Proba clasificación


 

 

Según a Circular 5/2009  O novo alumnado que teña coñecementos previos e desexe matricularse na modalidade presencial nun curso distinto de primeiro deberá realizar a correspondente proba de clasificación,coa que poderá ter acceso directo a calquera curso da nova ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime xeral. Ademais do novo alumnado presencial poderá matricularse o antigo alumnado que non estivera cursando estas ensinanzas nos 2 últimos cursos académicos na modalidade presencial.

Os aspirantes ás probas de clasificación deberán ter, de acordo co artigo 59.2 da Lei Orgánica de Educación, dezaseis anos no momento da inscrición nestas ou cumprilos antes do 31 de Decembro dese mesmo ano,se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario obrigatorio, e catorce anos de non ser así.

INFORMACIÓN PARA AS PROBAS DE 2017

A proba de clasificación (antiga proba de nivel) está pensada para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais da EOI e xa ten coñecementos previos. A proba de clasificación diagnostica o seu nivel de acceso, de tal xeito que se poden comenzar os estudos por un curso superior ao primeiro.

 

CONSIDERACIÓNS PREVIAS

 Se está considerando presentarse á proba de clasificación debe saber que:

  • a proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, senón que estritamente fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos da EOI na modalidade oficial
  • a proba de clasificación non outorga automaticamente unha praza: o alumnado deberá optar ás prazas na EOI mediante o procedemento de preinscrición
  • non poderán facer a proba de clasificación os alumnos matriculados no mesmo idioma nos dous anos académicos inmediatamente anteriores
  • a proba daralle acceso a un curso concreto e só a ese curso; isto quere decir que non poderá matricularse nun curso inferior ou superior ao que indique a proba
  • a proba terá validez para matricularse na modalidade oficial neste curso e no seguinte
  • se a proba lle dese acceso a un nivel xa cursado e/ou superado anteriormente, a proba quedará sen efecto
  • para acceder aos estudos das EOIs, incluso a través da proba de clasificación, deberá cumprir os requisitos de idade das EOIs (16 anos cumplidos no ano natural de comezo dos estudos se o idioma é o mesmo que o cursado na ESO como primeira lingua estranxeira; 14 anos se é un idioma diferente)

 

PRAZO DE INSCRICIÓN NA PROBA DE CLASIFICACIÓN

A inscrición na proba de clasificación ten lugar entre o 15 e o 30 de maio ,

Aquelas persoas que desexen realizar a proba na SECCIÖN de CULLEREDO terán que facer a inscripción na EOI Coruña. 

IMPORTE DA PROBA DE CLASIFICACIÓN

A taxa para inscribirse nesta proba é de 17 € por idioma. Hai exencións para familias numerosas, alumnado con minusvalía e similares. Aquí pode consultar información detallada sobre as taxas.

O impreso para o pago pódese recoller na conserxería da EOI Coruña ainda que desexan realizar a proba na Sección de Culleredo.

 

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS

Para formalizar a súa inscrición nas probas de clasificación deberá:

  1. Descargar o  formulario de inscrición e cumprimentalo; deberá cubrir un impreso por cada idioma ao que se presente.
  2. Pagar a taxa correspondente.
  3. Presentar na secretaría da EOI, dentro do prazo establecido, a seguinte documentación: 
  • o/s formulario/s de inscrición debidamente cumprimentado/s
  • unha copia do seu documento de identidade (xunto co orixinal)
  • e o resgardo do pago da taxa (consulte  aquí o horario da secretaría).

 

CALENDARIO DAS PROBAS DE CLASIFICACIÓN.

Inglés : 15 de Xuño ás 17:00h 

GUÍA DA PROBA DE CLASIFICACIÓN.  Premer aquí para ver a guía