Guía de usuarios
Biblioteca Escolar CPI San Vicente. A Baña

BIBLIOTECA ESCOLAR

CPI SAN VICENTE -  ABAÑA

 

             

Hola, amigos e amigas. Eu son o sapo Manolo, a mascota da nosa biblioteca, e estou aquí para convidarvos a visitarme sempre que queirades.

Aínda que os sitios húmidos son os meus preferidos, atópome feliz e contento brincando de libro en libro, de aventura en aventura: así xogo cos Bolechas, coñezo como son os sapos de todo o mundo, fago rir a Kika superbruxa, aprendo con Teo, viaxo ó metamundo coas Witch e a  Narnia con  Aslan, aprendo trucos fantásticos con Harry Potter,  emociónome coa poesía de Rosalía e namoro a canta rá se me pon por diante lendo versos de “Romeo e Xulieta”. O único problema é que me sinto algo soíño. Vide verme, por favor…

  

A nosa biblioteca é fácil de coñecer.

Sabes desenvolverte por ela?

 

Para axudarte tes a cinco profes encargados que estarán alí para axudarche. Na mesma porta da biblioteca tes o seu HORARIO.

 

Os libros están para que ti os mires, os toques, os ulas e curiosees neles. Se finalmente algún che interesa podes levalo e lelo con calma.

 

Os libros están ordenados ALFABÉTICAMENTE polo apelido do autor ou autora. Se non estás seguro do lugar que debe ocupar un libro os profes encargados da biblioteca  devolverano encantados ó seu sitio, non te preocupes.

 

PRÉSTAMO

 

Como ben sabedes, podedes levar a casa ata 3 libros para ler nun prazo de 15 días.

¿Sabes como tes que facer para levalos?

Agora cho explico:

1.- O primeiro que tes que facer é escoller un libro -con calma eh!-, mira moitos ata que deas co que máis che apeteza.

Cando o teñas escollido, colle o teu carné e méteo dentro do libro. Os dous xuntos deben quedar depositados no carro dePRÉSTAMO.

 

Ao día seguinte, cando haxa un profe na biblioteca (o recreo sempre é boa hora) volve pola biblioteca, o libro que escolleches, co teu carné dentro, te esperará  no carro de RECOLLIDA. Cólleo, xa podes levalo.

 

Na última páxina atoparás unha ficha onde verás apuntada a data na que o tes que devolver.

 

Se non tes tempo de rematar a lectura antes dos quince días, non te preocupes. Deixa o libro outra vez na CARRO DE PRÉSTAMO, e  os profes renovarán o libro para ti por quince días máis.

 

 Se xa o remataches, déixao no ANDEL DE DEVOLUCIÓNS e os encargados da biblioteca devolverano ó seu lugar.

 

E, non o esquezas, ANTES DE MARCHAR, BUSCA OUTRO LIBRO para continuar a AVENTURA DE LER.