Antón Villar Ponte nado en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936.Fixo os primeiros estudos no seu lugar natal e cursou Farmacia en Compostela. Tras licenciarse comezou a exercer como boticario en Foz.Foi un dos fundadores dunha das primeiras Irmandades da Fala e un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra.A súa obra abrangueu varios eidos (novela, ensaio, conferencias, discursos etc) e especialmente a produción dramática, transmisora do ideario galeguista. Dedicóuselle o DÍA DAS LETRAS GALEGAS no ano 1977.
Na súa traxectoria política foi un dos fundadores da Organización Republicana Gallega Autónoma (1929) e, como membro dela, foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega pola provincia da Coruña nas eleccións de xuño de 1931. En 1934 incorporouse ao Partido Galeguista e volveu ser electo nas eleccións de febreiro de 1936 na candidatura da Fronte Popular, se ben non chegou a prometer o cargo nin presenciar o plebiscito do Estatuto de Galicia de xuño, pois morreu en marzo por mor dunha perforación gástrica.
A SÚA OBRA
ENSAIO:
Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional (1916)
Os nosos valores (1920)
Do cosmopolitismo, do universalismo e da mansedume galega (1921)
O sentimiento liberal na Galiza, discurso de ingreso na RAG en 1934
TEATRO:
Do caciquismo: A patria do labrego (1905)
Da superstición: Entre dous abismos (1920)
Da emigración: Almas mortas: novela dialogada cómico tráxica en tres estancias (1922)
O Mariscal (1926). Canda Ramón Cabanillas, con debuxos de Álvaro Cebreiro.
Os evanxeos da risa absoluta: anunciación do antiquixote. Folk-drama da sinxeleza campesina. Ilustracións de Castelao (1934)
A festa da malla. (1997).
Nouturnio de medo e morte, bárbara anécdota realista en dous tempos (sin literatura) que puido andar nos romances dos cegos
Xuana de Vega ou "Os mártires": dúas versións dunha obra inconclusa de Antón Vilar Ponte.
Placa en homenaxe ás Irmandades da Fala no lugar (rúa da Franxa)
onde foi creada a primeira delas, na Coruña