PREMIO PROVINCIAL VOZ NATURA (curso 2011-2012)

LUGO. CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS (CELEIRO)
«Xogando a reforestar». En Celeiro (Viveiro) este colexio creou a súa propia aula de natureza con talleres de tratamento de residuos e reciclaxe. Reconstruíron unha biocenosis en forma de charca e realizaron plantacións e reforestacións dentro e fóra das súas intalacións. O comité científico recoñece co premio «a atmosfera de protección ambiental tan positiva que se respira no centro e a participación e compromiso de toda a comunidade escolar». INFORMACIÓN OBTIDA DO SEGUINTE ENLACE

VÍDEOS DA FESTA VOZ NATURA E ENTREGA DE PREMIOS

   

Neste curso o equipo de Voz Natura, constituído por todos os mestres do centro, conseguiu o Premio Provincial e estamos emocionados con este galardón que recibiremos o sábado día 2 de xuño na festa que organiza Voz Natura en Coruña.

        Para esta ocasión enviaremos unha carpa a modo de bosque, na que albergaremos unha proxección de imaxes para que os visitantes coñezan todos as actividades  que levamos ideando  durante anos e especialmente as que fixemos este ano. Ademáis  para este desplegue de medios   o Concello deixanos un camión para levar tamén a árbore xigante de E. Infantil, a árbore da biblioteca e as súas ramas, os vermes de seda, o libro das árbores e o herbario,...

     Toda esta labor sería imposible sen a colaboración de todos: Concello, ANPA, familiares, coidadora, conserxe, limpadora, mestres e especialmente ALUMNOS/AS, pero tamén todos os que colaboraron en anos anteriores.

             Gracias e noraboa a todos/as.

            Aínda que temos máis de 500 fotografías relacionadas con Voz Natura, aquí deixamos unha mostra das que pensamos máis representativas.




Subpáginas (1): FESTA FINAL de VOZ NATURA