"(La Voz de Galicia, 1/10/2010)
Cris N.

 Asasinato 


 "Condenan a Montesinos e a 19 ex militares a 25 anos de cárcere pola matanza de Barrios Altos (1991), El Santa (1992) e pola desaparición do periodista radial Pedro Yauri (1992)." (El Mundo, 01/10/2010) 
Cris N.
 Nelixencia médica



 "Despois de 30 anos a xustiza obriga a pagarlle a unha familia 850.000 euros pola falta de osíxeno nun parto, o feto provocandolle así unha minusvalía"(El País,02/10/2010) 
Lucía Presas 
.Asasinato
 "Londres expulsa a un diplomático israelí polo asasinato dun líder de Hamas". (El País, 23/3/2010)
Xosé Fontao
 
 Secuestro  "Traunstein-Alemaña. Penas de entre 18 meses e 6 anos de prisión para 4 xubilados alemáns por secuestrar ao seu asesor fiscal". (El País, 24/3/2010)
Andrea Casal
 Agresión  "Arousa. A arquitecta da Illa acusa a un constructor de agredila".(El País, 24/03/2010)
Xosé Fontao
 Abusos   "Chile: A fiscalía pide 3 anos de prisión efectiva para un cura acusado de causar danos a nenos".
(El País, 24/03/2010)
Enma Vázquez
 Abusos "España. Oito curas condenados e catorce denuncias por abusos sexuais a menores" (El País, 24/03/2010)
Gloria Lareo
 Fraude
 "Madrid. Varios grupos organizados defraudaron o pago do IVE nas súas compras, por valor duns 50 millóns de euros. A Fiscalía Anticorrupción está a investigar este asunto relacionado coa compra-venda de CO2". (El País, 25/03/2010)
Suso
 Encubrimento
 "Roma. O Papa acusado de encubrir ao cura Murphy, que morreu sen ser castigado, despois de abusar de máis de 200 menores de idade". (El País, 26/03/2010)
Antonio Salgado
 Prevaricación
 "Madrid. O Tribunal Supremo cita ao xuíz Garzón a declarar por cohecho e prevaricación. Preguntaranlle polos cartos recibidos do Banco de Santander para impartir uns coloquios". (El mundo, 24/03/2010)
Isabel Balo
 Asasinato
 "Barcelona. Aumenta a pena solicitada para o asasino de dúas policías. O ministerio fiscal pasou de 83 a pedir 94 anos para un dos acusados".
Tania Couso
 Envelenamento
 "Vigo. En liberdade con cargos a coidadora acusada de intoxicar a seis bebés con tranquilizantes nunha escola infantil. O xulgado abriu dilixencias para investigar o caso."
Leticia López
 Roubo
Asaltan de noite as consistoriais de Dozón, Agolada e Rodeiro para roubar.(La voz de Galicia,26/03/10)
Xosé Fontao
 Maltrato aos animais   
"Condenado por matar un can en Bueu." (Faro de Vigo,28/03/10 )
Xosé Fontao
 Roubo  Roubo de película en Basilea.(La voz de Galicia,29/03/10)
Xosé Fontao

 Exhibicionismo 
"Condenado por exhibirse ante unha muller e uns nenos nun xardín dePontevedra."                                                                                                         (Faro de vigo,29/03/10)
Xosé Fontao
                Roubo                                        
"Unha muller acepta 6 meses de cárcere por roubar un Rolex a un cliente nun prostíbulo de Vigo"
( Faro de vigo, 17/04/10)
 Enma Vázquez
 Pedofília
 "Condenado un ourensán a dez meses de cárcere por acumular 900 fotos pedófilas no seu computador"
(A voz de Galicia,17/04/2010) 
Enma Vázquez
 Abusos  "Dous anos de prisión para un veciño de Vilardevós por agredir sexualmente a un veciña súa."
(A voz de Galicia,17/04/2010)
 Enma Vázquez
 Abusos
 "Condenan a 4 e 3 anos de internamento a dous menores por violar una moza"
(A voz de Galicia,16/04/2010)
 Enma Vázquez

 Agresións  "Condenan a traballos comunitarios a un veciña de CAriño que agrediu ó seu irmán."
(A voz de Galicia,9/04/2010)
Enma Vázquez
 Detención  "A Policía Local de Siero (Asturias) deten un veciño da localidade por cometer un delito contra a seguridade do tráfico. O xoven conducía en zig- zag polo medio da carretera e cuadruplicaba a taxa de alcohol permitida" (A voz de Asturias 5/05/2010)
 Carla
 Asasinato
"Pena de morte para o cirurxían chinés que matou a oito nenos nuha escola"
(A voz de Galicia,8/04/2010)
Enma Vázquez
 
 Mancha de honor
 "Condenado Aquí hay tomate e Telecinco a pagar 100.000 euros por cuestionar o traballo de Félix Rodríguez de la Fuente".
(A voz de Galicia,29/04/10) 
Gloria

 Secuestro  "Siete piratas capturados en mayo de 2009 por el petrolero español Marqués de la Ensenada han sido condenados hoy a 5 años de cárcel en Kenia"
(El País,23/09/2010)
Suso2

                                              
Comments