Concurso de vídeo patrocinado por nós mesmos, alumnado de 4º de ESO de Filosofía do Colmeiro, para dar a coñecer a música que se fai en galego (ou en calquera variante lingüística da lusofonía):.
Bases do concurso O VIDEOGHIT Primum videre, deinde philosophare Concurso audiovisual. Obxectivos:
- Dar a coñecer a música que se fai en Galicia en galego (e por extensión, na lusofonía) - Sacar proveito dos obradoiros audiovisuais dos institutos galegos - Dar a coñecer o noso entorno xeográfico, persoal e cultural (nas imaxes debe aparecer reflectida a túa localidade ou comarca. Mención especial para os vídeos rodados no Concello de Silleda, que optarán a un premio específico). - Promover valores como a tolerancia, a convivencia, a interculturalidade, a reflexión, a responsabilidade… - Poñer de manifesto as contradicións da nosa propia realidade galega, dende unha perspectiva crítica.
Medios:
- Son: (Base musical) unha canción en galego ou portugués - Imaxe: Nós mesmos, no noso entorno, na nosa realidade e, por extensión, no noso mundo.
Duración máxima: 6 minutos (8 minutos se inclúe extras ou tomas falsas). Capacidade máxima: 1 Gb (ou subido a youtube, vimeo, etc...) Formato de presentación: MPEG 2, MPEG 4, avi, etc... Data tope para enviar os vídeos (ou o seu embed): 5 de maio de 2018. PREMIOS: TROFEOS PARA OS MELLORES. (Publicadas as categorías de premios da edición 2017 na páxina principal). Remite “embed” a eticolmeiro@gmail.com TODOS PODEDES PARTICIPAR. ANIMÁDEVOS! ESTES FORON OS VIDEOGHITS PRESENTADOS NA EDICIÓN 2011 (1ª EDICIÓN DO CERTAME): 1. Interpreta: Quempallou
Tema: Rosiña na Quinta
Reinterpreta: Lucía Presas (eticolmeiro)
Sinopse: Esta canción fai unha crítica sobre a gran sociedade consumista que existe hoxe en día, e sobre o poder que teñen as grandes áreas comerciais en comparación ó pequeno comercio tradicional.
2.Interpreta: Som do galpom
Tema: Antes de pequeno
Reinterpreta: Cris Núñez (eticolmeiro)
Sinopse: A canción fai unha reflexión, e o mesmo tempo unha crítica, de como unha persoa vai cambiando ao longo da súa vida desde a infancia ata a madurez e o orgulloso que se sente o protagonista das súas raíces. Tamén nos fala de como coa sociedade de agora se está destruíndo o medio que nos rodea.
3.Interpreta: Lamatumbá
Tema: Watercumbia
Reinterpreta: Natalia Fdez. Montero (eticolmeiro)
Sinopse: Esta canción aparentemente non ten ningunha reflexión ética. Supoño que cada persoa pode sacar unha diferente, xa que engloba cousas como o consumismo ou a política.
4.Interpreta: Lamatumbá
Tema: Aquí
Reinterpreta: Sindy Gómez (eticolmeiro)
Sinopse: esta canción é unha forma de dicirnos que debemos perseguir o que queremos e non parar ata conseguilo.
5.Interpreta: Lamatumbá
Tema: Camiños
Reinterpreta: Kris Glez. (eticolmeiro)
Sinopse: Non valen excusas para estar parados, é tempo de vivir.
6.Interpreta: Limones
Tema: Ferrol
Reinterpreta: Mariluz Sánchez(eticolmeiro)
Sinopse: Fala sobre un pobo que foi vítima da emigración, e que pese a iso permaneceu sempre no corazón desas persoas que tiveron que deixar a súa terra nai e as súas tradicións por un mundo totalmente descoñecido. A través disto tamén pretende facer unha crítica sobre a mala situación que vive Galicia nese momento.
7. Interpreta: Diplomáticos de Monte Alto
Tema: Esta noite hei d'ir aló
Reinterpreta: Lucía Domínguez (eticolmeiro)
Sinopse: Crítica ó clasismo que deixa ver que cando se trata do amor esquécense esas clases sociais, e así, dúas persoas aparentemente moi diferentes e de mundos distintos convértense no complemento perfecto. Un Romeo e Xulieta moderno e en galego.
8. Interpreta: Diplomáticos de Monte Alto
Tema: Oda ó futbolín
Reinterpreta: Marta Nercellas (eticolmeiro)
Sinopse:crítica a todas as persoas que se pasan horas e horas diante dunha consola podendo facer outras actividades, como xogar unhos ferros!
9- Interpreta: The homens
Tema: Calamar
Reinterpreta: Tania Nogueira (eticolmeiro)
Sinopse: Neste tempo no que todo o noso redor é negativo e incerto, non sería mellor ser un calamar? ou poder fuxir por un desauge? ou poder facer todo o que che gustaría en todo momento?... Pois creo que o imos ter difícil, e haberá que botarlle imaxinación! :D
10. Interpreta: Medomeda
Tema: Quero ver como te ris
Reinterpreta: Erea (eticolmeiro)
Sinopse: Apoloxía do sorriso. Non hai mal que cen anos dure, como transmite esta canción, que nos anima a poñerlle un sorriso á vida.
11. Interpreta: Ataque escampe
Tema: Quero ser o malo da película
Reinterpreta: Marcos F. Fuertes (CEIP Quiroga Palacios)
Sinopse: Quero ser malo, quero falar e escribir en galego.
12.Interpreta: Fany & Alexander
Tema: Vigo ou Berlín
Reinterpreta: Felipe Villamayor (Eticolmeiro)
Sinopse: Somos estudantes dunha nova xeración, que traballará algún día en Vigo, ou quizais en Berlín. O mundo está aberto para nós.
13. Interpreta: La pegatina
Tema: O camareiro
Reinterpreta: Alberto Pereiras (Eticolmeiro)
Sinopse: As penas veñen e van. Despois de toda decepción, hai que mirar para diante e seguir camiñando.
14. Interpreta: Sacha na horta
Tema: Biocultivos
Reinterpreta: Suso Iglesias (Eticolmeiro)
Sinopse: Apoloxía da nosa terra, con todos os seus contrastes.
15. Interpreta: DJ son 1c
Tema: A festa non vai parar
Reinterpreta: Jorge R. Serrada (Eticolmeiro)
Sinopse: Con tanta desgraza que hai na vida, o mellor é saír de festa e pasalo ben, esquecendo todos aqueles males que nos rodean.
16. Interpreta: Aerolíneas Federales
Tema: Non todo é o que parece
Reinterpreta: Nati, Xes, Sandra, Bran e Marta. (Bandeira)
Sinopse: As veces, as cousas non son o que parecen, e todo é máis difícil do agardado.
17. Interpreta: Heredeiros da crus
Tema: (María) O teu fillo fuma porros
Reinterpreta: Pablo Nogueira (eticolmeiro)
Sinopse: As imaxes desta produción non pretenden ser documentais, os personaxes que aparecen son simplemente actores representando unha ficción.
18. Interpreta: RUXE-RUXE
Tema: Amolado
Reinterpreta: Lucía Bibián
Sinopse: Un día espertas... reflexionas... e atopas un mundo cheo de inxustizas, de cobiza, miseria, desigualdades sociais... Un arrepío de tristeza e frustración que se mantén na túa conciencia.
19. Interpreta: Ataque Escampe
Tema: Criptozooloxía aplicada
Reinterpreta: Paula F. Fuertes (CEIP Quiroga Palacios)
Sinopse: Estamos rodeados de animais, algúns deles incluso son humanos.
20. Interpreta: Faltriqueira
Tema: Mariñeiro
Reinterpreta: Xaquín F. (Colexio M. Peleteiro) e Marcos F. (CEIP Quiroga Palacios)
Sinopse: Vídeo documental da última regata do campionato galego de Optimist.
21. Interpreta: Dj Sonic
Tema: Sen ti
Reinterpreta: Yasmín, Rubén, Marta, Laura, Yolanda, Rocío e Lucía.
Sinopse: Así é a xente de Silleda
22. Interpreta: A Banda de Balbina
Tema: Estomballada
Reinterpreta: Esteban, Marcos e Natalia
Sinopse: Así é a natureza silledense e o efecto que produce no ser humano.
23. Interpreta: Tasmanian Devils
Tema: Aí ven Pistón
Reinterpreta: Jacobo, Pablo e Paco.
Sinopse: Aí vai Pistón, por Bandeira.
24. Interpreta: Kogito
Tema: Tipo feliz
Reinterpreta: JuanMa, Ramón, Cris e Lucía.
Sinopse: Non debemos pretender ser iguais que os demais, debemos disfrutar da nosa personalidade e ser felices.
25. Interpreta: Tasmanian Devils
Tema: Aí ven Pistón
Reinterpreta: Brais Gutiérrez, Rubén Lanzó, Amanda Fdez e Suso Iglesias.
Sinopse: Aí vai Pistón, explorando outra parte de Trasdeza.
26. Interpreta: Andrés Do Barro
Tema: O tren
Reinterpreta: Sandra Varela
Sinopse: Aí vai o tren, que me leva pola beira do Miño, como símil da emigración galega.
27. Interpreta: A Banda de Balbina
Tema: Estomballada
Reinterpreta: Tania Couso
Sinopse: A leira pa quen a queira. Temos terra dabondo para traballar, pero...
28. Interpreta: Siniestro Total
Tema: Quen me dera na casiña
Reinterpreta: Alumnado de 3º e 2º de ESO do Colmeiro
Sinopse: A saudade que sentimos os galegos cando imos fóra, nas voces do grupo galego máis coñecido.
29. Interpreta: Sacha na Horta
Tema: Entroido todo o ano
Reinterpreta: Lucía Domínguez
Sinopse: En Bandeira, Entroido!
30. Interpreta: Lamatumbá
Tema: Malas herbas
Reinterpreta: Alba Rodríguez
Sinopse: A situación do agro galego: cheo de malas herbas.
31. Interpreta: NAO
Tema: Desexos
Reinterpreta: José Parada Torres (do IES LELIADOIRA, DE RIBEIRA)
Sinopse: Espectacular festival de entroido, o que celebra o alumnado do Leliadoura.
32. Interpreta: Xil Ríos
Tema: Xirarei
Reinterpreta: Mariluz (Eticolmeiro)
Sinopse: Especial evocación dun clásico da canción galega á luz de Nietzsche.
33. Interpreta: Despe e Siga
Tema: Astro da bóla
Reinterpreta: Equipo alevín do Conxo (promocionado por Marta Nercellas)
Sinopse: Era necesario incorporar un vídeo deportivo. Aquí o temos.
34. Interpreta: Skarmento
Tema: Seguiremos sendo
Reinterpreta: Alumnado de 1º de bacharelato do Colmeiro.
Sinopse: Estamos xuntos, pero todo irá cambiando, paseniñamente. Sempre quedará algo.
35. Interpreta: Heredeiros da Crus
Tema: R-7 (O Jran Batacaso)
Reinterpreta: Órrea, David, Mingucho e Diego R. O.
Sinopse: Son tempos de diálogo para aproximar posturas.
36. Interpreta: Skarmento
Tema: Tempos duros
Reinterpreta: Ana Mato
Sinopse: Lembranzas de amizade, día a día, ano a ano.
37. Interpreta: Lamatumbá
Tema: Na noite
Reinterpreta: Erea Rey
Sinopse: Recoñecedes a noite silledense, coas súas xentes, e a súa alegría.
38. Interpreta: Diplomáticos de Monte Alto
Tema: Coma o vento
Reinterpreta: Tania Nogueira e todos os eticolmeiros
Sinopse: Queremos dicir grazas. Grazas a todos os que estivestes ao noso lado durante este curso.
|