Preguntas frecuentes


 

INICIO

MATRÍCULA

 

...?

 Relativas á oferta educativa e á matrícula

Qué Idiomas se poden cursar na Sección da EOI en Culleredo?
 Inglés
Cando se poden iniciar os estudos na EOI e en qué idioma/s?
- A partir dos 14 anos (cumpridos no ano natural), nun idioma distinto ao que se cursa como primeira lingua estranxeira na ESO.
- A partir dos 16 anos (cumpridos no ano natural) , calquera persoa en calquera idioma.
Como se accede aos estudos da EOI?
- Por proba de clasificación: se vostede ten coñecementos do idioma, debe presentarse á proba de clasificación. A matrícula desta será no mes de Maio  e as probas terán lugar no mes de Xuño . Con esta proba vostede accederá a calquera dos niveis segundo os seus coñecementos. Ten unha validez de dous cursos.
- Por validación: pode consultar a táboa de validacións para acceder a cursos superiores dun idioma.
Qué teño que saber sobre a matrícula?
- Matrícula oficial: faise en dous períodos: xuño-xullo e setembro. Datas: as
datas serán enviadas dende a Consellaría para todas as EOI de Galicia    e publicadas nesta web.     
- Matrícula libre: realízase durante o mes de abril, normalmente entre os días 1 e 21. Nesta modalidade o alumnado só ten dereito a facer o exame, non hai clases nin titorías. As probas libres coinciden coas de certificación dos oficiais e fanse ao rematar de cada nivel (Básico, Intermedio, Avanzado).
-Renuncia á matrícula: pódese renunciar á matrícula ata o día 30 de abril.Chega con solicitalo por fax, mail ou na administración da EOI,especificando os seguintes datos: nome completo, DNI, idioma e curso. Arenuncia a matrícula oficial serve para non esgotar convocatorias, mais nonimplica a devolución de taxas.
- Convocatorias: cada persoa ten dereito a catro matrículas por nivel ( como cada nivel inclúe dous cursos, pódese repetir dúas veces por nivel).  DOG, 9 outubro 2007, RD 191/2007: “A permanencia en cada nivel das ensinanzas de idiomas na modalidade presencial será, como máximo, do dobre da duración establecida na normativa vixente para cada nivel  dos diferentes idomas".
Qué tipos de cursos e horarios existen na Sección de Culleredo?
- Cursos anuais: son cursos presenciais, con clases de  hora e media, tres días por semana. Consultar oferta grupos para curso escolar.    
- Cursos intensivos ou cuadrimestrais: son cursos presenciais intensivos con clases duas horas todos os días agás do venres que teñen una hora. É a modadilidade na que se pode cursar tanto o primeira curso como o segundo dun nivel no mesmo curso escolar.  
No primeiro cuadrimestre cursaríase o 1º curso de Básico, Intermedio ou Avanzado tendo un examen final en Xaneiro. De teren aprobado ese examen pasaríase a cursar o 2º curso do nivel correspondente durante o 2º cuadrimestre do curso. Consular oferta de grupos para horarios.