O videoghit 2012

A GALA DO VIDEOGHIT 2012

VÍDEOS PARTICIPANTES NO CONCURSO 
O VIDEOGHIT 2.0

O 1


O 2


O 3


O 4


O 5


O 6


O 7


O 8


O 9


O 10


O 11


O 12


O 13


O 14



O 15



O 16



O 17



O 18



O 19



O 20


O 21



O 22



O 23



0 24



O colectivo ETICOLMEIRO convoca o II Concurso Audiovisual Galego “O VIDEOGHIT 2.0” que se rexerá polas seguintes…

BASES

1. Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas interesada en promover a música e a lingua galega, do eido educativo ou de fóra do mesmo. Os participantes menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor legal.

2. Aceptaranse traballos de vídeo-creación MUSICAL en galego (videoclips, actuacións, revisións…) de duración preferentemente non superior ós 6 minutos, que deberán estar aloxados nun servidor web: VimeoYoutubeDailyMotion

3. A temática dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso ou referencia ó idioma e á cultura galega, a responsabilidade medioambiental e social, a tolerancia, o multiculturalismo e o respecto ós dereitos humanos e dos animais. O xurado terá en conta que a autoría do traballo sexa non profesional.

4. Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos sempre que non se presentaran en edicións anteriores do concurso. Os participantes consinten na divulgación dos seus traballos na rede, sempre co recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos.

 

PARTICIPACIÓN: Vías e prazos

Os traballos deberán pendurarse nun portal web antes do venres 5 de maio, incluído, e deberá enviarse un email ao enderezo eticolmeiro@gamil.com indicando  os datos dos autores (nome, idade, enderezo, estudos que cursa) e a dirección (URL) onde están albergados.

FALLO DO TRIBUNAL e PREMIOS

Rematado o prazo de entrega, os traballos de todos os participantes estarán visibles no sitio web www.eticolmeiro.com 

Establécense varias categorías con cadanseu premio,

- Premio VIDEOGHIT ó mellor traballo

- Premio VIDEOGHIT-CONCELLO DE SILLEDA, para o videoghit que mellor recolla algún aspecto do Concello de Silleda.

· Premio ao mellor actor

· Premio á mellor actriz

· Premio ao mellor montaxe

· Premio ao mellor vestiario

· Premio ao mellor guión

 

A Organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou varias das categorías.

A data e lugar de entrega de premios será na Gala Videoghit 2.0. 2012 que terá lugar a finais de maio na Casa da Cultura de Silleda.


 EXEMPLOS:

Nesta sección podedes ver algúns videoghits creados por profes, colaboradores e profesionais do audiovisual. 
Poden ser fonte de inspiración para todos os concursantes, ou simplemente unha forma de viaxar sen moverse da casa.
Ademais dalgunhas cancións en galego, presentamos tamén algún videoghit nas outras linguas románicas da península (portugués, catalán...) 

-12. Interpreta: Guezos
Tema: Todo perfecto
Reinterpreta: eticolmeiro
Sinopse: A produción do vídeo onde se demostra que o diálogo e base da paz.

-11. Interpreta: Zeca Afonso
Tema: 
Reinterpreta: Xdafonte (www.xose.org)
Sinopse: A primavera estoupa en Cachóns (Teo.).

-10. Interpreta: Ana Kiro
Tema: Pídechas o corpo
Reinterpreta: Eticolmeiro
Sinopse: A gran dona da canción galega ponlle música e mensaxe a estas imaxes impresionantes.

-9. Interpreta: Ataque Escampe
Tema: Tres cantos a Lenin
Reinterpreta: Xulio (Co permiso do autor: Canal de xulinhotk)
Sinopse: A revolución segue aí, agardando, dende Lenin.

-8. Interpreta: Entroido de Oza
Tema: Cancións de entroido
Reinterpreta: Xdafonte
Sinopse: Vexan vostedes como cantan no entroido de Oza (Teo)

-7. Interpreta: Manel (grupo catalán)
Tema: Boomerang
Reinterpreta: Eticolmeiro
Sinopse: Visita fugaz a Barcelona pensando naquelas lembranzas da infancia que nos fixeron tan felices.

-6. Interpreta: Zeca Afonso (cantautor portugués)
Tema: Verdes sao os campos
Reinterpreta: Brais Celme
Sinopse: Visitando a liña máis verde de Compostela.

-5. Interpreta: Projecto Trepia
Tema: A roseira
Reinterpreta: Eticolmeiro
Sinopse: Visitamos o entroido de Piloño, todo un referente na comarca.

-4. Interpreta: Milladoiro
Tema: Sós
Reinterpreta: Eticolmeiro
Sinopse: Visita ao pazo de Oca, coa compaña de Milladoiro.

-3. Interpreta: Astarot
Tema: Lela
Reinterpreta: Eticolmeiro
Sinopse: Fusionamos a Castelao con Astarot.

-2. Interpreta: Ataque Escampe
Tema: Vista Alegre
Reinterpreta: Eticolmeiro
Sinopse: Visitando un barrio compostelán.

1.Interpreta: Uxía
Tema: Eu chorar chorei
Reinterpreta: Xosé Fuentes
Sinopse: Revisión dunha canción clásica da nosa terra.

0. Interpreta: Magritte
Tema: Amor na televisión
Reinterpreta: Susosulleiro (eticolmeiro)
Sinopse: Crítica sobre a influencia dos mass media sobre as nosas vidas. En ocasións podemos chegar a pensar que a televisión representa a realidade. Revisión da teoría platónica a través da nova "caverna". 


As bases para concursar:

O VIDEOGHIT

Primum videre, deinde philosophare

Concurso audiovisual.

 

Obxectivos:

 

-        Dar a coñecer a música que se fai en Galicia en galego

-        Sacar proveito dos obradoiros audiovisuais dos institutos galegos

-        Dar a coñecer o noso entorno xeográfico, persoal e cultural (nas imaxes debe aparecer reflectida a túa localidade ou comarca).

-        Promover valores como a tolerancia, a convivencia, a interculturalidade, a reflexión, a responsabilidade…

-        Poñer de manifesto as contradiccións da nosa propia realidade galega, dende unha perspectiva crítica.

 

Medios:

 

-        Son: (Base musical) unha canción en galego

-        Imaxe: Nós mesmos, no noso entorno, na nosa realidade e, por extensión, no noso mundo.

 

Duración máxima: 5 minutos.

Capacidade máxima: 1 Gb

Formato de presentación: MPEG 2

Data tope para enviar os vídeos (ou o seu embed): 30 de abril de 2011.

PREMIOS: DISCO DURO DE GRAN CAPACIDADE PARA OS MELLORES. 

Remite “embed” a eticolmeiro@gmail.com


Comments