Ética e Filosofía do Dereito

A) Sección creada para reflexionar sobre temas de actualidade do ámbito ético-xurídico. 
  • A xustiza en España. (Reforma Gallardón). Luces e sombras.
  • O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, anunciou hoxe que o Executivo asume as recomendacións do informe da Defensora do Pobo e, xa que logo, reducirá, como suxire esta institución, a contía dalgunhas taxas xudiciais que xa están en vigor.
    En concreto, introduciranse "modulaciones á baixa" nas contías fixas e variables en primeira instancia, civil e contencioso administrativo; rebaixaranse as taxas en función da capacidade económica para persoas xurídicas e en execucións arbitrais de consumo, e suprimiranse en procesos de execución hipotecaria cando afecten á vivenda habitual. (12-2-13) h
  • http://www.publico.es/espana/442322/principales-novedades-de-la-reforma-del-codigo-penal-de-gallardon
  • Penso que ten cousas a favor e cousas en contra pero máis en contra, porque a xente sen recursos perde un dereito básico entón penso que non é factible a reforma.(Calviño)
  • Unha reforma que non vai a beneficiar a nadie,a xustiza se fose perfecta non precisaria de reforma ningunha.(Mateo).
  • Unha vantaxe desta nova ley podería ser que a xente pensará dúas veces antes de denunciar a alguén por mor dos cartos, pero esto tamén pode ser un inconveniente xa que no caso das persoas máis desfavorecidas non poderán ter acceso a un dereito fundamental como é a xustiza. (Colmenero).
  • Na rebaixa das taxas en función da capacidade económica das persoas sería algo bo, xa que favorecería as persoas con menos recursos para estas poder axudarse mellor da xustiza, pero, este varemo non é xusto, xa que non hai alguén que xuzge cualitatívamente os recursos de cada persoa.(Nerea)
  • Unha vantaxe será un maior acceso á xustiza para as persoas con poucos recursos e un inconvinte sería que a xente se aproveitase desta rebaixa para saturar a xustiza con casos pouco importantes. (Diego)...
  • En canto ao apartado de alteración do orden público, unha vantaxe sería que se diminuiría o número de actos vandálicos nas manifestacións e demais, o inconveniente sería que as forzas do Estado non cumpriran con eses termos e que reprimiran a maioría das manifestacións non deixando pronunciarse á sociedade. (Xam)
  • Algúns aspectos como o endurecemento das penas para os causantes de incendios forestais supón vantaxes, xa que así probablemente se reduza o número destes graves impactos ambientais. E  seguramente se convirtan en inconvintes o aproveitamento desta reforma por parte dalgúns cidadáns buscando o beneficio propio, pero a verdade, non sería a 1ª vez nin a última. (Rita)
  • Se se poden dicir algunhas vantaxes nesta reforma serían as que evitan o perigo na sociedade, como a privativa de liberdade para casos excepcionales unha vez cumprida a pena de prisión, dito así queda moi ben; e parece unha garantía. O caso é se todas estas reformas son para todos por igual, xa que podemos atopar desigualdades sobretodo nos delitos económicos, levados por “altas personalidades”, presentes todos os días na prensa. Non sei vós, pero eu sigo pensando que a xustiza non é igual para todos; e esa é quizais a gran desvantaxe. (Laura Fdez).
  • Luces, poucas, ou ningunha. Primeiro privatizan a xustiza, poñen taxas para acceder a ela e agora rebaixanas, e tomamalo como algo positivo. Recordemos, a xustiza tiña que ser PUBLICA, esa e a única verdadeira maneira de que todo o mundo teña acceso a ela. Definitivamente, todo o que ten que ver con esta ley e posterior reforma e unha enorme sombra. (Rebeca Sesto)
  • Gallardón, un home con ganas de facerse notar que nos quere devolver a unha xustiza en blanco e negro, de tempos pasados, unha xustiza para as clases poderosas, que pensa máis en castigar que en reinsertar. (Raquel Bibián)
  • Esta reforma ten poucas vantaxes ou ningunha; unha delas poderiase dicir a de aumentar os anos de cárcere para os autores dos incendios forestais,e outra a da custodia de seguridade; aínda así a redución de anos de cárcere nalgúns delitos e a maneira de torcer a cara cando son persoas adiñeiradas as que cometen o delito non me parece igualitario; porque para non variar o que segue perdendo é o cidadán.(Raquel Ferradás)
  • A filosofía do dereito na Idade Media
  • "No le es reconocida plenamente su autonomía , ni el orden teórico, ni el práctico"(Diego)
  • "Ninguén pode coñecer enteiramente a razón divina que goberna o mundo." (Calviño).
  • "El individuo tenía la suprema misión de ser buen ciudadano."  (Rebeca Sesto)
  • "Ser un bo cidadán, na antigüedade clásica,  era o principal obxetivo de calquer individuo" (Raquel B.)
  • La racionalidad, sus actos propios [discurso, razonamiento, abstracción, comparación, deducción, e incluso la intuición] son la forma propia del conocimiento humano, también son los que evidencian su singular dignidad. (Nerea)
  • "Chorizo" (Manuel Colmenillas)
  • "Los escolásticos realizaron verdaderos milagros de ingenio en la reelaboración de los dogmas y en el esfuerzo de ponerlos en armonía con la filosofía clásica."(Mateo)
  • "No medievo o fin do individuo é relixioso, ultraterreno" (Suso)
  • "Ser un bo cidadán era a misión de todo individuo ata que o cristianismo xurdiu efecto na Idade Media" (Laura Fdez)
  • "O individuo é considerado como subordinado enteiramente ao poder público" (Xam)
  • "A autoridade non é concebida como enteiramente arbitraria, senón limitada polos preceptos da orde natural" (Rita)
  • "Segundo a teoría tomista, o individuo, ainda sendo libre, é o subito das leis; non se lle recoñece con plenitude a súa autonomía" (Laura Gómez)
  • "A lei eterna é a mesma razón divina que goberna o mundo, que ninguén pode coñecer enteiramente en si mesma. A lei naturalista é en cambio directamente coñecible polos homes, mediante a razón."(Raquel Ferradás)
  • Actualidade da proposta ética de Kant:
1. Segue vixente na formulación dos dereitos humanos universais que, por riba dos intereses particulares ou relixiosos, pretenden unificar a humanidade a través da moral (Lucía Domínguez).
2. Os temas que trata son: o concepto de autonomía, do deber fronte ao ben, de vontade, e a escisión entre virtude e ben. (Natalia)
3. Os seus principios sentan a base para unha superación dos relativismos. (Kris)
4. Según kant ser autónomo é obrar moralmente,polo que debemos permitir actuar aos demais según as máximas que adoptaríamos nós mesmos.(Mariluz)
5. A razón goza dunha preeminencia xa que se  converte no fundamento último da moral(Felipe)
6. Nin no mundo, nin en xeral, tampouco fora do mundo, é posible pensar nada que poida considerarse como bo sen restricción, a non ser ta só como boa voluntade(Marta)
7. Kant segue presente nas éticas formais,  baseadas na autonomía da moral.(Cris N)
8. Para este autor hai unha lei moral universal necesaria que funda a vida moral, cuxo centro é o deber. (Tania)
9. O home é libre cando se da a si mesmo a súa propia lei, cando obedece a súa propia conciencia. (Sindy)
10.O coñecemento moral non é un coñocemento do ser,do que é, senon un coñecemento do que debe ser, non un coñecemento do comportamento real ou efectivo dos homes, senon un coñecemento do comportamente que deberían observar os homes.(Lucía Presas)
11. O instrumento final e necesario da moral é a razón. (Jorge Serrada).
12.Kant dividenos as éticas en aquelas que rematan sendo unha lista de normas, que as persoas debemos seguir; e naquelas outras que soamente nos indican como temos que facer as cousas. (Erea)
13. Kant propon que alcanzamos a maioría de idade ao ter a nosa propia ética formal.(SUSO2)
  • A eutanasia
JUAN JOSÉ MILLAS reflexiona en EL PAÍS sobre este tema, e nós tamén opinamos:



Podes ver o artigo completo en: 

http://www.elpais.com/articulo/portada/minutos/Dejas/respirar/fuera/elpepusoceps/20101205elpepspor_9/Tes


-Este artigo sobre a eutanasia é asombroso. A forma que ten Carlos de contar, con tanta tranquilidade, como tomou a decisión de ter unha morte, en certo modo máis digna que sufrindo pola dor. Rememorando a súa vida, os soños que tiña de rapaz querendo ser un estranxeiro, e que alguns deles se fixeron realidade, como viviu cando lle deron os dous infartos e cando lle dixeron que tiña cancro e que non teria máis que uns poucos meses de vida, ainda o debe facer moito máis difícil, sobre todo pensando que ao día seguinte xa non estará ali. (Sindy)
-Paréceme de moita admiración a dura decisión que tomou Carlos Santos. Non todo o mundo tería a coraxe de decidir que, tendo unha grave enfermidade, debería rematar definitivamente coa súa vida.  Tamén a maneira na que nos conta a súa vida, con esa vontade de contar todo o que lle aconteceu. Creo que a súa decisión de morrer tranquilo, sen o sufrimento que a súa enfermidade lle daría, foi tomada e levada a cabo con moita coraxe. (Kris)
-Este texto no cal Juan José Millás nos conta como foron os últimos días da vida de Carlos Santos paréceme moi sobrecolledor, xa sexa polo seu contido, ou pola forma na que el conta as cousas. Admiro a forma de relatar todo o que lle sucedeu despois de coñecer a súa enfermidade, ou bicho, como el lle chama, xa que o fai dunha maneira frívola,e en ningún momento da entrevista se cae ou se derrumba. Paréceme moi triste a forma de definir o seu  futuro como un  futuro terrible que lle espera a medida que a enfermidade transcorre. Estou totalmente de acordo coa decisión tomada por el porque penso que a vida é para vivila con felicidade e que ningunha persoa se merece ter unha vida que non sexa digna de ser vivida, coma neste caso. A única cousa que eu destacaría, e coa cal non estou de acordo, é co lugar no cal decidiu acabar coa súa vida, xa que os encargados e o persoal do hotel non merecen cargar coa morte de ninguén. (Natalia)
- Ten que ser realmente duro verse na situación de que unha enfermidade acabe lenta e dolorosamente ca túa vida. Por iso a decisión de Carlos Santos de non pasar por ese terrible sufrimento pareceme admirable e moi valente. Penso que debería existir o dereiro a morrer dignamente se esa é a vontade propia porque o sufrimento, tanto do enfermo como dos seus familiares, que precede á morte é algo espantoso. (Lucía)
- Ninguén podería decidir nada por nós, e menos, a decisión de vivir ou non, aquí cada un que faga o que queira. (Jorge Serrada).
-O texto pareceume moi emotivo, xa que é extraordinario como Carlos Santos conta a súa historia con tanta valentía e con ese desafío na mirada. Eu estou de acordo coa posibilidade de morrer dignamente, xa que se a persoa que se encontra con unha enfermidade así, sen cura, e non quere seguir sufrindo nin facer sufrir os seus, pois deberá ter o dereito  a escoller o rumbo que lle vai querer dar a súa vida. (Cris N)
-Paréceme algo realmente admirable a decisión que toma Carlos Santos de rematar definitivamente coa súa vida, pero a entrevista tamén nos demostra que realmente é un home dunha gran coraxe o enfrentarse por todo este tramo el só, sen ninguén onde poder descargar as súas penas e a súa dor pensando como podería chegar a ser a súa vida sen non tivera esta enfermidade. A través de testimonios coma estes podemos reivindicar o dereito a que a xente que se ve nestas circunstancias poida ter unha morte digna sen estar considerada ilegal.(Lucía Presas)
-A noticia recoñezo que é moi emotiva, ten moito mérito decidir suicidarse por mor da sua enfermidade terminal; na miña opinion non me quitaría a vida, disfrutaria ata o mais íntimo momento ca familia, porque cando chegue o final poderase dicir que disfrutei ata o ultimo momento.(Suso2)
-Ninguén pode imaxinar como debería estar este señor para tomar semellante decisión... Cunha enfermidade incurable, se familia nin un verdadeiro amigo que che axude ou simplemente che faga compañía; aínda así, hai que ser moi valientes. Cantos de nós, nesa situación, nos veriamos coa valor decidir deixar este mundo? Eu estou a favor da eutanasia, aínda que haxa quen diga que as persoas non somos donos das nosas vidas... Quen pode prohibir unha decisión tan persoal como a de quitarse a vida?. (Pablo)
-Para tomar unha decision tan dura como a do suicidio hai que verse verdadeiramente mal. A vida é nosa, é para desfrutar, pero se se convirte nun pesadelo, cada un pode escoller o camiño que queira para cambiala.  Carlos Santos optou polo máis fácil, pero quizáis polo máis acertado para el, estaba só, sufrindo , e sen esperanzas de vida máis ala duns meses, non teria sentido seguir vivindo.  Morrer dignamente é un dereito que debe ter todo o mundo. Cada persoa é libre de escoller o quere, e ninguén debe ser xuzgado por esto.(Marta)
-Toda decisión ten que ser tomada por un mesmo, e cada un ten que estar de acordo co que vai facer sen se ver coaccionado polos demais. A decisión de Carlos Santos, é unha das máis difíciles que unha persoa pode chegar a tomar  na súa vida; e facelo coa valentía e a endereza coa que el o fai é de valorar. Se el quixo morrer desa forma hai que acceptalo e non crititicar, porque se nos tivesemos que poñer no seu lugar, a saber que remataríamos facendo (Erea)
"Son 15 minutos. Deixas de respirar. E punto" Carlos Santos o protagonista da súa propia historia decidíu gobernar a súa vida ata o punto de suicidarse o pasado mes de decembro.A partir da súa morte,volvese a reaabrir a polémica sobre a eutanasia. Eu penso que a eutanasia está moi mal vista pola sociedade debido ao "boom" que lle dan os medios de comunicación.Pero en realidade a eutanasia paréceme unha boa medida , xa que unha persoa en estado vexetal, para que ten que estar toda unha vida de agonía? Dende o meu punto de vista, penso que unha persoa que se encontra nesta situación ten todo o dereito a poder decidir libremente que facer coa súa vida, posto que, quen somos nós para xulgar a morte de ninguén?(Mariluz)
-Esta persoa, Carlos, ten que estar moi desesperada para acabar coa súa vida nun hotel, sen ningunha persoa que o acompañase nos seus derradeiros minutos de vida. Cada persoa é libre de decidir o seu futuro e se alguén non quere seguir téndoo, estou de acordo que bote man da eutanasia. Moita xente considera isto como algo cobarde, pero hai que ser moi forte para poder tomar unha decisión así. (Alba)
-Dende logo Carlos Santos tiña que encontrarse nunha situación tan desesperada como para quitarse a vida, aínda que según din a esperanza é o ú ltimo que se perde esta persoa xa chegou a ese punto e decidíu con moita valentía que xa non merecía a pena seguir vivindo. (Felipe)
-Este artigo è un  exemplo de unha persoa  firme e valente que toma a decisiòn de  acabar coa sùa vida antes de que o faga a sùa propia enfermidade con todo o seu dereito.(Albrto)
  •  A polémica do noite-bus:
G
alicia Confidencial:  Este medio dixital reproducíu un artigo do líder das mocidades do PPdeG no que xustificaba que Feijóo vaia eliminar as subvencións ao popular Noitebús. Javier Dorado argumentaba que en tempos de crise hai outras prioridades e que “non se van subvencionar autocares nocturnos para que os menores vaian de botellón”.

Iria Aboi, responsábel das mocidades do BNG, respóndelle nun artigo de opinión, o primeiro que publica Galicia Confidencial da secretaria xeral de Galiza Nova. Para a militante do Bloque a opinións como a de Dorado son “dificilmente explicábeis senón é baixo a análise da existencia de moitos intereses e da ausencia de pudor”.

A nacionalista argumenta que o custo é moi reducido en comparación co éxito entre os mozos, pois asegura que xa houbo 400.000 pasaxeiros. Aboi razona ademais que a Xunta inviste 4,5 millóns ao ano no Noitebús, menos do 1 por cento do orzamento da Consellería de Medio Ambiente. 


A VOS QUE vOS PARECE?
EU CREO QUE O NOIREBÙS NAS FESTAS QUE HAI NOS MESES DE VERÀN E NECESARIO PORQUE SEMPRE SE ACABA DISCUTINDO AVER QUEN LEVA O COCHE.!E IMAGINADEVOS UNHAS FESTAS DE LARO SIN NOITEBÙS, CON QUEN SE VOLVE?CON MARIASANTISIMA?SE OS VERDES ESTAN NAS PEDROSAS E ALA VAN 6 PUNTOS E 600 EUROS, E O QUE È PEOR UN ACCIDENTE!(Alberto)
Na miña opinión paréceme ben a proposta da que se fala neste artigo,xa que é un gasto totalmente innecesario. Non todos os xóvenes que saen de festa beben e como consecuencia poden conducir perfectamente,o que debería facer cada grupo de amigos e irse turnando para que cada vez que saísen un deles non bebera(conductor alternativo), ademais os gastos que se subvencionan para o noitebús poderían ter unha mellor xestión e utilizarse para cousas que de verdade o requiran.(Lucía Presas)
Para empezar o noite bus é un medio de transporte necesario para o ben publico, ademais se o problema son os menores, teñeno moi fácil:
"pedir os carnets de identidade e rexeitarlles a entrada"(Suso2)
A min non me parece un bo argumento iso de que non van subencionar os autocares nocturnos para que os menores vaian de botellón, xa que hai persoas que o empregan e non foron de botellón. Pero a a parte diso non é normal que retiren o Noitebús porqué as veces tamén é empregado por persoas que non son menores de idade e o usan para voltar a casa e non empregar o cohe despois de beber,por iso antes de retiralo deberian pensar. Isto provocará máis accidentes?(Cris N)
Eu creo que deberían aforrar noutras cousas que seguramente sexan máis caras, ademais esta actividade pode evitar que xente en mal estado collan o coche e haxa mortes nas estradas. En definitiva, o NoiteBus debería seguir funcionando. (Jorge Serrada).

Eu opino que esta proposta está ben, porque estando nos tempos de crise que estamos, o que debemos de facer e debe de facer o goberno, é aforrar o maís posíbel. Este paréceme un gasto innecesario, xa que os xóvenes cando saen non teñen porque beber, quero dicir con isto, que beber non é unha cousa necesaria, e se empregasen o condutor alternativo tería as mesmas vantaxes, ou aínda máis, xa que así  a Xunta non tería que gastar nada! (Natalia)

Creo que hai que recoñecer que ten razón en que é unha excusa para que os xoves beban, mais o NoiteBus ten unha parte boa e é que garantiza que unha importante cantidade de xente que vai de festa non corra risco algún na carretera. É un tema difícil de tratar. (Pablo)
Os argumentos non son válidos. O noitebús debe seguir en funcionamento, xa que é o medio de transporte polo cal as persoas volven aos seus fogares sans logo dunha noite de festa. Quitándo o noitebús qué pretenden, que a xente bébeda colla o volante, e se poña a conducir, e poida provocar un accidente, e como consecuencia a morte de algunhas persoas ? (Kris)
A min non me parece ben que retiren o Noitebús posto que, con el reduciuse o número de falecidos nas estradas. Entón , eu penso que cos tempos de crise nos que estamos nn se deberían vingar nesta área, xa que como o botellón é algo imparable, a mellor medida para que as súas consecuencias non sexan catastróficas é a implantación deste vehículo. Porque a min o Noitebús pareceme unha alternativa boa para a xente que decida beber. Eu penso que foi unhas das medidas mellores que a Xunta puido facer para reducir os accidentes na xente máis nova. (Mariluz) 
Que prefiren que haxa accidentes e mortes nas estradas por conductores que ían en mal estada? Non me parece xustificación suficiente nin razoable para quitar os noitebus, porque, as persoas teñen dereito a ir de festa e non por iso , xa teñen que pensar que é ir de botellón. (Erea)
Precisamente en tempos de crise, onde as familias andan máis apretadas, un servizo como o noitebús facilita que a xuventude poida seguir facendo o que sempre fixo dunha maneira máis económica, pois non todo o mundo pode permitirse sacar o carnet, comprar un coche ou botarlle gasolina.  A diversión e as relacións sociais son un factor importantísimo na sociedade, entón por qué vai ser un gasto inecesario algo que facilita á poboación sair de festa dunha forma moito máis segura, ecolóxica e igualitaria (non todos os mozos temos carnet de conducir ou coche). A xuventude non precisa do noitebus para facer botellón, precisa del para garantir a súa seguirade e para mellorar as súas relacións dunha maneira máis económica e ecolóxica, pois o transporte público é un ben que reduce a contaminación en comparanza coa utilización de cada un do seu coche paarticular. Servizos como este levan moito tempo funcionando en países máis desenvolvidos de Europa como Holanda ou Suecia.  (Lucía)

Púxose ao servizo de todos este medio para reducir mortos na estrada, para reducir desprazamentos na findesemana, para poder desenvolver o ben do ocio dos mozos sen dificultades e cun baixo custo. Pero neste  tempo é no que máis se precisa esta axuda para reducir o máximo posible os gastos da mocidade galega. Con este medio facilítase a precaria economía dos mozos os cales están a vivir unha situación gravísima de paro. Eu voulles dar unha posible solución a estes políticos a ver que lles parece, porque non baixades os vosos soldos, e así séguese a financiar o noitebus? (Tania)


É un servizo que pode salvar centos de vidas, os mozos e mozas van sair ainda que nalguns casos supoño volver para a casa nun coche cun conductor ou conductora afectado polos polo  alcohol, por iso, o noite bus era un alternativa eficaz. Non supon un gran coste na economia galega, menos do 1% do orzamento da conselleria do medioambiente, e non se trata de algo innecesario, se xa houbo mais de 40.000 pasaxeiros é porque a mocidade prefire volver pa casa en algo seguro que ariscar a sua vida e a dos demais.(Marta)

O NoiteBus é algo que nos axuda aos xóvenes a transladarnos para ir de festa, sexa para ir de botellón ou non, pero o que está claro é que é preferible ir en NoiteBus que coller o coche e ao mellor, ter un accidente no que moita xente pode perder a vida. Sí é certo que é un gasto e máis nos tempos de crise que corren, pero é mellor gastar o 1%do orzamento da Consellería de Medio Ambiente,que tampouco é unha esaxeración, a perder vidas na estrada.Aparte diso tamen contribúe a coidar o medio ambiente que é do que se tería que preocupar tamen a Consellería. (Sindy)

O noitebús é necesario posto que evita mortes nas estradas innecesarias e creo que a Consellería podería perfectamente asumir o seu custo.(Felipe)


  • A nova lei anti-tabaco:    
Aproban a nova que prohibe fumar en lugares públicos pechados e nalgúns abertos. Sanidade e comunidades estudarán o posible financiamento dos medios para combater esta adicción

a VOS QUE vOS PARECE?


ESTOU SUPER INDIGNADÌSIMO CON ESTA NORMA,NON TEN PÈS NIN CABEZA,NON VOU COMENTAR MAIS PORQUE ME POÑO DE MALA UVA.(Alberto)

A lei que prohibe fumar en lugares públicos pechados paréceme unha boa idea,xa que os non fumadores non teñen porque estar tragando o fume que xera outra xente.Pero paréceme unha completa estupidez que prohíban fumar en lugares abertos ou non emitir programas con persoas fumando,xa que, se un decide empezar a fumar, e por decisión propia, e non por velo nun programa de televisión se fose este o caso sería un completo idiota.E fumar en lugares abertos non vexo porque non? estás o aire libre e tes todo o osíxeno que necesites visto desta forma enton tamén deberíamos prohibir a condución de automóbiles? (Lucía Presas)
Isto por un lado está ben, porqué así lograran que algunhas persoas fumen menos no día e que as outras persoas non fumadoras non lles moleste o tabaco. Pero a parte diso algunas das persoas que son fuamdoras non van deixar de fumar por moito que saquen esta lei.(Cris N.)
Eu opino que esta nova lei está ben, xa que os non fumadores non teñen porque aguantar o fume da xente que fuma. Con isto, non creo que a xente deixe de fumar, o que penso que fará esta xente será que en vez de ir tomar algo ao bar, quedará na casa, xa que alí si que poderá fumar sen ter que sair fóra a fumalo cigarro, evitando así, se chove, mollarse. (Natalia)
A nova lei é moi sobre pasada, non permite que se emitan peliculas onda a xente fuma; vamos dentro de pouco non podemos ver na!!!! (Suso2)
A min paréceme ben, xa que asi os que non fuman, non teñan que aguantar o fume dos que si o fan, e todos poidamos compartir, de maneira equilibrada, os espazos públicos. O malo disto son os cartos invertidos polos hosteleiros, que agora todo o feito non servirá.(Kris)
Se nos centros de traballo como as oficinas, etc, non se pode fumar, nos programas tampouco se debería, porque a xente que está así tamén está traballando, e deberían ter todos as mesmas obrigas, polo tanto a min paréceme ben esta norma. (Jorge Serrada).
A nova lei anti-tabaco penso que está moi ben, porque se a televisión emite programas nos que sae a xente fumando, en certo modo paréce que está incitando á xente a que fume.Ademais diso penso que a prohibición de fumar en locais públicos está moi ben xa que ningén ten por que aturar o incómodo cheiro do tabaco. (Mariluz)
 Está ben que non deixen fumar en ningún lugar pechado, pois os que non fuman non teñen por que estarse intoxicando; a prohibición nalgúns lugares abertos como parques infantís paréceme algo esaxerada. (Pablo)
Non sei que dicir ao respecto, pero que queiran sacar esta norma despois de xa ter sacado outra, na que obrigaban aos resturantes a ter habilitadas zonas de fumadores, non me parece lóxico. Os restaurantes que acaban de gastar diñeiro nesas reformas non lles vai beneficiar, e que fan con esas zonas? (Erea)
Non teño unha opinión formada ó repecto disto. Por un lado considero esta lei excesiva e por outro pareceme que reducir os lugares onde se pode fumar é protexer ós non fumadores e facer que os fumadores reduzan a súa cantidade de cigarros. Aínda así non sabería decir se estou a favor ou en contra.(Lucía)
Despois do gasto que lle supuxo a hostelería, poder habilitar zonas para fumadores e non fumadores, aproban esta nova lei. Quen lle devolve a eles ese gasto? Esta lei di ademais que só se poderá fumar en centros psiquiátricos, centros penitenciarios e centros de maiores ou con discapacidade, que teñen de especial estes centros e non outros para poder fumar? só se lle permite fumar a xente tola, con delitos, maiores ou con discapacidade? Que despropósito de lei é esta? Na miña opinión a seguinte reforma será a sua ilegalización, porque nestes tempos van prohibir ata fumar na túa propia casa, e digo eu donde quedou a liberdade? Sen embargo unha boa proposta é a de financiar e facilitar información para deixar de fumar ou prever o seu comezo. (Tania)
É xusto para os non fumadores esta lei, xa que eles non teñen porque tragar fume, ou incluso enfermar porque os demais lles guste fumar. Quizais sexa algo excesiva está normal, estou de acordo co que di tania, somos libres, e habilitar espazos nos bares para os fumadores e non fumadores creo que xa era suficiente. Ainda asi esto pode facer que algunhas persoas se planteen o de deixar de fumar e mellorar asi a sua saude, e ese sería un paso importante para a sociedade. (Marta)
 A lei que agora está posta paréceme un tanto innecesaria ou inútil, xa que o único que fixo foi facer gastar diñeiro aos que traballan na hostelería para habilitar zonas para fumadores e non fumadores, para que total xa se sabia que se ia impoñer esta lei. Pero o que sí me parece ben é que só se poida fumar nas rúas e en poucas zonas máis xa que os que non fuman non teñen porque aguantar o fume deles. Iso sí, porque si se pode fumar nos xeriátricos, penitenciarias...se é un lugar como un hospital, bar ou un instituto? é un lugar como outro calquera no que fuman igual e os que non o fan teñen que aguantar o fume(Sindy)
Estou de acordo con esta nova lei,aínda que me parece algo esaxerada nalgúns aspectos.Tamén podo comprender o descontento dos hosteleiros ante esta nova lei,posto que invertiron unha cantidade de cartos en facer diferentes zonas que agora non serven.Creo que esta lei esta mal plantexada dende o principio posto que se se quería implantar esta norma teríase que facer dende o principio evitando así a anterior norma de facer zonas separadas co custo economico que conlevou.(Felipe)



  • A pena de morte: abolición!

Hay veces que si merece a pena que haxa pena de morte, todo depende de cales sexan as causas, se son verdadeiramente graves, eu estaría de acordo en usala, pero se son causas breves, non! (Jorge Serrada).

Eu estou a favor da abolición da pena de morte, porque se un asasino comete un crime, iso valida que poidamos matalo? o facelo poñemonos na mesma línea que o asasino, entón eu creo que esa non é maneira de impartir xustiza.Para a miña opinión un asasino merece estar toda a vida soportando o que o meu parecer é o peor dos castigos; isto é a perda de liberdade. E en relación  con EEUU pareceme patético que un pais que presuma de desarrollado teña instaurada a pena de morte (Mariluz)

En fin eu creo que se pode abolir a pena de morte pero enton tamen debes crer nas segundas oportunidades; un exemplo: ponte na pel da familia, despois ponte na pel do asasino
e o final na pel da victima(Suso2)

Dende o meu punto de vista creo que deberían abolir a pena de morte, porque ainda que a persoa cometera un asasinato nos non deberíamos facer o mesmo con el. Eu creo que o peor castigo que recibiría o criminal sería non poder volver a ser libre. (Cris N.)

 Creo que se debe abolir a pena de morte, xa que matar aos asasinos é poñernos ao mesmo nivel ca eles, e non merece a pena. Penso que deberian pasar os anos que lles corresponden no cárcere, e sufrir igual que fixeron sufrir á familia das persoas que asasinaron. (Kris)

Eu estou a favor da abolición da pena de morte, xa que con iso o único que facemos é entrar no xogo dos asasinos, o único castigo que se merecen é a perda de liberdade en certo modo. A cadea perpétua é a mellor opción, sen que haxa reducción de condena nin cousas polo estilo.(Sindy)

Eu non teño claro se abolición si ou non. Tería que porme na pel dos familiares: se a min me mataran un fillo, non só querería que matasen ao culpable, senón que directamente o mataría eu. Non se pode tomar a priori unha decisión sen saber realmente o que é sufrir porque che maten un ser querido, xa chega o sufrimento que causa a morte dun familiar por outras consecuencias, como para que veña alguén e che mate a unha persoa á que qeres. Por outra parte abolición si porque se eu mato á persoa que matou ó meu familiar, os familiares desa persoa mataríanme a min, e así sucesivamente. (Natalia)

Se me parase a pensar se aboliría a pena de morte non sabería que dicir, porque por un lado aboliríaa, xa que,  para que nun país exista a pena de morte ese país tería que ter unha xustiza moi boa, e non como pasa na actualidade, que moitos presos inocentes encóntranse no corredor da morte ou mesmo xa morreron.Por outro lado,  haberíase que poñer na posición do familiar desa persoa que asasinaron, e sentir a dor que esa persoa sente e as ganas que ha de ter de matar ao asasino, enton aí si que se podería pensar que a pena de morte vale a pena; pero,  aínda que ese asesino fose condenado á pena de morte e o matasen penso que a súa dor acabríase aí  e se tivese que estar encerrado toda a súa vida sufriría e daríase de conta do sufrimento que ten que estar a pasar a familia da persoa que asainou, e incluso en moitos casos podería chegar a arrepentirse. Penso que detrás de todo isto o que ten que haber é un boa xustiza. (Erea)


Facer xustiza é algo moi complexo. Esta claro que existen delitos premeditados que son imperdoables pero ¿é a morte mellor a maneira de poñerlle fin á delincuencia?, para min dende logo que non. Dende o meu punto de vista, o mellor sería optar por cadena perpetua no caso dos delitos moi graves. Moita xente oponse a esto alegando que non temos por que financiar unha estancia gratuíta a un delincuente, por iso penso que unha opción sería que os presos realizasen algunha labor social dentro do cárcere. (Lucía)

Encontro demasiado difícil opinar sobre esta cuestión, falando das vidas das persoas e a súa morte. Podemos cada un de nós decir que si ou que non para poñerlle fin a vida dunha persoa? Eu non podería. (Tania)

Estou con Tania casi totalmente. Penso que se por exemplo, se cometeu un crime grave, no lugar da pena de morte se podería condenar a cadea perpetua... O que pode ser tan duro como a anterior. (Pablo)

Deberíase abolir a pena de morte posto que se nós condenamos a unha persoa por matar,nós non podemos facer o mesmo.Pero tamén estou de acordo coa cadea perputua posto que hai persoas que non poden vivir en sociedade e sería moi perigoso ter a estas persoas convivindo ao noso lado.(Felipe)

Non sabría que vos decir pola miña parte acerca de abolir a pena de morte,xa que ninguén e quen de dicidir sobre a vida doutra persoa. Pero tamen me poño na posición dos familiares que desexan xustiza pola perda dun ser querido, e que non se conforman cuns poucos anos de prisión que o final se acabarían reducindo por boa conducta.Pareceme moi dificil posiciornarse nunn lado ou noutro.(Lucía Presas)
 

 


  • O arquitecto que ten preocupacións éticas: NORMAN FOSTER.
Norman Foster é un arquitecto británico considerado na súa profesión entre os mellores do mundo. Foi galardoado polo seu traballo con moitos premios, como o Premio Príncipe de Asturias no ano 2009.
Entre os seus traballos encóntranse:

  As entradas de metro en Bilbao, chamadas "Fosteritos"

 A cidade ecolóxica "Masdar" en pleno deserto de Abu Dhabi

Actualmente acaba de chegar a Madrid o
 documental '¿Cuánto pesa su edificio, señor Foster?', que recibiu recentemente o 'Premio do Público ao Mellor Filme Europeo' do 58 Festival de Cine de San Sebastián, chega a Madrid.

A película transmite unha mensaxe moi importante e fundamental: a importancia que ten a arquitectura xunto coas infraestructuras e o urbanismo. 

Disto e doutras cuestións falaron fai uns días nunha entrevista que lle realizaron no programa "Hoy por hoy" de Cadena Ser.

Nesta entrevista analizaron tamén a visión das obras de Foster basado nunha visión aérea, como dixo textualmente, "A perspectiva aérea é o privilexio de poder voar, voar é fermoso e eso móstrase na película, é outra forma de ver as cousas, logo hay que baixar á terra e eso é a dimensión poética das estructuras, a realidade é que as necesidades das persoas é a que xeneran estas estructuras, o equipo da película conseguiu captar o espíritu da arquitectura, consiguen que todos nos concienciemos da calidade dos edificios, este é a mensaxe da historia".

Tamén lle preguntaron sobre que leccións éticas nos deixará esta crisis, ao que el respondeu ""Se poñemos esta crisis nun contexto máis amplio, a crisis ten paralelismo con outras crisis como as dos anos 20, 30 ou 70 e son experiencias terribles para a xente pero co tempo faise evidente que se invirte en infraestructuras que logo levan á prosperidade como o edificio Chrysler de Nova York, ahora temos unha crisis enerxética potencial e iso influirá na vida dos nosos fillos, hai que aproveitar esta crisis para afrontar estos problemas e aproveitar a oportunidade para crear unha nova sociedade, se miramos ás potencias emerxentes o único que podemos dicir é que hai que facer máis con menos, témolo feito noutros campos como o teléfono móvil, temos que intentar facer o mesmo co  hábitat e hai relación entre o consumo de enerxía e a liberdade humana, hai zonas sen agua potable eso está pasando coa urbanización e os movementos ás cidades, esto está pasando e hai que reflexionar".

Ara os que queiran ver e escoitar a entrevista completa e con máis detemento, aqui lles deixo un enlace:

http://www.cadenaser.com/cultura/articulo/carles-francino-entrevista-norman-foster/serpro/20101005csrcsrcul_2/Tes




  • Os xóvenes vistos polos maiores:
-Si é certo que ás veces os maiores quérense preocupar demasiado e tal, pero bueno, a maioría dos que o fan será porque lle importamos un pouquiño. (Jorge Serrada).
-Ó meu parecer, eu creo que os maiores nos miran bastante mal: pensan que só pensamos en sair e pasalo ben, xa sexa bebendo ou sen beber. Pensan que os estudos nos dan exactamente igual e sobretodo sempre amenazan dicindo: "pois fai o que queiras". O que penso eu sobre isto é que se realmente fixeramos o que a nos dese a gana, nin sequera iriamos ao instituto e estariamos sempre por aí pasandoo ben. Asique xa está ben de dicirnos iso, porque todos somos ou fumos xóvenes algunha vez e nos gustou a festa. Este titular paréceme patético porque non se sabe o que quere dar a entender: que se lles preocupa aos diretores que haxa alcohol nos centros, que se lles preocupa que os alumnos vaian borrachos ao ou que se lles preocupa o rendemento dos alumnos despois do findesemana de borracheiras. (Natalia)
-Dende o meu punto de vista os maiores só pensan que saimos e xa directamente imos beber, hai veces nas que saimos e sabemos como pasalo ben sen beber. E con respecto o dos estudos hai adolescentes os que tamén lles importa o seu futuro pero tamén hai que entender que temos que desfrutar da adolescencia e aprobeitar os dias de festa. (Cris N)
-
Un parecer meu e que os maiores esaxeran mais do que é, non é todo beber, ademais eu xa teño pasado noites boas sen beber gota de alcol, de festa cos amigos contando chistes toda a noite.(Suso2)
-¿Como pode ser que preocupe tanto o consumo de alcohol nos xóvenes nunha sociedade na que a gran maioria da poboación adulta festexa os grandes acontecementos con cantidades descumunais de alcohol, bebe viño á comida e remata o xantar con chupitos? Que fácil resulta etiquetarnos a nós de borrachos, cabezas tolas e despreocupados, pero ¿non son os nosos maiores o noso referenete e exemplo a seguir? Non somos os xóvenes de agora peor que os de fai dez, vinte ou trinta anos, pero somos xóvenes e como é de esperar temos ganas de vivir, de experimentar e de festexar pero eso non debería preocupar a sociedade. A gran maioria de nós cumprimos cas nosas responsabilidades e cos nosos estudos, saimos e bebemos, sí, pero ¿é esto unha característia exclusivamente da nosa idade? (Lucía)
-Os adolescentes somos criticados de irresponsables,borrachos... polos que algún dia pertenceron a nosa xeración. Eu penso que a imaxe que ten a sociedade sobre nos se ve influída pola televisión, porque hai series, peliculas...que só nos mostran como se fosemos un problema para a sociedade.(Mariluz)
-Creo que todos os adultos que nos etiquetan como uns adolescentes malcriados os que só nos preocupan as festas e pasalo ben, se terían que poñer a pensar nos tempos en que eles cometían as mesmas loucuras ca nós. Observaran, que non todo é un desfase incontrolable, xa que a parte de divertirnos, que me parece que é unha cousa o que todo o mundo ten dereito, tamén temos máis precupacións ca emborracharnos e ir de festa todos os días, ademais diso a maioría cumpre con todas as súas responsabilidades e non me parece xusto que por culpa de algúns, todos nos vexamos expostos a estas calumnias.(Lucía Presas)
- Hoxe en día, a gran maioria dos adultos téñennos aos adolescentes por uns borrachos irresponsables, que o único que sabemos facer é ir de festa, e os estudos os deixamos de lado. Todos pasamos por esta idade, e eles teñen que saber, mellor ca ninguén, que non todos os adolescentes son uns drogaditos, borrachos, irresponsables... , que hai casos e casos, e que non por ver a dous que se comporten asi, o resto sexamos iguais. (Kris)
-Esta noticia paréceme unha autentica parvada, nós tamen sabemos separar os momentos de divertimento e nas que temos que estudar e cumplir coas nosas responsabilidades. Os adolescentes non somos uns malcriados que fagamos sempre o que nos dea a gana porque se fora asi, os institutos estarian case baleiros, vivindo do aire, para ter as menores preocupacións posibles. Temos dereito a ir de festa pero preocupanos o futuro, a maioria dos adolescentes temos a ilusión de estudiar algunha carreira ser algo, e para iso non se consegue precisamente indo de festa todos os dias e bebendo sempre para hipotéticamente divertirnos, todos eles cando eran xovenes pasaron polo mesmo que pasamos nós. (Sindy)
-Todos os adultos nos teñen posto unha etiqueta, que nos tacha de adolescentes despreocupados aos que so lles importa eles mesmos e non pensan nin nos demais nin no futuro; se nos paramos a pensar, pode haber adolescentes que sexan asi porque neste mundo hai de todo pero o que non poden facer os adultos é tacharnos a todos do mesmo, porque dentro desa etiqueta tamen hai adolescentes que "saben pensar", e pensan no seu futuro e nas súas responsabilidades sen deixar de poder saír calquera día de festa. Porque eses adolescentes saben diferenciar cando é un momento de festa e un momento de estudio. (Erea)
-Frases coma "Antes, antes eu xa empezei a trabalar aos 13 anos e tiven que emigrar que aquí non che había traballo, agora vós tanto estudar e estudar para nada, se eu estudara..sería como mínimo avogado" ou " Eu non sei que ides facer o colexio, total non aprendedes nada solo a contestar mal e a decir palabrotas" e moitas máis que se escoitan á cotío. Estas reflexións xa se viviron xeración a xeración, porqe sempre se pensa que o pasado dos mozos foi mellor? porque se pensa que todo vai a peor? difíciles preguntas. Xa é ben vello o dito de: "Xente nova e leña verde todo é fume" Cando se acaba a adolescencia e os tempos mozos, a maioría da xente cambia a súa mente e non se acorda ou non se quere acordar do que facían eles, é máis sinxelo olvidarse e botarlle a culpa aos mozos de agora, cando desde sempre aínda que a vida fose máis dura se experimentaba e se facía todo o que a liberdade de cada tempo lle permitía. (Tania)
-Os maiores xa pasaron pola adolescencia, e ao igual que saben o que hai e pode haber co tema do alcol e demais, tamen deberían pensar en que hai rapaces e rapazas (coma nos seus tempos) que deciden non beber e, de facelo, con moderación. (Pablo)
-Creo que os adultos teñen unha mala opinión sobre nós, e que por culpa duns entremos todos no mesmo saco,.pero tamén é certo que eles o único que queren é o mellor para nós,e non que no futuro acabemos sendo borrachos,drogadictos.(Felipe)




  • Os "casos de pederastia na Igrexa" (por Gloria e Carla)
   O Papa acepta a dimisión do bispo de Brujas por pederastia. Por outra banda, a Conferencia Episcopal, asegura que en España os casos de pederastia son escasísimos.
    O Vaticano recoñece que encubriu casos de pederastia de nenos xordos nos EEUU. O Papa saíu salpicado por estes escándalos xa que, naquel momento, exercía o cargo de prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe e non tomou medidas contra o sacerdote involucrado pese a ter sospeitas de abusos.
    Atopamos un novo escándalo de pedofilia no seo da Igrexa. O Vaticano parece que por fin entoa un  mea culpa  en relación con este suceso.
     As novas non paran acerca desta noticia, o Papa fai unhas declaracións, de novo, no caso de pederastia. Afirma que "a maior persecución a Igrexa son os pecados que existen nela" e que "o perdón non substitúe a xustiza". Así que, a pederastia, ten que servir para que a Igrexa rectifique. 
  
       

  • O "caso Jaume Matas" (por Andrea e Noelia) 
  Mostrarémosvos o caso de Jaume Matas paso a paso:
O ex político balear Jaume Matas, que foi presidente autonómico en dúas lexislaturas (1996-1999 e 2003-2007) e ministro de Medio Ambiente nun Goberno de José María Aznar, é o principal acusado do 'caso Palma Area', que se iniciou en agosto de 2008 e no que hai imputadas xa unha trintena de persoas.

- Agosto de 2008.- O Xulgado número 3 de Palma e a Fiscalía abren a instrución xudicial sobre a presunta comisión de delitos na construción do velódromo Palma Area. Orzáronse en 48 millóns de euros e gastáronse uns cen millóns.

- 14 de agosto de 2009.- O ex presidente Jaume Matas ofrécese a declarar voluntariamente ante o Xulgado número 3 de Palma.

- 10 de setembro.- O xuíz instrutor pide á Fiscalía que lle sexa remitida a súa investigación sobre o patrimonio de Matas e o seu cuñado, Fernando Areal. Pouco despois, este Xulgado asume a causa sobre o patrimonio de Matas ao considerar que hai moitos elementos comúns co caso Palma Area.

- 14 de outubro.- Anúnciase que Matas declarará o 23 de marzo de 2010 como imputado pola súa xestión na Palma Area e por enriquecemento ilícito. Ademais están citados a súa esposa, María Teresa Areal, o seu cuñado, Fernando Areal, que xa testificara en agosto, e o presidente da compañía Gesa-Endesa, Bartomeu Reus.

- 21 de outubro.- O ex asesor xurídico do Instituto Balear de Turismo, Miguel Anxo Bonet, declara como testemuña ante o xuíz instrutor para explicar a contratación da axencia Nimbus para a campaña de publicidade do Campionato Mundial de Ciclismo.

- 6 de novembro.- Son rexistrados o palacete de Jaume Matas en Palma e unha vivenda en Madrid vinculada a el.

- 24 de decembro.- O xuíz de instrución imputa nove delitos ao ex presidente balear, entre eles, os de prevaricación, suborno, malversación de fondos e apropiación indebida. Este día, unha comisión xudicial rexistra por segunda vez a vivenda de Matas en Palma.

- 18 de febreiro de 2010.- O xuíz instrutor levanta o segredo do sumario sobre a peza do suposto financiamento ilegal do PP por medio da axencia Nimbus. O ex conseller de Turismo e deputado do PP Joan Flaquer comparece como testemuña e coincide coa eurodeputada popular Rosa Estarás en que Matas expuxo a conveniencia de construír o velódromo.

- 23 de marzo.-Matas declara durante un tres horas como imputado no caso Palma Area. Tamén o fan a súa esposa, Maite Areal; o seu cuñado, Fernando Areal, e o seu presunto home de palla, Bartomeu Reus. A comparecencia de Matas posponse ao día seguinte despois de que fosen coñecidas novas probas: gravacións de chamadas entre os imputados.

- 24 de marzo.-Matas renova a súa declaración ante o xuíz durante case seis horas en sesión de mañá e tarde, desvincúlase do sobre custo da Palma Area e xustifica o seu patrimonio persoal. A súa muller, Maite Areal, négase a prestar testemuño e Bartomeu Reus negou ser o home de palla do matrimonio. O avogado de Matas pediu á súa vez a eliminación das conversacións telefónicas interceptadas cos seus clientes.

- 25 de marzo.- Terceiro día de declaracións de Matas. Tras quince horas ante o xuíz, recoñece cometer unha fraude fiscal ao explicar que reformou o seu piso de luxo de Palma con diñeiro pago en 'branco' e en 'negro'. Insiste en desvincularse do sobre custo na construción da Palma Area e responsabiliza ao ex director xeral de Deportes, Xosé Luís 'Pepote' Ballester.

- 26 de marzo.- A Fiscalía solicita prisión provisional eludible mediante o pago dunha fianza de tres millóns de euros e a retirada do seu pasaporte por supostos delitos de corrupción. Ademais, os fiscais solicitan que se prohiba a súa saída de España e que compareza cada quince días ante o Xulgado.

- 29 de marzo.- Matas pide a baixa temporal no PP tras 17 anos de militancia, antes de que o xuíz do "caso Palma Area" decida sobre a fianza de tres millóns de euros que pide a Fiscalía.

- 30 de marzo.- O xuíz decreta prisión provisional eludible mediante o pago dunha fianza de 3 millóns de euros para Matas, que dispón dun prazo de 72 horas para pagar (até o 7 de abril). Tamén acorda a retirada definitiva do seu pasaporte, prohíbelle saír do país e obrígalle a comparece cada quince días no Xulgado, medidas que tamén acorda contra o seu cuñado Fernando Areal.

 

  • O "caso Baltasar Garzón" (por Enma e Suso)
     O maxistrado ten tres causas pendentes no Tribunal Supremo, unha pola súa investigación sobre as desaparicións do franquismo, outra sobre o que supostamente cobraría por dar uns cursos na Universidade de Nova York e unha terceira polas escoitas do 'caso Gürtel'.

    O xuíz Baltasar Garzón pide o seu traslado á Corte Penal Internacional da Haia.

    Ata que punto se busca xustiza neste proceso? Seguiremos de preto a actualidade, para contárvola.

    O día 15 de maio podemos ler en El País: "O poder do Tribunal Supremo acabou onte coa carreira de Baltasar Garzón, o xuíz da democracia. Dende a Audiencia Nacional o maxistrado instruiu nos úlimtos 22 anos a maioría das principais causas xudiciais da historia recente en España.

Unha querela do sindicato ultradereitista Manos Limpias, a que se uniu Falange Española, levou a Garzón ata o banquiño dos acusados, onde será xulgado como suposto autor dun delito de prevaricación por investigar os crimes do franquismo a sabendas de que non podía facelo, segundo defenden os querellantes."
.
  • O "caso Marta del Castillo" (por Laura e Iciar)
    

Segundo a Policía, un simple cambio legal sobre o perxurio podería permitir atopar o corpo de Marta del Castillo, asasinada polo seu ex noivo segundo a confesión de Miguel Carcaño. O seu corpo, tras varias búsquedas, segue sen aparecer, impedindo un xuicio xusto.

O asasino confeso de Marta del Castillo era violento, celoso e mantiña relacións con varias rapazas á vez, ás que lle pegaba, pero pese a isto a adolescente sevillana "estaba moi enganchada" con el, segundo o testimonio de varios amigos do seu entorno.

Miguel, que permanece encarceado desde febreiro de 2009, enfréntase a unha petición da Fiscalía de 52 anos de cárcere por un delito de asasinato e dous de violación, a realizada por el mesmo e a cometida polo menor de idade que o acompañaba, o cal será enxuizado no xuzgado de Menores.

Os amigos "en varias ocasións dixéronlle a Marta que Miguel non lle conviña", pero ela "non decía nada".Marta "era moi simpática, cariñosa e amiga dos seus amigos, aínda que tamén en ocasións chega a ser moi confiada", segundo o testimonio dunha das adolescentes, que tamén manifestou que Marta "continuamente cortaba con Miguel" pero retomaba a relación porque "moitas veces era ela quen o buscaba".

O sumario, que se encontra pendente do xuicio ante un xurado popular, inclúe ademais o testimonio dunha nai que se lamenta de que a súa filla gastou 900 euros en chamadas ao móvil de Miguel cando estuvo con el. A nai dun ex amigo de Marta, pola súa parte, asegurou que a partir do verán de 2008 a adolescente asasinada distanciouse do seu tradicional grupo de amigos porque se uniu a un grupo de xente maior que ela.

O asesino confeso de Marta del Castillo destrozaba mobiliario urbano, daba patadas a papeleiras e buzóns e en ocasións chegou a golpear paredes e facerse sangrar os nudillos, segundo as declaracións de amigos que figuran no sumario pola morte e violación da adolescente sevillana.

Un compañeiro da clase de Marta afirmou á Policía que o asasino confeso da xoven, «non aguantaba pequenas bromas, que lle facían reaccionar violentamente».

  • A reforma laboral (por Xosé e Alberto)

     O Secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, admiteu que todavía hai posicións distanciadas entre as partes das negociacións da reforma laboral.

Hai rumores de folga xeral para xuño. Mobilizaranse os funcionarios?


  • Actualidade local (por María, Alverte e Álex)
A ética dos nosos políticos locais: 

Comeza a batalla pola alcaldía silledense, cando aínda falta un ano para as eleccións. 
Os partidos comezan a criticar as propostas dos seus rivais. 
Vede a nova completa no seguinte enlace:  


E salientamos este pequeno párrafo:

"Non será vergoñoso que o Partido Popular de Silleda non teña un comité local para gobernarse en por si. En fin, non o entendo. Así se ve que vai desaparecendo. Leva vinte anos coas mesmas titiretadas e non cambia de modelo. Pero, bo, aínda hai algúns fanáticos que me din que «aínda que lle corten a man seguirán votando aos populares». Pero deses non se espera nada, xerar miseria social e económica a un ano escaso das municipais. O meu equipo de independentes espera uns bos resultados, porque con humildade e orde pódese gobernar o noso querido Concello."


Quen non lembra este momento da historia recente do noso Concello?


B) Sección creada para aclarar certos termos do dereito que todos deberiamos coñecer, nunca sabes cando che pode facer falta!


Receptación: Artículo 301 do código penal, por Suso.

1. O que adquira, convirta ou transmita bens, sabendo que éstos teñen a súa orixe nun delito, ou realice calquera outro acto para ocultar ou encubrir a súa orixe ilícita, ou para axudar á persoa que participase na infracción ou infraccións a eludir as consecuencias legalis dos seus actos, será castigado con pena de prisión de seis meses a seis anos e multa do tanto ao triple do valor dos bens. 

In dubio pro reo
: principio xurídico, por Gloria.

"En caso de dúbida, fallarase a favor do acusado"

Habeas corpus, por Xosé:

"Teñas o corpo".Dereito de todo cidadán detido ou preso de comparecer inmediatamente ante un xuíz ou tribunal,para que,oíndoo, resolva se o seu arresto é legal ou non.

Provocatio ad populum, por Enma:

Institución do dereito público romano consistente en dereito que tiñan os cidadáns de apelar ao pobo reunido en comicios contra as sentenzas dos maxistrados que consideraban abusivas ou inxustas, especialmente contra as que impuñan unha pena capital

Bona fide, por Carla:

Na orde procesal permite ó xuíz, cando indaga a súa existencia, apartarse da letra do contrato.

Sub iudice,
por Carla:

"Baixo a xurisdición dun xuíz". Cando se da esta circunstancia hai que esperar a que o xuíz emita o seu veredito e absterse de formular xuízos que poidan ser contraditos pola decisión deste.

Summum ius, summa iniuria, por Carla:

"Suprema xustiza, suprema inxustiza". Principio do dereito que indica que levar a xustiza aos seus máximos extremos pode resultar inxusto.

Furto vs roubo, por Icíar:

"Fundamentalmente que no roubo subtráese unha cousa mediando, como di o art. 237 CP, "forza nas cousas para acceder ao lugar onde estas se atopan ou violencia ou intimidación nas persoas. O roubo sempre é delito, independentemente do valor dos obxectos roubados. No furto non concorren aquelas circunstancias. Si o valor é inferior a 400 euros será unha falta, si é superior delito."

Matrimonios ilegais, por Laura:

Artigo 217.

O que contraera segundo ou ulterior matrimonio, a propósito de que subsiste legalmente o anterior, será castigado coa pena de prisión de seis meses a un ano.

Artigo 218.

1. O que, para prexudicar ao outro contraente, celebrar matrimonio inválido será castigado coa pena de prisión de seis meses a dous anos.

2. O responsable quedará exento de pena se o matrimonio fose posteriormente convalidado.

Artigo 219.

1. O que autorizase matrimonio no que concorra algunha causa de nulidade coñecida ou denunciada no expediente, será castigado coa pena de prisión de seis meses a dous anos e inhabilitación especial para emprego ou cargo público de dous a seis anos.

2. Se a causa de nulidade fora dispensable, a pena será de suspensión de emprego ou cargo público de seis meses a dous anos.

Sirla, por Andrea:   

"Atraco no que o delincuente amenaza cun arma blanca ou cun obxecto  contudente."                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
Comments