Probas de Certificación 


 

Inicio

 


GUÍAS DO CANDIDATO 2015



IMPORTANTE:

É aconsellable que estean con 15 minutos de antelación á parte correspondente.

 

Unha vez pechada a porta da aula non se permitirá o acceso a ningún candidato.

Todos  os alumn@s libres deberán traer o resgardo de matrícula e DNI.

Certificación de Básico

Duración e distribución  da proba 
 

Certificación de nivel Básico

 16:00 Entrada das persoas candidatas á aula asignada

 Comprensión de lectura: de 16:10 a 17:00 ( máx.50 minutos )
Pausa : 10 min.
Expresión e interacción escrita: de 17:10 a 18:00 ( máx.50 min. )
Pausa: 10 min.
Comprensión Oral : de 18:10 a 18:40 (máx. 30 min.)
 

Certificación Intermedio


 Duración e distribución da proba 

Certificación de nivel intermedio


16:00 Entrada das persoas candidatas á aula asignada

16:10 Comprensión de lectura (60 minutos)


17:10 Pausa (10 minutos)

17:20 Expresión e interacción escrita (75 minutos)

18:35 Pausa (10 minutos)

18:45 Comprensión oral (40 minutos)


19:25 Fin da proba




Certificación Avanzado

 Duración e distribución da proba 

Certificación de nivel avanzado

16:00 Entrada das persoas candidatas á aula asignada. Comprobación da identidade na aula

 16:10 Comprensión de lectura (60 minutos)

17:10 Pausa (10 minutos)

 17:20 Expresión e interacción escrita (90 minutos)

18:50  Pausa (10 minutos)

19:00  Comprensión oral (40 minutos)

 19:40 Fin da proba




Na convocatoira de Setembro os candidatos só terán que se presentar ás destrezas que teñan suspensas. 
As persoas con matrícula libre NON terán convocatoria de setembro.

Os alumnos libres deberán traer o resgardo de matrícula.

IMPORTANTE:

É aconsellable que estean con 15 minutos de antelación á parte correspondente. 

Unha vez pechada a porta da aula non se permitirá o acceso a ningún candidato.


a Guía di : "Será responsabilidade das persoas candidatas entrar puntualmente en cada unha das partes da proba".

"Á hora sinalada para o comezo da proba , despois de pedirlles que lle dean a volta ao exame , non se permitirá que ningunha persoa candidata acceda á aula ata a seguinte parte da proba".( Guía de Administración das Probas de Certificación)



7. OBRIGAS DAS PERSOAS CANDIDATAS ( Guía do candidato niveis Intermedio e Avanzado )

As persoas candidatas deberán :
  • Ser puntuais e presentarse na aula onde se realizarán as probas á hora indicada na convocatoria. Non se permitirá a entrada na aula a ningunha persoa candidata despois do último chamamento.
  • Presentar o DNI , pasaporte ou calquera outro documento acreditativo da identidade cando lles sexa requirido na aula de exame.
  • Presentar o resgardo da matrícula ( persoas candidatas de matrícula libre)
  • Usar bolígrafo azul ou negro para a realización do exame porque as probas escritas con lapis ou emendadas con fluido ou cinta correctora non serán cualificadas.
  • Manter apagados os teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo electrónico durante toda a proba.
  • Asinar a entrega de cada parte da proba.
  • Abandonar a aula con discreción.
  • Permanecer en silencio fóra da aula para non molestar as demais persoas que continúen realizando a proba.
 

Exemplos de probas de certificación de outras comunidades: podedes facer algúns destes exercicios on-line.

Galicia

Todos os niveis e idiomas

 

Andalucía (Nivel Intermedio, Avanzado e C1)

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/web/educacion-permanente/idiomas

 

Aragón (Nivel  Básico, Intermedio e Avanzado)

http://eoihuesc.educa.aragon.es/

 

Asturias (Nivel  Básico, Intermedio e Avanzado)

http://www.educastur.es/index.php?option=com_content&task=view&id=2708&Itemid=54

 

Cantabria (Nivel Básico, Intermedio, Avanzado, C1)

http://www.educantabria.es/1258-planes/potenciaciondelenguasextranjeras/pruebas-estandarizadas/39713615-ingles-pruebas-idiomas.html

 

Cataluña (Nivel Intermedio, Avanzado e C1)

http://ensenyament.gencat.cat/ca/serveis_i_tramits/proves/proves_lliures_obtencio_titols/convocat_ordinaria_idiomes/mostres_proves/angles

 

Euskadi (Nivel  Básico, Intermedio e Avanzado)

http://www.eoieuskadi.net/es/pcertificacion.php?pag=modelos

 

Madrid (Nivel Básico, Intermedio e Avanzado)

http://www.educa2.madrid.org/web/eoi/pruebascertificacion?p_p_id=advanced_content_menu_WAR_cms_tools_INSTANCE_y6qT&p_p_lifecycle=0&p_p_state=maximized&p_p_mode=view&_advanced_content_menu_WAR_cms_tools_INSTANCE_y6qT_struts_action=%2Fadvanced_content_menu%2Fview&_advanced_content_menu_WAR_cms_tools_INSTANCE_y6qT_selectedTab=1285145707058

 

Murcia (Nivel Básico, Intermedio e Avanzado)

http://www.educarm.es/admin/webForm.php?ar=637&mode=visualizaAplicacionWeb&aplicacion=ARTISTICAS_IDIOMAS&web=92&zona=PROFESORES&menuSeleccionado=418

 

Valencia (Nivel Básico, Intermedio e Avanzado)

http://www.edu.gva.es/ocd/areaord/val/ordenacion_idiomas.htm