Escolas Dixitais

Un ano máis o Plan Comunitario de Teis en colaboración cos centros educativos, a comunidade educativa e as ANPAS do barrio de Teis levou a cabo o programa “Máis que un teito” – Escolas de nais e pais, enmarcado dentro do Proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Adictivas do Plan Comunitario de Teis 2017, cofinanciado pola Consellaría de Sanidade.

Sendo o obxectivo xeral mellorar as habilidades educativas, de xestión familiar e de comunicación dos pais, nais e/ou titores/as e potenciar a autoestima das nais e pais, trabállanse distintas estratexias educativas que faciliten a resolución-solución pacífica de conflictos dentro da familia e a comunicación como canle imprescindible de prevención.

Como segunda parte ó traballo iniciado no curso 2015-2016, mediante sesións expositivas sobre os temas Redes Sociais, Funcionamento Emocional, Adolescencia, Normas e Límites, Comunicación, Estilos educativos e Autoestima, e coa destacada participación das nais e pais, para este curso ideouse traballar cunha nova metodoloxía, o aprendizaxe cooperativo, cun entorno interactivo baseado no porfolio dixital que permite abordar aquelas temáticas que interesen máis ás persoas participantes sen necesidade da asistencia persoal e utilizando a web como recurso interactivo, podendo chegar máis aló do noso barrio de Teis.

Partindo dos temas: Conduta, Resolución de conflictos, Normas e límites, Emocións, Redes sociais-internet, TDAH, Tarefas escolares, Autoestima, Habilidades Sociais, Prevención de drogodependencias e Convivencia, seleccionáronse unha serie de enlaces a diferentes sitios web relacionados con cada unha das temáticas a traballar. O traballo das nais e pais asistentes ás sesións consistiu en sacar as conclusións prácticas máis importantes sobre cada un dos temas de interese para eles e elas a través dos enlaces seleccionados, fomentando deste xeito a participación e a aprendizaxe activa, o diálogo e o traballo en grupo. O temas máis traballados durante este curso foron as Redes Sociais-internet e Normas e límites, nos que coincidiron en amosar a súa inquietude a maioría dos e das presentes.

Agora queremos compartir con todos e todas vós estes enlaces de traballo coa idea de convidarvos a poder engadir as vosas propias aportacións, que terán cabida nun documento final xunto coas dos/das participantes presenciais ás sesións e ó que se poderá ter acceso a través da nosa páxina web, difundindo deste xeito o traballo de todos e todas para que poida ser aproveitado polo resto da comunidade.


AUTOESTIMA
A autoestima é o aprecio que se tén dun/dunha mesmo/a, o concepto que temos da nosa valía e se expresa nos pensamentos, sentimentos, emocións e experiencias da nosa vida. O modo no que nos sentimos con respecto a nós mesmos/as, nos afecta nas relacións sociais. Na medida en que teñamos sentimentos de valía personal, melloran tamén as nosas relacións...máis info. 

CONDUTA
Toda conduta, normal ou patolóxica, é o resultado da actividade do Sistema Nervioso Central. Estamos continuamente recibindo información do ambiente (incluíndo outras persoas), que condicionan a forma na que nos comportamos. Os nosos cerebros reciben a información do ambiente, a integran e a interpretan en relación con experiencias previas, etc., e producen o noso pensar e actuar...máis info. 

CONVIVENCIA
Para educar na paz é necesario crear novos espazos para a aprendizaxe e o exercicio da paz, a través dos que nenos,nenas e adolescentes cheguen a ser tratados e a tratarse con respecto, como toda persoa libre ten dereito a selo. Unha educación para a paz tería coma finalidade impulsar un cambio que sustitúa a actual cultura de desigualdade e violencia por unha cultura de respeto polas diferencias e de paz...máis info.

EMOCIÓNS
En moitas circunstancias da nosa vida, coma seres sociais, sabemos que as nosas emocións son desencadenadas despóis dun proceso mental evaluador, voluntario, non automático. Debido á natureza da nosa experiencia, unha ampla gama de estímulos e situacións, chegouse a asociar con aqueles estímulos que se establecen de manera innata para causar emocións...máis info. 

HABILIDADES SOCIAIS
As habilidades sociais son un conxunto de conductas necesarias que nos permiten interactuar e relacionarnos cos demáis, de xeito efectivo e satisfactorio. A cultura e as variables sociodemográficas resultan ser imprescindibles para avaliar e entrenar as habilidades sociais, xa que dependendo do lugar no que nos atopemos, os hábitos e formas de comunicación cambian. Ademáis, resultan ser conductas aprendidas, o que quere dicir que non nacemos cun repertorio de habilidades sociais, senón que ó longo do noso crecemento e desenvolvemento, imos incorporando algunhas destas habilidades para comunicarnos...máis info.

NORMAS E LÍMITES
Dentro da familia é fundamental a existencia de normas para posibilitar a convivencia, establecer límites, trasmitir valores e darlle seguridade aos seus membros. 
O seu establecemento non é sinxelo, xa que os límites intentaranse traspasar, mais é fundamental que os fillos e fillas coñezan as consecuencias do incumplimento das normas establecidas; asegurar o cumplimento das normas é, á vez, un dereito e un deber dos/as proxenitores/as...máis info. 

PREVENCIÓN EN DROGODEPENDENCIAS
O consumo de drogas constitúe un dos problemas máis importantes ó que se enfrontan as sociedades actuais, non só pola súa extensión, senón tamén pola gravidade das consecuencias individuais e sociais derivadas del. Segundo os datos recollidos polo Observatorio de Galicia sobre Drogas, na nosa comunidade, a maioría de adolescentes que empezan a consumir sustancias psicoactivas faino a unha idade temperá, que oscila entre os 14 e os 16 anos no caso do alcohol e o tabaco e entre os 15 e os 17 anos no do cannabis e a cocaína. Por outra parte, unha porcentaxe relevante dos/das adolescentes galegos/as de entre 12 e 18 anos consumiron alguna vez distintas drogas, fundamentalmente alcohol, tabaco e cannabis e, en menor medida, outras sustancias como drogas de síntese ou cocaína...máis info.


REDES SOCIAIS E INTERNET
Internet proporciona innegables beneficios para a sociedade en xeral e para os/as adolescentes en particular a moi diferentes niveis: brinda novas oportunidades académicas e de formación, profesionais e de mercado, de diversión e ocio, e sobre todo, de comunicación e relación interpersonal (Rial, Gómez, Picón, Braña y Varela, 2015); un medio extraordinario para o público adolescente para conectarse, interactuar, aprender, divertirse e satisfacer as súas necesidades de ocio e tempo libre...máis info. 

RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS
Un conflito, dentro do contexto familiar, defínese coma o desacordo entre varias persoas sobre diversos asuntos da vida familiar diaria (normas, regras, límites, comportamentos, opinións…) así como as discrepancias entre o que os/as proxenitores esperan dos seus fillos e fillas e o seu comportamento real.
Os conflitos entre pais, nais, fillos e fillas xorden con frecuencia e, en contra do que puidese parecer, poden resultar beneficiosos, pois ben enfocados axudan a fortalecer a relación e a aumentar a seguridade e a confianza, tanto dos pais e nais coma dos fillos/as. A súa repercusión vai  depender da habilidade das familias para resolvelos...máis info.

TAREFAS ESCOLARES
Poderíase dicir que as tarefas escolares son traballos extra que o profesorado asigna ó alumnado para realizalos fóra do horario lectivo, nun prazo determinado e con obxectivos académicos e formativos predeterminados.
Deste xeito, o alumnado practica o aprendido en clase e tamén desenvolve habilidades creativas, de reflexión e críticas, mellora o rendemento escolar, aprende a aprender e a descubrir e pór en práctica as súas propias técnicas de estudo e de traballo persoal, axudando a que sexa máis responsable na súa vida adulta...máis info.

TDAH
O trastorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade (TDAH), é un trastorno que se inicia na infancia e se caracteriza por dificultades para manter a atención, hiperactividade ou exceso de movemento e impulsividade ou dificultades no control dos impulsos.
A característica esencial do TDAH é un patrón persistente de desatención e/ou hiperactividade- impulsividade, máis frecuente e grave que o observado habitualmente en suxeitos dun nivel de desenvolvemento similar, polo que hai que distinguir o TDAH de comportamentos propios da idade en nenos/as activos, retraso mental, situación de ambiente académico pouco estimulante e suxeitos con comportamento negativista desafiante...máis info.






Comments