Exames


 Convocatorias Probas Orais


EXAMES

Formato e valor

CURSOS PARES


  • Examinaranse as 4 destrezas (listening, speaking, reading e writing) por separado con 25% do total para cada unha delas.
  • Para aprobar é necesario ter, como mínimo 15% en cada destreza e un 60%
    do total.

  • Haberá unha proba de progreso que soamente terá valor ORIENTATIVO e
    unha proba final de certificación cun valor do 100%.

  • Non existe a avaliación continua.

  • NON se fai media e é necesario aprobar TODAS as destrezas para conseguir o título.

  • Se se suspende, pódese solicitar un certificado que acredite o seu nivel naquelas destrezas que si aprobou.

  • Os alumn@s libres só terán convocatoria de Xuño.

 

 

CURSOS IMPARES

  • Examinaranse as 4 destrezas (listening, speaking, reading e writing) por separado (non fan media entre elas)

  • Cada unha terá un valor do 25% do total.

  • Haberá unha proba de progreso cun valor máximo de 30% da nota final e unha proba final de promoción cun valor do 70%.

  • Se os resultados da proba de promoción son mellores que na de progreso, a proba final tería un valor do 100%.

  • Se o alumno perdeu o dereito á avaliación continua, a proba final de promoción terá un valor de 100%.

  • Tamén poderá terse en conta un 10% extra pola avaliación continua.
  • Gardaranse as destrezas aprobadas para setembro. Pero non dun curso para outro. (Se se repite, é con TODAS as destrezas).

  • Para aprobar hai que ter un mínimo do 15% en cada destreza, con todo,
    un alumno cunha destreza suspensa (mínimo 10%) ao que a suma total lle de 60%,
    aprobará.