CONTAMOS MOITO
Selección de lecturas para ler en familia

Si yo fuese muy alto

 

Antonio Mota e André Letria

Kalandraka 2004.

 Esconderse entre as nubes, atrapar globos perdidos, caminar entre as ondas do mar... todo iso e moito máis pode facerse se se fose moi alto.

 Si yo fuese muy delgado

Antonio Mota
Ilustraciones de André Letria
Pontevedra: Kalandraka, 2005

Na mesma liña de Si yo fuese muy alto. Si yo fuese muy delgado foi galardonado co Grand Premio Gulbekian de Literatura para nenos na modalidade de libro ilustrado. Invita aos lectores a adentrarse nun mundo de fantasía e fenómenos imposibles.

  Xaime e as landras

Xaime plantou unha landra, pero...
antes de que puidese medrar un esquío
desenterrouna e agachouna.
Xaime plantou unha landra,
Xermolou e agromou da terra, pero...

Así comeza unha sucesión de esceas, narradas de xeito áxil, breve e repetitivo. Xaime non se dá por vencido cando a súa primeira landra non crece: planta outra pero os animais písana, rabichan os gromos da que empezaba a nacer; os cativos estragan a planta que xermolara doutra semente, os madeireiros talan a árbore que chegara a facerse alta e forte... ata que a enésima landra que plantou Xaime convértese co paso do tempo nun carballo robusto que dá como froito...máis landras.
Trátase dunha narración sinxela e tenra, que trata sobre a vida mesma e mailas súas circunstancias... As ilustracións de Inés Vilpi son o complemento ideal.

Conto para contar mentres se come un ovo frito

Pep Bruno

Mariona Cabassa

Kalandraka 2002.

A historia do ovo que puxo a galiña Anselma para que o comese Xan.Vai ir pasando por diferentes mans, a tía Helena, a avoa, o alcalde e o rei. Xan tarda tanto en comer o ovo que todos acaban petando na súa porta para poder degustalo, xa que teñen fame. Finalmente, Xan zampa o ovo.

As ilustracións son de Mariona Cabasa. A perfecta lectura para aqueles nenos e nenas que tardan TAAANTO en comer un ovo frito.

As trenzas do avó

Nuria Figueras, Roger Olmos. Kalandraka 2002.

O avó Serafín ten un bigote moi, moi longo e fai con´el días trenzas. Cando lle cheguen ao chan pensa cortalas pro o zapateiro se encarga de evitalo engadíndolle sólas aos seus zapatos. Unha historia divertida e cunhas ilustracións moi orixinais. 

 

Leopoldo e Casilda

Daniela Kulot

Factoría K, 2007.

Leopoldo ten unha mamá que sempre senta con el á noitiña e Ile conta contos marabillosos... ...Casilda ten un papá que Ile ata un laciño no pelo todas as mañás.
A historia dunha dobre amizade: a dos pequenos Leopoldo e Casilda, e a dos seus respectivos nai e pai. Pequenos e adultos gozan da compañía mutua e constrúen pouco a pouco os alicerces dunha nova familia.
Preciosas e tenras ilustracións.

 Aquiles o puntiño

Aquiles representa o puntiño é moi inquedo, transfórmase continuamente: faise crecer os ollos, a boca o nariz, as orellas, os brazos e as pernas.
Non importa tanto a clase de ser vivo que é Aquiles. A proposta plástica creada con gran talento por Marc Taeger non aclara o xénero ao que pertence. Pero o texto e maila imaxe deixan perfectamente claro dende as primeiras páxinas que Aquiles posúe unha gran personalidade, con moita iniciativa e unha enorme sensibilidade.

Sacapenas

Bieito sempre estaba preocupado. Preocúpase polos sombreiros e polos zapatos. Preocúpanlle as nubes, a chuvia e os paxaros xigantes. A súa avoa, cando era nena, tamén se preocupaba por todo, por iso ela sabe moi ben como axudar ao seu neto.

Chocolata

Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala.
Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión nos hábitos urbanos máis tópicos, actuales e recoñocibles desde a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida.
Un relato sobre as ilusións, os desexos, a amizade, a importancia da experiencia e o valor do que temos moi perto.
Un álbum non que o texto e a ilustración xogan a complementarse de tal xeito que unha lectura sen imaxes nos evocarla unha historia diferente.

 

 A princesa que bocexaba a todas horas

A princesa non facia máis que bocexar e, como os bocexos son tan contaxiosos, todo o palacio andaba coa boca aberta: o rei, a raíña, os minístros..., ata o gato e o can do xardineiro boquexaban.
O rei trataba de contentar a súa filla con todo o que tiña ao seu alcance, pero os seus intentos eran ínútiles. Un día, mentres paseaba polos xardíns, o fillo dun críado de palacio achegouse á princesa e...
Un conto para axudar os nenos a recoñecer os valores que Iles farán gozar da infancia, nunha sociedade a miúdo ameazada polo consumo, que esquece a relación, o xogo tradicional e a experimentación como actividades indispensables para coñecer o mundo e establecer lazos afectivos.