CÓMIC PRIMARIA


Selección de cómic para EDUCACIÓN PRIMARIA

< xml="true" ns="urn:schemas-microsoft-com:vml" prefix="v" namespace="">< xml="true" ns="urn:schemas-microsoft-com:office:office" prefix="o" namespace="">

¡ Yotsuba!
Autor/es: Azuma, Kiyohiko
Editorial: Norma 2005
Serie: ¡Yotsuba!

Queres coñecer á nena máis gamberra de Xapón?  Yotsuba vive nun novo barrio, vai de compras, caza cigarras, xoga baixo a tormenta e intenta evitar o quecemento da Terra.


ADA
Autor/es: Vanloffelt, Regis / Hautière, Pierre / Lapone, Antonio
Editorial: Dibbuks 2007

ADA, a Axencia de Detectives da Antigüidade, é unha asociación de dous arqueólogos con métodos de traballo totalmente opostos que se ven envoltos nunhas aventuras do máis sorprendentes.

Astro, valente explorador
Autor/es: García, Santiago / Olivares, Javier
Editorial: A.C.X. BD Banda 2005
Serie: Astro

Recompilación das aventuras de Astro, un rapaz dedicado á exploración espacial de andar por casa.

Astro-Ratón y Bombillita
Autor/es: Solís, Fermín
Editorial: Bang 2008
Serie: Mamut

Primeiro número da colección “Mi primer cómic”.

 

Astro-ratón e o seu pequeno amigo viven disparatadas aventuras cheas de sorpresas.


Azuki 1
2007

Un novo compañeiro chegou á clase de 5º-2 de Azuki. O seu nome é Yunosuke, e é un chico fora do normal. Desde entón o corazón de Azuki late moi forte. Acaso é iso amor? Será o primeiro amor de Azuki?



Bran, el invisible
Autor/es: Risso, Eduardo / Trillo, Carlos
Editorial: Norma 2005
Serie: Los misterios de la Luna Roja

Unha ambiciosa aventura de tintes épicos na que dous mozos deberán superar os seus medos para reconquistar as súas vidas e descubrir o seu lugar no mundo.


Brujeando. ¡Se acabó la magia!

Brygia, Sortiléga e Walpurgis son tres bruxas solteironas e atoladas que viven alleas ao mundo moderno e os seus progresos. Ata que un día a pequena fada Hazel escapa do seu país e pon patas arriba a vida destas vellas bruxiñas.


Courtney Crumrin
Autor/es: Naifeh, Ted
Editorial: Norma 2007

É solitaria, desagradable, non ten amigos e está empezando a dar os seus primeiros pasos no mundo da bruxería. A historia explica as andanzas dunha moza, Courtney, trala súa chegada a un elegante barrio, onde entrará en contacto cun mundo oculto poboado por bruxos, feiticeiros e as horripilantes “Criaturas da Noite“.


Esther y su mundo
Autor/es: Campos, Purita
Editorial: Glénat 2007
Serie: Esther y su mundo

Reedición do "tebeo para nenas" creado fai máis de tres décadas pola debuxante Purita Campos e protagonizado por unha adolescente pecosa coa que se identificaron numerosas rapazas lectoras dos anos 70 e 80.


Examen sorpresa
Autor/es: Erroc / Pica
Editorial: Rossell Fantasy Works [2005]
Serie: Los profes Alfi, Rolfo

Aventureiros modernos: ¡OS PROFES!. O novato profe de Historia, o profe de ximnasia sobrevitaminado, a profe de francés sexy, o queimado e canso profe de filosofía e o vello profe de inglés na súa cruzada contra a ignorancia e o pasotismo.

Fiz.
Autor: Kiko da Silva.

Editorial: Factoría k de Libros 2006.

 

Fiz semella o neno máis porco do mundo. Encántalle facer bonecos con mocos, falar con zurullos e darlle de comer ao retrete...


Kid Paddle. Juego de villanos.

 

KID PADDLE é a serie máis lida dende hai años nas páxinas de EL PEQUEÑO PAÍS, foi traducido a 12 idiomas e protagonizou a súa propia serie de TV. Norma Editorial publica os álbumes orixinais que xeneraron este fenómeno mediático.


La ley del patio
Autor/es: Zep
Editorial: Salvat [2005]
Serie: Titeuf

Titeuf (oviño) é un personaxe de historieta creado polo debuxante orixinario de Xenebra Philippe Chappuis, mellor coñecido como Zep. titeuf é un rapaz calquera a través do cal Zep nos amosa a visión que teñen os nenos das actitudes e as institucións dos adultos.

 


La mazmorra
Autor/es: Trondheim, Lewis / Sfar, Joann
Editorial: Norma 2000-2001
Serie: Cimoc extra color

La mazmorra é lóbrega, está habitada por horrendos monstruos, plagada de fabulosos tesouros. Os máis grandes aventureiros van alí a conseguir eses tesouros ou a morrer no intento.

Las aventuras de Tom
Autor/es: Torres, Daniel
Editorial: Norma 2000
Serie: Daniel Torres

Un simpático dinosauro vive divertidas aventuras no mundo moderno.



Los tres caminos
Autor/es: Trondheim, Lewis / García, Sergio
Editorial: Sinsentido [2006]
Cada un debe seguir seu propio camiño: o riquísimo John McMac, a pequena Roselita e o robot H. Deuzio.
Pero resulta que os camiños dos tres se cruzarán e as súas historias tomarán vías inesperadas.

Lou!
Autor/es: Neel, Julien
Editorial: Glénat 2008
Serie: PetitGlénat

 

Lou é unha nena divertida, soñadora, romántica e, moi a seu pesar, demasiado responsable. Pero, súa nai é un desastre para as cuestións prácticas da vida. Unha historia entrañable, divertida e incisiva que narra o día a día de nai e filla, coas súas penas e alegrías.


Nepal y Japón
Autor/es: Jihye, Kim / Cheor-Hui, Kim
Editorial: Glénat D.L. 2008
Serie: Los divertidos viajes de Pucca

Pucca é a nena máis doce do restaurante Goryeong. Encántalle a comida chinesa e está namorada do seu amigo Garu. Neste volume dos divertidos viaxes de Pucca, ambos descubrirán as maravillas dun dos países máis grandes e fascinantes del mundo: China.
Hai moitos libros de historia e xeografía, pero poucos son sinxelos ou divertidos e falan aos nenos no seu idioma.


O castelo regadeira

Autor: Norberto Fernández
Editorial: El Patito Editorial 2008.

 

Xiana é unha princesa adolescente que non se comporta como tal, vive nun castelo encima das nubes e a acompañan uns amigos, cada cal máis divertido e interesante.




Os amigos de Archimboldo Roque
Autor/es: Fernández Serrano, Jacobo
Editorial: Faktoría K de libros 2008

Edición Recompilación das surrealistas aventuras de Archimboldo Roque e os seus amigos publicadas na revista Golfiño.


Os compañeiros. A orde da pedra
Autor: Miguelanxo Prado.

Editorial: El Patito Editorial 2008

 

Recompilación das tiras publicadas por Miguelanxo Prado en La voz de Galicia durante os anos 1980 e 1981.

 


Primeras clases
Autor/es: Cauvin, Raôul / Laudec
Editorial: Salvat 2002
Serie: Cedric.

Primeiro capítulo das divertidas aventuras de Cedric, coñecido tamén pola serie de dibuxos televisivas de gran éxito.


Sabía que te encontraría
Autor/es: Lyfoung, Patricia
Editorial: Rossel Fantasy Works [2006]
Serie: La rosa escarlata.

Unha xoven que vive na Francia do século XVIII prefire a esgrima aos bailes, e persigue a un misterioso ladrón que deambula por Paris roubando aos ricos.

Sin familia
Autor/es: Dégruel, Yann
Editorial: Rossell Fantasy Works [2005]
Serie: +amigos.

 2 TOMOS

Thom
Autor/es: Meixide, Andrés
Editorial: Kalandraka 2004
Serie: BD Banda (Kalandraka)

Recopiacióm das tiras cómicas de Thom publicadas na revista Golfiño polo debuxante Meixide.


Tito Longueirón

Autor: Pinto & Chinto.

Editorial: Kalandraka.

Serie: BD Banda 2007

Futbolista, piloto de carreiras, saltador de lonxitude, boxeador, regatista, esquiador... Ningún deporte ten segredos para Tito Longueirón, o atleta máis completo da historieta. Sobre todo pola súa tendencia a facer pequenas trampas.

Una escuela superdivertida
Autor/es: Marmelade / Coppée, Thierry
Editorial: Rossell Fantasy Works 2005
Serie: Las bromas de Totó
Materias: Cómic

Divertidas aventuras de Totó na escola.

Vampir va al colegio
Autor/es: Sfar, Joann
Editorial: Alfaguara [2005]
Serie: Alfaguara infantil

Vampir, fillo do holandés errante e dunha vampiresa, abúrrese na casa a pesar de estar na compaña dos monstruos e de seu can Fantomate. Quere ir á escola. O malo é que ten que ir de noite e así nunca terá amigos da súa idade.

Vilaverzas
Autor/es: Robledo, Miguel
Editorial: Faktoría K de Libros 2006
Serie: Colección BD Banda (Faktoría K de Libros)

Benvidos a Vilaverzas. reducide a velocidade. Durante a travesía podedes atopar no camiño con vehículos extraños a diversas velocidades, criaturas que cruzan a calzada entonando pegadizas cancións, nenos enredados en aventuras diversas e numerosos lugares pintorescos.

 

Niño malo

Autor: Víctor Giménez

Editorial: Glenat.

Un pequeno diaño precoz, un Todopoderoso borrachín, un curioso equipo de deportistas e un neno de conducta anxelical son os protagonistas desta historia na que as cousas non sempre son o que parecen.

 

Las aventuras de Spirou y Fantasio

Autor: Morvan y Munuera

Editorial: Planeta

Las Aventuras de Spirou y Fantasio é unha lectura obrigada para todo aquel amante do bó cómic europeo. Todos disfrutan das atoladas aventuras dese reporteiro con traxe de botóns de hotel que durante tantos anos fixo as delicias de millóns de lectores.

 

 

 

Tomás el gafe

Autor: Franquin, André

Editorial: Planeta.

Outro personaxe emblemático do cómic francés, torpe e adorable, quen consigue arrincar, coa súa inesgotable torpeza e mala sorte, máis dunha gargallada entre pequenos e maiores.