Xa hai cine para ver e aprender

Tivemos unha visita:

Vilamor no Colmeiro



Películas que nos fixeron pens
ar :
 
 
Charlie y la fábrica de chocolate, de Tim Burton (2005)
Unha película boísima que nunca me cansaría de ver. Conta unha historia totalmente irreal, pero que desexaríamos que fose certa polo máxica e divertida que é.
Creo que é escusado poñer algo do seu argumento, xa que espero que todos a teñades visto. E se non, isto é máis que unha invitación a facelo.
Magnífica interpretación dos Oompa loompas. (Elena)
 
 

El efecto mariposa, de Eric Bress(2004)
O efecto mariposa baséase na teoría do Caos, segundo a cal o simple aleteo dunha bolboreta pode provocar hecatombes no outro lado do mundo.Pode parecer unha rallada porque ten moitos saltos no tempo, o que fai que un se perda con facilidade, pero realmente merece a pena.A historia céntrase en Evan, que grazas á súa capacidade de retroceder no tempo fará o imposible para conseguir a felicidade da rapaza da que sempre estivo namorado,a pesar de que iso implique perdela para sempre...(Bea)

Algunos hombres buenosde Rob Reiner (1992)
Unha película de xuíces e avogados, ambientada no seo do exércido dos Estados Unidos, un asasinato e unha trama que non é a típica "americanada". Bueno, si que o é, pero con matices na trama que difiren da gran maioría de películas deste estilo. (Pedro)

 
Acción Civil, de Steven Zaillian (1998)
Esta pelicula trata sobre un importante abogado e onde nun caso trata de encontrar os responsables da contaminación da agua no pobo de Woburn. Debido a esta contaminación as familias deste pobo sufriron varios danos persoales. O principio toma este caso como unha forma de gañar diñeiro pero co tempo interesase máis polo problema que está causando o medio ambiente.(Jose)  
 

Judge Dredd, de Danny Cannon (1995)
O xuíz Josep Dredd vive nun mundo futuro violento, onde reina o crimen. Dredd é culpado polo seu clon dun asasinato dun xornalista e é condeado a cadea perpetua. Trata de limpar o seu sendo axudado por un prisioneiro o que a el encarcelou. Dredd consigue atopar o seu clon e matao antes de que poida activar o exército de clons que creou. (Ana)
Cámara Sellada, de James Foley (1996)

Dam Hall é un xóven avogado de 26 anos, o seu pai suicidouse cando él era un neno. Ahora debe utilizar todos os recursos ao seu alcance para defender ao seu avó Sam Cayhall, un antigo membro do Ku-Klux-Klan, acusado de asesinato e que espera a sua execución no corredor da morte. Cayhall, líder da supremacía branca, será enviado a cámara de gas en 28 días se o seu neto non o impide. (Sabela)

En el nombre del padre, de 
Jim Sheridan (1993):
Belfast, anos 70. Gerry e un gamberro que non fai nada de proveito, para disgusto do seu pai Giuseppe, un home tranquilo e educado. Cuando Gerry se enfrenta ao IRA, o seu pai mandao a Inglaterra. Una vez alí, por caprichos do azar, e acusado de participar nun atentado terrorista e condenado a cadena perpetua. Tamén o seu pai e arrestado e encarcelado. En prisión Gerry descubre que a aparente fraxilidade do seu pai esconde en realidade unha gran forza interior. Coa axuda dunha abogada entregada a causa, Gerry proponse demostrar a sua inocencia. (Jacobo)
 
Philadelphia, de Jonathan Demme (1993):
Andrew Beckett, é un xoven e prometedor avogado de Philadelphia, é despedido do prestixioso bufete no que traballa cando os seus xefes  enteranse de que contraeu  o sida. Decide entón demandar a  empresa polo despido improcedente, pero nun principio ningún avogado acepta defender o seu caso. (Pablo)

The Verdict, de Sidney Lumet (1982):
Frank Galvin é un avogado de certa idade que pasa a maioría do tempo bebendo e facendo pequenos traballos. Un antigo socio recórdalle un caso sobre un erro médico. Esfórzase por traballar de novo profesionalmente e averigua que o caso é fácil de gañar para os afectados. Segundo prepara o caso, vai recibindo ofertas económicas para solucionar o caso sen xuízo, pero a Galvin só lle interesa conseguir una gran indemnización para os familiares das víctimas e refacerse como avogado. (Elena.)

Infiltrados, de 
Martin Scorsese (2006)
O Departamento de Policía de Massachussets enfrentase a maior banda do crimen organizado da cidade. A estratexia consiste en acabar dende dentro co  poderoso xefe da mafia Frank Costello. O encargado de infiltrarse na banda e Billy Costigan. Mentras Billy intenta gañarse a confianza de Costello, outro policía, Colin Sullivan, sube rápidamente de categoría e ocupa un posto na unidade de Investigaciones Especiales, grupo de élite que ten como misión  acabar con Costello. O que os seus superiores non saben e que Colin traballa para él. (Jacobo)
 
Os xuízos de Nuremberg, de Yves Simoneau(2000)
Despois da Segunda Guerra Mundial, a atención mundial centrouse nunha pequena cidade alemá devastada pola guerra, Nuremberg, onde 21 membros de alto mando nazi foron xuzgados por terribles crimes de guerra cometidos baixo o seu mandato.(Isabel)
 
 
Xustiza para todos, de Norman Jewison(1979)
Al Pacino, dá vida a un abogado xusto, que se verá comprometido pola súa ética ó defender a un xuíz corrupto. Anos atrás o xuíz que ahora é cliente, xogáralle sucio nun proceso, non admitíndolle probas, o que ocasionou que perdera aquel proceso. Hoxe, o xuíz está nas súas mans, e él como abogado debe defendelo e velar polo xusto cumprimiento das normas.(Laura)
 
LEGÍTIMA DEFENSA , de Francis Ford Coppola( 1997)

El jurado, de Gary Fleder (2003)
Que sentido ten levar a cabo un xuizo que xa está gañado? Por unha parte está o avogado fiel aos seus principios que,aparentemente,non ten ningún interés máis que o da xustiza.Pola outra parte o especialista en selección de xurados, disposto a sobornar e facer todo o necesario para ter o xurado da súa man. Non serán eles os únicos que farán da xustiza un medio para conseguir os seus propósitos...(Bea)
 

Matar un ruiseñor, Robert Mulling (1962)
O pai de Jean Louise Finch defende ante os tribunais a un hombre de raza negra que estaba acusado de violar a unha muller branca.
Aínda que é inocente ningún avogado quere levar o seu caso salvo Atticus Finch. De maneira que a sua filla meterase en pelexas para defender o honor do seu pai.(Tania) 
Erin Brockovich, de Steven Soderbergh (2000)
Protagonizada por Julia Roberts e baseada en feitos reais, Erin Brockovich é unha muller coas suas virtudes e defectos como todo ser humano pero é capaz de loitar polo que cree que é xusto. Oxalá todos tiveramos esa determinación para axudar os demais e non só mirar por nos mesmos.(Nerea)


La ola, de Dennis Gansel (2008)
O profeson Rainer Wenger enseña aos seus alumnos durante unha semana o tema da autocracia. A comezos da semana, todos os alumnos están de acordo en que unha dictadura na actualidade é totalmente imposible, pero mediante o lema "forza mediante a disciplina, forza mediante a comunidade, forza a través da acción e forza a través do orgullo" acaba creando un grupo que actúa baixo as súas ordes e rexeita a todo aquel que non pertenza a "A Ola", como se fan chamar. A situación acaba por irselle das mans ao profesor Wenger e chega a perder ata o control da súa vida.(Alismar)


Acción civilde Steven Zaillian (1998)
Un avogado que só acepta casos fáciles unicamente con fins lucrativos vese envolto nun caso de contaminación de augas. Esta contaminación parece ser a causante da morte dalgúns rapaces. A película mostra como é a xustiza en EEUU, onde o que máis resistencia e cartos teña, gana. De ser así, ¿son xustos os xuízos? (Pedro)

Chocolat, de Lasse Hallström (2000)
Unha película que vin miles de veces pero que nunca consigue aburrirme. Non cha recomendo ver nun momento no que teñas fame... O título xa o di todo.(Bea)

Con derecho a roce, de Will Gluck

Jamie unha cazatalentos de executivos convence a Dylan un reconocido director artístico para aceptar un traballo de ensoñó en Nueva York, ambos descubren en seguida que son almas xemelgas. Os dous sufriron tantos fracasos amorosos que están listos para darse por vencidos no amor e centrarse na diversión. Serán capaces estos dous amigos de explorar un territorio novo? (Sabela)

 

Margin Call, J.C. Chandor(2011) 
Ambientada no arriscado mundo das altas finanzas, é un thriller dramático que compromete as figuras clave dun banco de investimento durante as turbulentas 24 horas previas ao inicio da crise financeira de 2008. Cando Peter Sullivan, un analista júnior, revela información que podería probar a caída da empresa, orixina unha toma de decisións en cadea tanto morais como financeiras que producen un terremoto nas vidas dos implicados no inminente desastre. Crítica aos mercados financieiros, motores do mundo capitalista e principal motivo da actual crise financieira.(Laura)
 
Welcome, de Philippe Lioret(2009)
Bilal, un mozo curdo de 17 anos, cruzou o Oriente Próximo e Europa para reunirse coa súa moza, recén emigrada a Inglaterra. Pero o seu percorrido detense bruscamente cando, no lado francés, lle impiden cruzar a Canle da Mancha. Entón decide cruzalo a nado. Para cumprir o seu obxectivo, empeza a adestrarse na piscina municipal. Alí coñece a Simon, un profesor de natación en pleno proceso de divorcio. Simon está disposto a facer o que sexa para recuperar a súa muller e arríscao todo ofrecendo protección a Bilal. Esta película fai unha
reflexión sobre o problema da inmigración, así como a incomunicación e intolerancia da cultura arabe.(Isabel)
 

Mientras duermes, de Jaume Balagueró
César, traballa de perteiro dun edificio de apartamentos. Pode que este non sexa o mellor traballo do mundo, pero César non o cambiaría por ningún outro, xa que o seu traballo permítelle coñecer a fondo os inquilinos que viven no edificio, os seu movementos, os seus habitos... Si el quixera podería estudalos e influir nas súas vidas como si se tratara de Deus. Todo isto podería facelo sin levantar sospeita algunha.(Damián)

In Time, de Andrew Niccol (2011)
Nun futuro, no cal o tempo é considerado, literalmente, diñeiro e e posible deter o proceso de envellecemento aos 25 anos, a única maneira de seguir vivo é ganar, roubar ou heredar máis tempo. WilL Salas vive a súa vida minuto a minuto, ata que unha inesperada ganancia de tempo permítelle acceder ao mundo dos ricos, onde se xunta cunha fermosa rapaza herdeira de intentar gañar máis tempo.(Damián)

Cartel El inocente
El inocente, de Brad Furman (2011)
Mick Haller é un abogado criminalista que é contratado por un xoven ricachón, Louis Roulet, acusado de intento de asesinato e violación a unha xoven.Aparen
temente é un caso sinxelo e normal, pero conforme a investigación vai avanzando descúbrese que tanto o acusado como a denunciante ocultan cousas e que este caso pode estar relacionado con un caso anterior.(Rocío)


Fuga de cerebros 2, de Carlos Therón (2011)
A segunda parte desta comedia española, demostra que por moi difíciles que parezan as cousas, os verdadeiros amigos sempre estarán aí para axudarnos. Alfonso viaxa cos seus amigos ata Harvard perseguindo á que cree que é a muller da súa vida, pero pronto se dará conta de que aínda non esqueceu o seu primeiro amor.(Alismar)



Posdata: te quiero de Richard LaGravenese (2007)
Parece a típica película romántica pero faiche pensar no sentido na vida. Holly e Gerry son unha parella feliz, pero inesperadamente Gerry falece a causa dunha enfermidade e con el tamén se leva o espíritu de Holly. Pero el, moi previsor, deixalle unha cartas para que siga o seu camiño. As cartas están nos sitios máis inesperados e axudarana a seguir coa súa vida.(Nerea)
 
 
WALL·E, de Andrew Stanton (2008):
Encantoume. Os seus anuncios non me chamaban nada, pero a pesar de que na película a penas se fala, faiche pasar unha hora e media moi divertida. WALL·E é un robot que o único que fai é prensar basura, e todo comeza cando chega EVA á Terra, na busca dalgún indicio de vida. En certo modo pode mostrarnos un futuro, no cal todos estaremos obesos e os movementos que necesitemos realizar faranos robots no noso lugar. (Elena)
 

Recuérdame, Allen Coulter (2010)
Tyler, un xoven de Nova York  ten unha tensa relación co seu pai debido a unha traxedia que separou a súa familia, el pensa que nadie o pode entender pero coñece a Ally  e grazas a ela atopará a  felicidade completa. Pero desvelaranse segredos ocultos que provocarán que a relación estea en perigo.(Tania) 

 
Seven, de David Fincher (1995)
O veterano teniente Somerset , do departamento de homicidios, está a punto de xubilarse e ser reemplazado polo ambicioso e impulsivo detective David Mills. Ambos tenrán que colaborar na resolución duhna serie de asesinatos cometidos por un psicópata que toma como base a relación dos sete pecados capitais: gula, pereza, soberbia, avaricia, envexa, luxuria e ira. Os corpos das víctimas, sobre os que o asesino ensañase de manera impúdica, convertiranse para os policías nun enigma que lles obrigará a viaxar ao horror e a barbarie máis absoluta. (Pablo).

             
This is England, de Shane Meadows (2006)
Cóntanos a historia de Shaun, un rapaz de 12 anos que trala morte do seu pai se cambia de cidade. Alí coñece aos que serán os seus novos amigos, os Skinheads. Shaun intégrase nun mundo que cría descoñecido, no cal coñece o seu primeiro amor e proba as súas primeiras botas Martens. Pero a saída do cárcere dun antigo membro da banda, Combo, convérteo nalguén de ideas nacionalistas e racistas, nunha persoa que finalmente quererá esquecer que foi.(Bea)


Malditos bastardos, de Quentin Tarantino (2009) 
Durante a ocupación de Francia por os alemans, Shosanna Dreyfus presencia a execución da sua familia por orden do coronel nazi Hans Landa . Despois de huir a París, adopta una nova identidade como propietaria dun cine. Noutro lugar de Europa, o tenente Aldo Raine adestra a un grupo de soldados xudeus para atacar obxetivos concretos. Os homes de Raine e unha actriz alemana, que traballa para os aliados, deben levar a cabo una misión que fará caer a os xefes do Terceiro Reich. O destino quere que todos se encontren baixo a marquesiña de un cine donde Shosanna espera para vengarse. (Jacobo).

Cómo entrenar a tu dragón,de Dean DeBlois e Chris Sanders (2010)
Unha historia bastante convencional, pero renovada e adaptada a un cine cada vez máis esixente. Magnífico tratamento musical, cunha banda sonora á altura de "Transformers" ou "Réquiem por un soño". Animación, si, pero gustarache sentirte cativo unha vez máis. (Pedro) 

Las Trece Rosas,de Emilio Martínez Lázaro (2007)
As Trece Rosas foron un grupo de trece mulleres, as cales sete delas menores de idade fusiladas pola represión da dictadura do exército franquista o 5 de Agosto de 1939, pouco despois de finalizar a Guerra Civil. O filme recrea esta historia perfectamente, é apaixoante.(Tania)  


La lista de Schindler,de Steven Spielberg (1993)
Alucinante película sobre o nacismo!! Retrata de maneira moi exacta todo o vivido nesa época, coa dureza e as penurias das persoas que o sufriron, todo isto dende o punto de vista dos xudeos e dende o punto dos nazis. Increíble, se tivera que darlle puntuación do 0 ao 10 daríalle un 14. (Erea)


Expiación, más allá de la pasión,de Joe Wright (2007)

Película cunha trama complicada e ao mesmo tempo emocionante, che ade momentos felicides a agrios, pero definitivamente unha moi boa película. (Erea)


Para aquelas persoas ás que lles guste a historia e ao mesmo tempo as relacións complicadas. Unha trama que leva aos seus persoaxes ata o fin. (Erea)



Una familia con clase,de Stephan Elliott (2008)
Encantoume!!Ten momentos nos que te fai reflexionar sobre o comportamento da túa familia á hora de que entre alguén importante na túa vida no ámbito familiar.O fillo dunha familia británica chapada a antigua cásase espontáneamente cunha moza americana cando este ya presenta á familia a nai del faille a vida imposible con determinadas xogarretas.(Lucía Presas)






La Habitaciòn de Fermat
, de Luis Piedrahita y Rodrigo Sopeña. (2007)
Intriga, emociòn e gran cantidade de problemas que resolver neste magnìfico filme(Alberto)


La Novia Cadaver, de Tim Burton (2005)
Ultimamente o xènero de animaciòn esta sacando pelìculas moi boas, un exemplo e este que vos deixo eiqui.(Alberto) 


21 BlackJack, de Robert Luketic (2008)
Unha pelìcula moi boa que mostra a ambiciòn polo xogo e que unha vez que te atopas agusto non das saido.(Alberto)


Imago Mortis, de 
Stefano Bessoni (2009)
Unha película cun bo argumento e cun gran invento de por medio, que case todo o mundo descoñece, e que realmente non se sabe se existiu, aínda que se di que é "elemento de museo, de coleccionista", e de existir, non se sabe se realmente desempeñaba a función que ten na película: o tanatoscopio. Fíxome pensar nas cousas que pode chegar a facer a xente para conseguir a súa meta e sobre todo no poder do devandito instrumento. A pesar disto, ten momento aburridos. (Natalia)





Requiem por un sueño, de Darren Aronofsky.
Unha película que narra de forma diferente a vida dunhos droga adictos. Impresiona a realidade dunhas persoas que dependen totalmente das drogas para levantarse. A forma na que está grabada sorprende moito xa que eu nunca vira unha película na que se pode ver como alguen se droga e sen mostralo  directamente. (Marta)


El último tren a Auschwitz, de Joseph Vilsmaier e Dana Vávroyá (2006)
Unha das mellores películas que vin. Trata sobre a "viaxe" dos xudeos aos campos de concentración, e como os trataban. É bastante triste.(Sindy) 
Como ven di Sindy retrata a dureza que viviron os xudeos e os intentos de poder liberarse do seu destino final. (Erea)





Narranos distintas situacións de amor en distintos aspectos, é dicir, de amor entre un home e unha muller, entre unha nai e o seu fillo etc. Todo sucede en París, xa que como ben sabedes é a cidade do amor .(Erea)
Paris je t´aime, de Olivier Assayas, Frédéric Auburtin, Gérard Depardieu, Gurinder Chadha, Sylyain Chomet, Joel Coen, Ethan Coen, Isabel Coixet, Wes Craven, Alfonso Cuarón, Christopher Doyle, Richard LaGravenese, Vincenzo Natali, Alexander Payne, Bruno Podalydès, Walter Salles,Daniela Thomas, Oliver Schwitz, Nobuhiro Suwa, Tom Tykwer e Gus Van Sant.
 (2008)

 
Tron: Legacy, de Joseph Kosinski (2o1o)
Esta pelicula basease nun mundo virtual creado por un home que buscaba a realización dunha utopía, donde a sua propia creación busca
a absoluta perfección e fai de dictador para poder acadala enton entra en xogo o fillo do creador dese mundo, que intenta sair dese mundo. (Usuario vs Programas).(Suso2)

Saw IV, de Darren Lynn Bousman (2oo7)
Comecei a vela de casualidade, nunca antes me interesara por esta saga pensando que non ía ser do meu gusto, pero é ben certo que non se deben facer xuizos sen fundamentos. A pesar das numerosas esceas "gore" hai moito máis detrás delas, unha trama que te leva a meterte na mente dun psicópata, e por momentos, ata podes chegar a comprendelo a el e ós seus actos. Estou desexando comezar polo principio e 
velas todas. (Lucía)
Eu comecei a vela uns días antes ca Lucía co noso compañeiro Alberto, o cal está fascinado por esta saga. É incrible o que encontras detrás de esceas arrepiantes, un  guión perfectamente entramado, ensinando en cada escea o necesario para continuar coa intriga. Eu xa vin ata a VI e espero ansiosa ver a VII. Creo que é unha película moi boa para cismar sobre se matar a asesinos ou violadores, está xustificado nestes casos, tema semellante a pena de morte. (Tania)
Espectacular, sobran as demais palabras.Moita xente quedase co macabro da pelicula pero hai que ir mais alà e buscar a trama que e o que realmente è fascinante!Por certo xa vin a VII en 3D , boìsima, pero non a vexades senon vistes as anteriores que senon nos vos enterades da "pataca".(Alberto)

En tiempo de brujas, de Dominic Sena (2011)
Esta película gustoume moito ata chegar ao final, que me pareceu bastante animala, cuns efectos especiais que podían estar moito máis logrados. (Natalia)




Precious, de Lee Daniels (2009)
Non é unha das mellores peliculas que vin pero, ver a vida que pasan algunhas adolescentes cuxos pais a tratan como unha esclava e incluso a viola e a deixa embarazada duas veces, é indignante. Pero ela segue adiante buscando axuda e intenta levar unha mellor vida ao lado dos seus dous fillos. (Sindy)



Cisne negro, de Darren Aronofsky 

(2011)

Encantoume, trata dunha bailarina de ballet que desexa interpretar o papel protagonista na obra El Lago de los cisnes pero que é rexeitada por non ser astuta e sensual para interpretar ó cisne negro, por isto terase que ver obrigada a sacar a súa personalidade máis recómbita para poder conseguir o que máis desexa pero que a súa vez ameaza con destruila. (Lucía Presas)  




Amor y otras drogas, de 
Edward Zwick (2010)
Esta película non me disgustou, é unha película que mostra como unha persoa pode vivir día a  día cunha  enfermidade como é o parkinson, e como por moitos cartos que se gasten en fármacos non acaban cunha enfermidade como esta. (Cris N)  

 

Esta película narra unha pregunta que todo o mundo se plantexa unhas cantas veces na vida sobre o máis alá, existirá ou non existirá? A min gustoume bastante, ten momentos moi tristes, tanto que ao acabar a peli, moita xente saiu chorando da sala. (Natalia)



Más allá de la vida, 
de Clind Eastwood
(2010)

La mujer del anarquista, 

Non me rematou de convencer a actitude  que tomaba a protagonista na película, pero aínda así gustoume a película; destacaría todo o sufrimento que se pasa en época de guerra e como este pode chegar a afectar de tal forma a unha persoa se o xuntamos co amor. (Erea)


El Señor de los Anillos "La comunidad del Anillo", 
de Peter Jackson
 
(2001)
En principio non quería ver esta película, porque cría que non tiña nin argumento nin nada, pero unha vez vista, estou desexando vela segunda, xa que detrás dela hai unha longuísima historia, así está redactada nun libro, e tendo a alguén que a coñeza, sempre che axuda a comprendela. (Natalia)
 
La Reina Victoria,
de Jean Marc Vallée (2008)
Esta peli encántame, de feito é a miña película preferida. Como seguramente xa puidestes deducir a min gústanme as pelis de esta época, bueno, pois esta cóntanos a vida da raíña Victoria de Inglaterra desde o seu noviazgo co príncipe Alberto ata anos despois da súa coronación, creo que é unha boa forma de aprender a historia deste país e de algúns máis xa que Victoria está considerada a tatarabuela de todas as casas reais europeas. (Lucía Presas)
Ver a vida dunha raíña e como chega ao trono e todas as decisións que ten que tomar, esta moi interesante e como dixo Lucia é unha boa forma de aprender historia. (Erea)


Megamind, de Tom McGrath (2010)
Gustoume moitiiiisimo ,empezas cun sonriso e acabas a carcajadas. Aínda que é unha película de aniamación enséñanos que todo o mundo ten a posibilidade de cambiar para ben e conseguir o que se propón. (Lucía Presas)
Ten momentos moi simpático ainda que ó ver o trailer esperábame máis do que ó final resultou (Lucía)

 
 DÉJÀ VU, de Tony Scott (2006)

Quen non experimentou nunca a sensación do déjà vu?  ese flash que che permite recoñecer un lugar no cal nunca estiveches...

Pero qué pasaría se estos extranos sucesos fosen señas do pasado para cambiar un determinado momento do futuro?

Unha magnífica película que te manterá suxeito o sofá e que recomendo que a vexades.(Mariluz)

Si, opino o mesmo ca Mariluz. A min tamén me gustou moito. (Natalia)

 
V de Vendetta, de Jamas Mc Teigue (2005)
Gran película con final espectacular!(Alberto)

 
Los próximos tres días, de Paul Haggis (2010)
Reflexa o poder que temos os seres humanos de realizar algo cando cremos de verdade que se pode conseguir e a fortaleza mental que podemos manter nos peores momentos. Facía moito tempo que non vía unha película que me gustara tanto. (Pablo)
 

 
También la lluviade Icíar Bollaín 
(2010)
Resultoume moi interesante polos dous temas a tratar, como se combinan e a forma en que os combina. Ademais disto cómpre destacar os momentos de moita emoción, e sobre todo ver como pode cambiar o ser humano desde un principio no que só se move por diñeiro, ata o final, no cal se move polos sentimentos. (Natalia)


Balada triste de trompeta,
de Álex de la Iglesia (2010)
Ten detalles moi bos e unha fotografía impresionante pero o final prolóngase demasiado para rematar dunha forma que non me convenceu nada. (Lucía)



The tourist, de Florian Henckel von Donnersmarck 
(2010)
Esta película gustoume moito, aínda que ao final dela ocurren algunhas cousas que me pareceron bastante "animalada" aínda así, creo que é a típica película que lle pode gustar a calquera. (Natalia)
Recoñezo que me resultou entretida pero esperaba máis. Coincido con Natalia ó empregar o termo "animalada", tamén lle podería ir ben a palabra "fantasmada". Deixa demasiados cabos soltos. En definitiva, non me convenceu. (Lucía)
Gustoume moito esta película porque faiche chegar ao final pensando que é unha máis do montón, pero é ahí cando pasa o que ninguén espera e o que a fai grande. Moi boa. (Pablo)
 

La posesión de Enma Evans, de Manuel Carballo (2010)
Dado que a min me gustan as películas deste estilo, de medo ou de terror, esta non ía a ser menos, e gustoume moito, pero xa non só foi iso, senón que ao final ata me sorprendeu!! (Natalia)


3 metros sobre el cielo, dFernando González Molina (2010)
Non poño aquí esta película nin porque me gustara moito nin porque non a recomendo, simplemente a poño porque me fixo pensar en moitas cousas como por exemplo en toda a violencia que nela aparecía e no seu final que non era o que todo o mundo supoño que se espera, polo menos falo por min. (Natalia)



 
Los amantes del círculo polar, de Julio Médem (1998)
Unha preciosa historia de amor que non resulta nin cursi nin empalagosa como no caso doutras. Mostra a vida coma unha estructura circular, onde destino e a sorte xogan un papel moi importante.
"Es bueno que las vidas tengan varios círculos. Pero la mía, mi vida, sólo ha dado la vuelta una vez y no del todo. Falta lo más importante."
"Voy a quedarme aquí todo el tiempo que haga falta. Estoy esperando la casualidad de mi vida, la más grande. Y eso que las he tenido de muchas clases. Podría contar mi vida uniendo casualidades".
(Lucía)



Gordos, de Daniel Sánchez Arévalo (2009)
Unha comedia que inclúe momentos dramáticos e trata as fobias, complexos ou obsesións que podemos apreciar día a día na rúa. Unha interesante reflexión sobre a gordura, cuestión que tanto preocupa actualmente. (Lucía)



No estás sola, Sarade Carlos Sedes (2009)
Unha escalofriante película sobre o maltrato que está basada en feitos reais. (Mariluz)



V de Vendetta
de James Mcteigue (2006)
Recoñezo a miña mala predisposicón á hora de ver esta película pero a medida que ían trascorrendo minutos introducíame na trama e rematou por gustarme realmente. Neste filme o que se podería considerar o "bo" ou o "heroe" da historia non deixa de ser un terrorista, logo, o fin xustifica os medios? Unha interesante visión do ben e do mal acompañada dunha banda sonora magnífica. (Lucía)



Harry Potter y las reliquias de la muerte (1ª parte), de David Yates (2010)
Gustoume moito, de feito, fun vela pero non estaba moi convencida, xa que me perdín moitas pelis desta saga, e saín do cine con ganas de vela segunda!! (Natalia)
Encantoume!!! É unha película que ten momentos acojonantes e o mesmo tempo descojonantes. (Cris N)
Menudo peliculón!! Gustoume de principio a fin .E xa estou desexando que salga a segunda parte. Ademais fainos reflexionar sobre o valor da amizade.(Lucía Presas)
Ó  prnicipio ainda a fun soportando, pero as dúas horas e media que durou fixeronseme interminables! En xeral as películas de Harry Potter non son o meu estilo, pero esta resultoume especialmente aburrida. (Lucía)



El escritor, de Roman Polanski (2010)
Premio FIPRESCI da crítica á mellor cinta do ano.
Interesante revisión do xénero de intriga e curioso tratamento da violencia. (Suso)
Unha película chea de suspense e ó mesmo tempo precisa e convincente, gustoume moito. (Lucía)



Los ojos de Julia, de Guillermo del Toro (2010)
Unha película xenial, de medo psicolóxico. Tente agarrado á butaca da sala durante 1hora e media aproximadamente, non sabendo nunca que vai pasar. Cando pensas que alguén é o culpable, a película dá un xiro, e convértese outro no culpable. Gustoume moitísimo. (Natalia)
Non está mal, pero a min non me gustou tanto como a Natalia. Ainda que si é certo que mantén a intriga ata o final, o que provoca tensión no espectador  durante a película, e que ramata cun culpable inesperado. De todos modos non me resultou demasiado creíble nin Belén Rueda no papel protagonista nin o argumento. (Lucía)


La caja, de Richard Kelly (2009)

Esta película propón dous dilemas éticos de enorme interese e actualidade. Animádevos a vela! (Suso)



 Desayuno con diamantesde Blake Edwards (1961)
É unha película fascinante, e Audrey Hepburn está espléndida, éncantame o personaxe que fai e sobre todo, o seu estilo a hora de vestir, sen duda unha película que lle recomendo a todo o mundo porque, aparte do romanticismo que ten, abofé que te as rir.(Lucía Presas)


Big Fish, de Tim Burton (2003)
Unha película de fantasía... sería moi dificil de describir, pero anímovos a que a vexades! (Erea)


Wimbledon, de Richard Locraine (2004)
É unha película que a pesar de ser unha comedia romántica previsible entretente e mostra unha visión dos partidos de tenis bastante emocionante.(Cris N)


La red social, de David Fincher (2010)
Esta pelìcula esta bastante ben,verdà Lucia? (Alberto)
Si a verdade é que a min gustoume. Descoñecía totalmente como fora o nacemento de facebook e todos os problemas entre os seus creadores. Chamoume a atención a superioridade e a prepotencia da maioría dos personaxes. (Lucía)
Pero enròllanse bastante e è algo aburrida,senon pregu!(Alberto)

Bienvenido al mundo de LOL, de Lisa Azuelos (2008)
Si señor, unha película que se distingue ás vistas anteriormente no ies, divertida e entretida. (Jorge Serrada)
Esta pelìcula deixa moi claro como e a vida de todos os adolescentes, porque e asì, e non ai outra. (Alberto)
Esta película reflexa moi ben a situación que vivimos os adolescentes hoxe en día. Tanto no aspecto familiar, con nosos pais; como tamén nas relacións interpersoais. Está moi ben porque se nota que a directora da peli sabe moito de adolescentes e da súa vida diaria. Recomendaríalla a calquera, tanto a fillos como a pais, porque con tan só cinco minutos dela, daste conta de que unha ficción pero moi que moi realista, xa que según como di o final, está basada nunha historia real. (Natalia)
A parte de que me encantou, reflexa moi ben a vida dos adolescentes, xa que ademais de todo o que pensan os adultos de  nós, é dicir que bebemos,nos drogamos..., dalles unha visión de como nos sentimos moitas veces, o ver invadida a nosa intimidade e de como nos comemos o tarro con respeto as nosas amizades, relacións..., e todo isto ten máis mérito ó estar basada nunha vida real. (Lucía Presas)
Esta película encantoume mostra como son as relacions entre pais e fillos, e como moitas veces  nos sentimos os adolescentes cando non  nos deixar ir a onde queremos. Tamén mostra as grandes amizades que existen entre os diferentes compañeiros e como nos sentimos nalguns momentos das nosas vidas. (Cris N.)
Mostra, ainda que non en toda a súa similitude, a vida dos adolescentes. Reflexa case á perfección como nos sentimos moitas veces, e o que os adultos pensan de nós. Ensínanos a amizade entre os adolescentes, os estudos, os pensamentos... en resumo, o día a día, que pode ser perfectamente o de calquera de nós. (Kris)
Esta peli recomendoa por que a protagonista ó final namorase do seu mellor amigo, demostra que unha amizade pode sempre aspirar a moito mais. (Suso2)
Se grabaran as nosas vidas, non credes que sería algo parecido a isto? Pois eu penso que si, porque a directora soubo plasmar moi ben aos adolescentes e aos seus pais, as suas relacións, os segredos que teñen tanto os pais como os fillos  e miles de cousas mais coas que nos veríamos identificados. Recomendaríaa sen dubidalo. (Erea)
Que curioso que atopemos tantas semellanzas entre uns adolescentes parisinos e uns silledenses! Ademais de verme reflexada en moitas situacións, destacaría o tema da sexualidade na muller en contraposición cos homes,  que é mencionado en varias ocasións durante a pelicula e é digno de reflexión xa que non é mais que outra concepción machista de entre as moitas que existen na nosa sociedade. (Lucía)
Un filme que recomendo, divertida realista ata certo punto, porque non vai a ser todo exactamente igual claro está, pero hai bastante similitude. A directora estaba bastante familiarizada cos adolescentes xa que o plasmou dunha forma bastante real: os problemas que temos cando nos vemos "acorralados" por nosos pais que estan sempre enrriba nosa, os problemas cos amigos e demais. (Sindy)
"Unha perfecta representación das nosas vidas. Donde moitas veces se aprecia a hipocresía tanto en pais coma en fillos, sen dúbida unha realidade. Nós sabemos que eles o fan e eles que nós o facemos...pero ás veces é difícil falar claro cos pais de certas cousas, non? Imaxinádevos a vosa vida con 16 17 anos e vede este filme, ides comprobar que a protagonista terá as mesmas preocupacións e accións ca vos, e se podedes invitade aos vosos pais, seguro que será unha boa xornada de risas e reflexións! :D"(Tania)
"Normalmente cando vexo peliculas de adolescentes parece que están exaseradas eque non cadra de todo  coa realidade, pero sentinme identificada en moitos momentos desta pelicula. É divertida , e é moi curioso ver como algunhas veces tanto pais como fillos  intentamos dar exemplo de algo no que o final acabamos caendo." (Marta)
Pareceume un filme moi interesante porque ademais de reflexar moi ben a adolescencia tamén pretende plasmar as preocupacions que senten os pais .Entón , a min paréceme que este filme está moi ben equilibrado xa que mostra por un lado , as accións dos  adolescentes e por outro as reaccions dos pais ante ditas accions.(Mariluz)
Unha película interesante posto que mostra o día a día duns adolescentes da nosa idade e tamén mostra as opinións que teñen os adultos sobre nós, sobre os nosos actos e que na maioría dos casos non é como eles creen.(Felipe) 
 

Los niños de Huang Shi, de Roger Spottiswoode (2008)
"Solidaridade, a axuda que lle ofrece, ainda que rexeitada ao principo, ao pobo Chino repleto de nenos,e que sexa basado en feitos reais ainda a fai máis emocionante, darte de conta de que non todos viven coma nós. Iso si para o final fai falta uns poucos clínex ao lado..."(Sindy)


Orgullo y prejuicio, de Joe Wright (2005)
"Ensínanos como eran as relacións amorosas de antes e como un simple xesto pode significar todo un mundo" (Lucía Presas)
"Aparte diso... tamen nos ensina as voltas que da a vida" (Sindy)
"É unha pelicula moi bonita, que mostra como se vivía o amor naquela época.Recomédoa"(Cris N.)

Hancock, de Peter Berg (2008)
"Aportanos unha visión distinta sobre os superheroes"(Cris N.)


Mar adentro, de Alejandro Amenábar (2004)
"Película que nos deixa cavilando sobre o dereito a escoller a maneira na que queremos morrer cando, como nesta película, se ten unha enfermidade dura" (Kris G.)
"Non coñezo a ninguén que vise esta película e dixese que non lle gustara, a parte de que os actores se superon poñer á altura, super bonita, ao final ata che dan ganas de chorar." (Natalia)
"Unha historia verdadeiramente apaixoante e de superación do ser humano, e cunha magnífica interpretación por parte de Javier Bardem" (Tania)
"PELICULÓN, con iso xa o digo todo" (Lucía)


Nunca más, de Michael Apted (2002)
"Unha película que nos ensina que as mulleres maltratadas son fortes, e se poden defender dos seus agresores, e non sentirse avergonzadas nin quedar caladas por sufrir tal atrocidade." (Kris G.)

 

El diario de Ana Frank, de George Stevens (2009)

"A realidade do que viviron os xudíos durante a existencia de Hitler, foi tremendamente dura e difícil, e ver como intentan sobrevivir cun sorriso é asombroso" (Sindy)

"Historia incrible de supervivencia" (Erea)



Origen, de Christopher Nolan(2010)
"Marabillosa película, como todas as protagonizadas por Leonardo Dicaprio. É desta clase de películas que te deixan pensando despois de sair da sala, dándolle mil voltas ao argumento. É incrible como se plasma o mundo dos soños nela. Recoméndolla a todo o mundo"(Natalia)
 
El lector,  de Stephen Daldry(2008)
"A través dos libros tamén pode nacer unha historia de paixón, con grandes sorpresas"(Tania)
"Fascinante película baseada nun libro aínda máis fascinante" (Lucía)


Diamantes de Sangue, de Edward Zwick (2007)
"A segunda vez que a vin emocionoume igual que a primeira. Sen dúbida unha película para a aprendizaxe" (Tania)
"Unha película forte, unha realidade que as veces olvidámonos que existe"(Marta) 

Karate kid,
de 
Harald Zwart
 (2010)
"É unha película que mostra que o kung-fu non é un deporte violento, senón unha disciplina que che serve para a vida "(Cris N)
 
 
Toy story 3 (3D), de Lee Unkrich (2010)
"As películas de animación tamén poden facer pensar. Divertida e profunda ó mesmo tempo."(Marta e Lucía)
"MOoooola mazo"(Anamato)

Entrevista con el vampiro de Neil Jordan (1994)
"Unha película xenial.De toda a película qúedome ca frase final:"Creo que no necesito presentación".(Enma)


The last song (La última canción) de Julie Anne Robinson (2010)
"Unha gran película para darnos conta que debemos apreciar e querer a quen diga o noso corazón. Aínda que cometamos erros as persoas que nos queren farano igual" (Carla)
"Non me gustou nada esta película,é moi obvia.Carlsa

Nueve reinas, de Fabián Bielinsky (2000)
"Púxenme a vela por casualidade e sorprendeume, moito e moi gratamente. Unha película de timadores que acaba timando ao propio espectador. Moi boa." (Andrea)


El plan B, de Alan Poul (2010)
Despois de está película, plantéxome moi seriamente o de ter nenos jeje (Enma)



El orfanato, de Juan Antonio Bayona (2007)
"Estamos ante un auténtico peliculón. E que conste que non son moi fan das películas españolas." (Icíar)



Mal ejemplo, de David Wain (2008)
"Non,  non é unha película que me fixera pensar,pero si que me fixo rir moito. Ademais, a presenza de Seann William Scott fai que sexa aínda unha película máis divertida." (Icíar)




Vatel, de Roland Joffé, (2000)
Unha película fundamental para aqueles que aman a beleza, e a boa gastronomía.
Citamos un momento:
"Harmonía e contraste: os dous elementos que compoñen a beleza. (...) Poucas cousas son belas o feas por si mesmas, iso é o primeiro que ten que saber todo artista". (minuto 36)



Teniente corrupto, de Werner Herzog (2009)
"Unha película para pensar no noso lado máis escuro. Dura, realista, retrato de perdedores..." (Suso)


Un paseo para recordar, de Adam Shankman (2002) 
"Como todas as películas que vin desde productor, acabeina vendo varias veces. Aínda que algúns matices do final son bastante mellorables na miña opinión." (Icíar)
"Para min o final foi xustamente o mellor da película e o punto no que dixen: jo, bonita!." (Laura)
"Gustoume moito esta película, triste por unha parte, pero preciosa por outra." (Natalia)
 
Un día inesperado, de Gil Junjer (2004)
"Preciosa... pero tamén moi triste. Fai pensar en moitas cousas. O día que a vin estiven máis agradable do normal ca xente. " (Icíar)
"Unha película simple pero que non te deixará indiferente. Fai que te metas na trama e que te deas de conta de moitas cousas."(Laura)
 
Perdona si te llamo amor, de Federico Moccia (2010)
"Un bonito filme que non só conta unha bonita historia de amor, senón que tamén nos describe a preciosa cidade de Roma" (Carla)
"Un filme que nos ensina que o amor se pode atopar en calquera lado, e que non entende de idade. Sen dúbida, unha boa película. Recoméndoa ! " (Kris G.)
Unha película moi, pero que moi bonita..b
"E quen non vai recomendar este filme, se é preciosa, un amor que aparece asi, inesperadamente!" (Sindy)
"Si, si...non esperaba que esta película tivera un final tan feliz!! Sorprendeume, gustoume moito!!" (Natalia)


El pequeño Nicolás, de Laurent Tirard (2010)
"Unha comedia coa que se che pasa o tempo voando" (Carla)


Increíble pero falso, de Ricky Gervais e Matthew Robinson (2009)
"Nun país irreal onde todos din a verdade existe unha persoa que desenvolve a capacidade de mentir, un pouco común nas peliculas pero nesta a acción cómica tapa os erros" (Carla)



Alicia no país das marabillas, de Tim Burton (2010)


"Impresionante exercicio de imaxinación e de calidade cinematográfica. Recomendo a versión 3D. 
Nunca mellor dito: cine para ir máis alá, para ir ao submundo." (Suso)
"Hai partes que se fan pesadas. Como as películas orixinais de Disney, non hai nada!" (Laura)
"Como todas as películas de animación, deixa moito que desexar" (Carla)
"Que saibas que a min gustaríame ir  vela" (Glo)
"Pois se non tes con quen ir, apúntome" (Xosé)
"Joseciño... faime caso e non vaias" (Carla, ¬¬)
"Cando pagamos por ir ver esta película, sabemos que non imos ver unha obra maestra, pero aínda así

 


En tierra de nadie, de Danis Tanovic (2000)
"É bonita. Non teño palabras."(Pablo)
"É un final mooiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii...Non me gusta como acaba. Esto arreglabao eu, con catro ferramentas. " (Sobrado)
"Película moi intrigante"(Jacobo)
"Ti xa sabes, que queres que che diga...  " (Esteban)
"Película moi instructiva á vez que destructiva." (Pedro)
"Non me gustou, porque o final é demasiado cruel." (Sabela)



Fish Tank, de Andrea Arnold (2009)

"Esta película é ante todo un poderoso retrato de una muller que se sente como un peixe fóra do estanque! (Enma)

American History X, de Tony Kaye (1998)

"Pon os pelos de punta, sorprendente." (Andrea)


La chaqueta metálica, de Stanley Kubrick (1987)

"Cito literalmente: ¡Aquí mi fusil aquí mi pistola! ¡Una da tiros la otra consuela!" (Andrea)

"Kubrick sempre imprescidible" (Suso)


Elephant, de Gus Van Sant (2003)
"Filme que narra o acontecido na matanza do instituto Columbine dun xeito maxestuoso." (Andrea)



 
Brokeback Mountain, de Ang Lee (2005)
"É unha película moi intensa, a ambientación é espectacular e Gustavo Santaolalla luceuse coa música. Simple e fermosa." (Andrea)



 
Bienvenidos a Zombieland, de Ruben Fleischer (2010)
"Aínda que esté na sección de cine recomendable, recoméndovola para que a vexades unha vez. É unha moi divertida e á vez estúpida película de zombies, iso fai que sexa diferente, pero non esperedes unha boa película, non aporta nada." (Icíar)
"Unha boa película. Canto serías capaz de recorrer por a túa chocolatina preferida antes que os zombis se apoderen de todo?"(Enma)
"Para pasar un rato entretido está ben, pero sigo pensando que esta película non debería estar nesta sección" (Laura)



 

Exposados , de Andy Tennant  (2010)
"Apetéceche rir un cacho?, estás ante a perfecta película, iso si, cando a acabas de ver pensas: ¿Tiña argumento?" (Enma)
"Pero Jennifer Aniston fixo algunha película con argumento?" (Andrea)

 
 
 
Diarios de motocicleta , de Walter Sallles  (2004)
"-Yo escuchaba chapotear en el barco
los pies descalzos
y presentía rostros anochecidos de hambre.
Mi corazón fue un péndulo entre ella calle.
Yo no sé con qué fuerza me libré de sus ojos
me zafé de sus brazos.
Ella quedó nublando de lágrimas su angustia
tras de la lluvia y cristal.
Pero incapaz para gritarme: iEspérame,
yo me marcho contigo.
-Lorca es?
-No
-Neruda?
-No
-Quien?
-No lo recuerdo"   (Enma)
 
"Para min, unha obra mestra. Tanto a película como a súa BSO" (Andrea)

 


 
El niño con el pijama de rayas, de Mark Herman (2008)
"Historia baseada en feitos reais, pero demasiado triste; aínda que chega un punto no que o final é predecible" (Noelia)
 "Decepcionante" (Andrea)

 


 
 
En busca de la felicidad, de Gabriele Muccino (2006)
"Non teño unha recomendación concreta, simplemente creo que é unha desas películas que tes que ver..." (María)

 

 
 
La vida es bella, de Roberto Benigni (1997)
"Preciosa película e sorprendente historia inventada como contraposición ao terrible mundo que rodea aos protagonistas, especialmente o neno." (María)
"Canto chegarías a inventar ti para que o teu fillo non sufrise?" (Enma)
"Preciosa e triste, diría eu; desas que sabes que non se alonxan da realidade e nas que cando rematan acabas tendo ao teu lado unha morea de panos de papel." (Noelia)
"http://www.youtube.com/watch?v=ThaFFvPDtEg&NR=1 outra película e por suposto outra BSO que non se pode deixar pasar por nada do mundo!" (Andrea)
"Eu quero vela" (Iciar)
"Eu tamén" (Laura)
"Eu tamén a quero ver" (Xosé)
"E eu!" (Álex)
"Emocionante de verdade". (Suso)
"Preciosísima, nalgunhas partes o neno faite rir, pero detrás de todo hai unha historia cunha tristeza impresionante" (Natalia)
 
 
 

 
El diario de Noa, de Nick Cassavetes (2004)
"Aínda que o título non anime demasiado, é unha das mellores películas que vin, recoméndovola! a que si Andrea? (María)
"Secundo a opinión de María. Película non apta para persoas de lágrima fácil, salvo que leven un paquete de panos de papel, ou unha caixa!" (Andrea)
"Corroboro as dúas recomendacións anteriores. Aclaración: non é desas películas ñoñas que só lles gustan ás persoas ñoñas." (Icíar)
"É unha das miñas películas favoritas, preciosa" (Laura)
 

 
 
Celda 211, de Daniel Monzón (2010)
"O cine español sorprendeume realmente no caso deste filme. Moi boa a interpretación de Luis Tosar" (Noelia)
 
 

 
 
Avatar, de  James Cameron (2010)
"A mestura de 'realidade' e ficción e a gran calidade dos efectos especiais é o gran segredo desta peli; bastante boa na miña opinión, aínda que me esperaba algo máis do novidoso 3D" (Noelia)
"Palícula que debería estar tanto en Cine para ir máis aló como en Nin se che ocorra vela; na primeira pola gran calidade dos efectos visuais e na segunda polo timo do 3D, que o único que aumenta é o prezo que tes que pagar pola entrada (e non pouco precisamente). (Andrea)
"A min esta non me gustou" (Alverte)
"Pois a min gustoume moito" (Laura)
"Eu non a vin pero non me vai gustar" (Iciar)
"Toudacordo con Ixi" (José)
 "Aínda é hoxe o día no que sigo dicindo que non me chama nada ver esta película" (maría)
 

 
Recuérdame, de Allen Coulter (2010)
"É un peliculón, o xénero predominante é o drama así que é recomendable ter clínex preto" (Noelia)
 
 

 
Kunfugsion, de Stephen Chow (2004)
"Esta é unha boa película para botaren unhas risas!" (Alberto)
"Estou kung-fundido!! Nunca imaxinei este clásico entre as nosas recomendacións". (Suso)


 
 
El escritor, de Roman Polanski (2010)
 "A trama está moi ben,e o final tamén; pero creo que podían ter xogado máis coa evidencia que o espectador percibe" (Noelia)
 
 


Tensión sexual no resuelta,
de Miguel Ángel Lamata (2010)
"A pesar de parecer outra españolada máis, pasas un moi bo rato véndoa, ten uns puntos cómicos moi acertados." (Icíar)
"Esta película faime pensar: aínda estou pensando se debo vela." (Suso)
"Cumple os típicos requisitos das españoladas, pero faite rir bastante e polo menos ten trama." (Laura)

 
 
 
 El curioso caso de Benjamin Button, de David Fincher (2008)
"Un dos mellores filmes que vin; e con eso xa digo todo" (Noelia)
"Unha fermosa historia malia que o que máis me sorprendeu foi o efecto retroceso que conseguiron con Brad Pitt". (Andrea)
 
 
 
 
Green Zone (distrito protegido), de Paul Greengrass (2010)
"Relátanos un feito bastante recente que é a guerra de Irak e a verdade sobre as supostas 'armas de destrucción masiva' que había neste país. Está basntante ben, pero non é nada especial polo que valga a pena gastar os cartos en cine" (Noelia) 
 

 
 
La clase, de Laurent Cantet (2008)
"Comezas pensando que ti non podes ser coma os protagonistas da película e rematas sorprendido coa cantidade de situacións que son similares ás que vives no día a día" (Andrea)
"Daste de conta do insoportables e desesperantes que podemos chegar a ser e da paciencia que teñen algúns profesores"(Laura)
"É unha película coa que podes reflexionar acerca de moitos temas, pero non che quedan ganas de ser profesor" (Carla)
"A actitude dos alumnos é  bastane mala"( Xosé)
"Se eu fose un profesor e vira esta película valoraría máis aos alumnos bos". (Icíar)
 
 
 
Narc, de Joe Carnahan (2002)
"Unha película de pouco presuposto e gran calidade. Xeniais os papeis dos protagonistas" (Andrea)

 
 
The road, de John Hillcoat (2009)
"Aínda que, coma case todas as adaptacións, non reproduce fielmente o contido do libro, acércase moito. Merece a pena." (Andrea)
"Ambientación perfecta, pode sentirse o medo en cada fotograma". (Suso)

 
 
 
El secreto de tus ojos, de Juan José Campanella (2009)
"Aos 15 minutos, cando comezas a entender o que din, a historia vólvese interesantísima, e non podes deixar de vela ata o final. Interesante reflexión sobre os delitos e as penas" (Suso)
Gañadora do Óscar 2010 á mellor película de fala non inglesa.




Huracán Carter,
de Norman Jewison (1999)
"O personaxe fai que sintas unha gran tristeza e que te preocupes polas cousas que de verdade importan" (Gloria)
" Fai que sintas impotencia e rabia pola inxustiza que padece o protagonista" (José)
" Xa me gustaría a min ter alguén que se preocupase tanto por min" (Alverte)
"Atención á banda sonora e á canción de Bob Dylan" (Suso)
"Sigo sen comprender como se cometen tantas inxustizas, ¿algunha vez cambiarán esos erros?". (Carla)
"Aínda que é unha película longa,vale a pena sufrir os primeiros 30 minutos porque despois non podes deixar de vela,e ao rematar quédaste pensando se algún día o mundo será xusto". (Icíar)
"Algún día o mundo será xusto? é case imposible non se facer esta pregunta logo de rematar de ver a película." (Enma)"
"Unha gran película sobre unha historia real. Aínda que é longa, engancha rapidamente" (Laura)
 

 
 
Shutter Island, de Martin Scorsese (2010)
"Encantoume, como digo sempre...as pelis protagonizadas por Leonardo Dicaprio, están xenial!! (Natalia)
"Tes que vela, tes que vela, tes que vela!" (María)
"Un final con varias lecturas: quen está realmente tolo?" (Suso)
"Cal final é o correcto? Realmente pode ser complicada de seguir pero non ten desperdicio" (Noelia)

 
 
Si la cosa funciona, de Woody Allen (2009)
"Esta película sorprende dende a primeira media hora, pero hai que aguantar sentado esa primeira media hora..." (Suso).
"Borde + intelixente = combinación perfecta (case sempre)...." (
Noelia)
"É unha película que fai reflexionar sobre temas interesantes" (
Icíar)
"Unha película moi provocadora que me fixo reflexionar moito" (
Laura)
"Con un pouco de ciencia e filosofía temos a combinación perfecta para divertirnos un pouco" (
Carla)
"Se unha rapaza sae cun vello é por cartos.Ou non?" (
Alberto1)
"Sempre podemos aprender cousas novas das persoas menos inesperadas" (
Alverte)
"O final.....xa está moi visto" (
Gloria)
"Se tes un momento miraa" (
Jose)
"E se a cousa funciona, por que non?..." (
Andrea)
"O mellor é que a vexas" (
Enma)

 

 
Invictus, de Clint Eastwod (2010)
"Esta película engancha de principio a fin, sorprendendo a superación do protagonista" (Alex)
"É tal a bondade do protagonista, que podemos chegar a sentirnos moi pouca cousa ao seu carón" (Noe)
"Unha película moi boa non só pola historia que conta senón por como está feita" (Andrea)

 

 
Philadelphia, de Jonathan Demme (1993)
"Conmove moitos os sentimentos" (Gloria)
"Por una vez hai xustiza, aínda que ó final todo xa da igual"(Enma)
"Unha historia tremendamente real. Merece mención especial a BSO: http://www.youtube.com/watch?v=uTeBFmWsLIg&feature=fvst
 " (Andrea)
"Unha película impresionante, case choro, pero o final víase vir...A banda sonora moi bonita". (Carla)
"É unha película realmente preciosa é á vez moi triste. Aínda cando as cousas parecen volver á normalidade, algo fai que todo se estropee". (Icíar)
" Esta película encantoume. Aínda que o seu final é predecible, merece moito a pena vela" (Laura)

 

Sospechosos habituales, de Bryan Singer (1995)
"Unha enganosa trama co fin de atrapar un asasino, sen dúbida, unha película para ver varias veces e non perderte detalle". (Carla)
"Non me gustan esta clase de películas, pero recoñezo que esta engancha. O misterio é a principal clave que fai dela unha película moi interesante". (Icíar)
" Excelente. Gústame moito como un guión que parece sumamente difícil e levado con tanta tranquilidade." (Enma)
"Película cun bo argumento e cun final que me sorprendeu." (Laura)
"Non ós prexuízos" (Gloria)
"Gústame o final" (José)
"O final é completamente imprevisible se non tes referencias previas da película, gustoume e creo é non é nada mala" (Noelia)
 

 

El inolvidable Simon Birch, de Steven Johnson (1998)

"Unha das miñas películas favoritas, moi emotiva e na que a amizade xoga un papel moi importante. Final non apto para persoas sensibles." (Icíar)
"Unha película moi fermosa, cun final triste e emotivo. Fai que envexes a gran amizade entre os protagonistas e a gran valentía dun deles" (Laura)
"Estupenda reflexión sobre o valor da amizade e o compromiso". (Suso)

Comments