ESPERTANDO O MAIO curso 2017-2018

CEIP DE CELEIRO

Viveiro LUGO

PROXECTO: "ESPERTANDO O MAIO"

1.-XUSTIFICACIÓN

Tendo en conta que nesta edición Voz Natura da especial protagonismo ás actividades relacionadas coa preservación e coidade do patrimonio etnográfico onde se inclúen propostas orientadas a protexer bens materiais (fontes, lavadoiros, pontes, muíños ...) ou inmateriais como tradicións e costumes relacionadas coa natureza e que sexan reprensentativas da cultura e modos de vida da nosa sociedade, a pretensión deste proxecto é traballar de forma colaborativa con diversos centros educativos de Viveiro para a recuperación e mantemento das tradicións relacionadas coa natureza e a súa posta en valor, en concreto OS MAIOS.

Os Maios coñécense como unha festa popular de exaltación da primavera. Ten orixe prerromna e está asociada á deusa Maia como triunfo da vexetación e renacer da natureza. Tamén se relaciona cun ritual de "alumbramento" das fincas e de protección dos campos. Celébrase a principios do mes de maio.

2.-OBXECTIVOS

  • Recuperar, difundir e por en valor unha tradición ancestral da zona da Mariña, Os Maios.

  • Coidar e respectar o entorno cultural.

  • Renovar e distribuír o horto escolar que xa temos.

  • Continuar coas actividades de cultivo, recollida de froito, plantación de novos, etc.

  • Plantación de plantas e flores para utilizar na construción do Maio.

  • Coñecer a orixe da festa do Maio e todo o que a acompaña: plantas e frores utilizadas, a roupa, as cantigas, a música que se empregaba e os bailes.

  • Coñecer a figura do Maio.

  • Implicar a toda a comunidade educativa no noso proxecto (mestres, alumnado, nais, pais, conserxe, coidadora...)

3.-CONTIDOS

  • Plantas e frores utilizadas na festa popular dos Maios nesta zona.

  • O Maio: que representa, como ía vestido, etc.

  • Tipo de roupa que se levaba á festa.

  • Escoita das coplas e cantigas que se facían na festa do maio e elaboración dunha cantiga propia.

  • Instrumentos musicais empregados na festa dos Maios.

  • Bailes que se levan a cabo na festa dos maios.

  • Utilidades das plantas e frores.

  • Coidado e mantemento do horto.

4.-COMPETENCIAS

    • De coñecemento e interación co mundo físico:

      • Observar e explorar o medio de forma activa, xerando interpretacións sobre algunhas accións e feitos significativos.

    • En comunicación lingüística:

      • Coñecer terminoloxía propia da festa do Maio así como todo o que abrangue á tradición oral e escrita da mesma.

    • En conciencia e expresións culturais:

      • Coñecer, comprender, apreciar e valorar con espírito crítico as diferentes manifestacións culturais e artísticas da festa dos Maios e empregalas como fonte de enriquecemento e goce persoal e consideralas como parte da riqueza e patrimonio do pobo.

    • Competencia dixital:

      • Implica o uso creativo, crítico e seguro das TIC para alcanzar obxectivos relacionados coa aprendizaxe, co uso do tempo libre e coa participación na sociedade.

5.-ACTIVIDADES

Queremos aproveitar o horto, para seguir plantando e coidando do mesmo, ao mesmo tempo que o empregamos para as aprendizaxes dos nosos alumnos alumnas.

Así pois gustaríanos poñer en marcha unha serie de actividades para a rehabilitación e recuperación do horto que temos, para iso este curso limparemos a parte posterior do horto (fóra do recinto escolar, xa que a maleza entra na parte posterior do horto, e o que nos permitirá facer un, horto vertical, e así aproveitar ao máximo o espazo que temos acondicionado para o mesmo; deste xeito, e a modo de continuación, para o curso 2017/2018 levaremos a cabo a plantación das plantas ornamentais que precisaremos para os maios.

Algunhas das actividades que propoñemos:

-XARDÍN VERTICAL:

- tipo de plantas (medicinais, aromáticas, ornamentais...)

- utilización de palet's para o muro

- adecuación do espazo

- sementeira dentro das aulas

- organización de limpeza e mantemento (un día a semana para cada aula)

- recollida de froitos

- ELABORACIÓN DE “INSECTICIDAS” ecolóxicos

- ELABORACIÓN DUN COMPOSTEIRO ABERTO

-ELABORACIÓN DUN LIBRO DE COIDADOS DOS NOSOS ESPAZOS

- fotografías das especies

- nomenclatura

- folla caduca ou perenne

- coidados (poda, cantidade de auga, temperaturas...)

- hábitat...

- ELABORAR UNHA GUÍA METEOROLÓXICA

- recollida de datos da estación meteorolóxica do centro

- establecemento das medidas en gráficas

- ACONDICIONAR O ESPAZO DE RECICLAXE:

Na entrada principal do colexio, facer unha serie de contedores onde poidamos clasificar plásticos, tapóns, pilas, toner e cartuchos de tinta de impresoras. Solicitar colaboración da Xunta de Galicia. Facer coñecedora á comunidade educativa da campaña de reciclaxe, e que poden usar as nosas instalación adecuadas para tal fin para depositar aqueles materiais que non lles sirvan e non saiban onde levalos.

Todas estas actividades, intentaremos levalas a cabo facendo fincapé nos seguintes puntos de actuación:

    • Investigación de campo sobre a música do seu concello en relación coa maneira de vivir dos seus devanceiros e das súas devanceiras. Bailes que se levaban a cabo na festa dos Maios.

    • Utilización guiada das Tecnoloxías da Información e Comunicación para a procura e tratamento guiado da información.

    • Uso da biblioteca para a procura de información e utilización da mesma como fonte de aprendizaxe, información e lecer.

    • Interese polo repertorio tradicional de Galicia e das zonas de procedencia dos maios

    • O traballo cooperativo dentro do centro e cos centros cos que traballamos.