PORTADA

Benvidos á páxina web do DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA DO IES MARÍA SARMIENTO. Aquí poderedes atopar información tanto dos contidos que traballamos nas nosas clases coma das distintas actividades nas que participemos


Profesores do departamento de E.F. do IES MARÍA SARMIENTO
- Francisco Basanta Barro
- Mari Luz Fernández Díaz

PLAN PROXECTA
Dende este curso escolar (2017-18), o noso departamento forma parte do Plan PROXECTA que promove a Consellería de Educación en colaboración con outros organismos.  Concretamente estamos a participar na modalidade de PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO-CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES  

O obxectivo do programa é o de actuar (o centro escolar) como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados). Buscamos que o 100%  dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no- lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, ase como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física de calidade.

 O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.


Dentro de este plan, o centro tamén forma parte da plataforma DAFIS que é unha ferramenta que permite o rexistro e comparación de datos de probas físicas  (sempre respectando o marco da confidencialidade) para poder previr problemas de saúde.
Con este proxecto pretendemos facer do IES MARIA SARMIENTO un centro activo físicamente no que calquera alumno/a  poda atopar un deporte ou actividade física que lle goste, sabedores como somos, da relación directa entre deporte e saúde.

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO

Subida ó monte Silvarosa: 
O martes día 19 de Xuño, o alumnado de 2º da ESO realizou a subida andando ó monte da Silvarosa, 12 kms a pé no que puidemos disfrutar dunha paisaxe incomparable e dunha pequena lección de historia sobre as minas. 


Bautismo de Surf:
O alumnado de 4ºESO e 1º BACHARELATO tivo a oportunidade, este luns 18 de Xuño,  de tomar contacto con esta disciplina deportiva que conta nas nosas costas cun lugar privilexiado para súa práctica




Voleibol nos RECREOS: 
Logo de que o tempo nos concedese unha tregua, voltamos ó voleibol nos recreos...os alumnos poderán xogar e tamén competir nesta modalidade deportiva que cada vez gaña máis adeptos no noso instituto...


Charla para a promoción do piragüismo:
A federacion galega de piragüismo está a promocionar este deporte,  para isto contamos, o pasado 30 de Maio, con Rodrigo (do Clube de piragüismo de Viviero) que nos veu falar desta actividade 


Campionato de baloncesto:
Debido á falta de tempo non puidemos facer campionatos máis longos....esperemos que a vindeira tempada sexa diferente... 
  1. Categoría absoluta: Cunha participación de seis equipos os gañadores da liga foron os PARRA´S TEAM

  1. Categoría primeiro ciclo da ESO: Minicampeonato do KO con catro equipos e unha única xornada... hai que repetir!!!

Colaboración do departamento na viaxe a Manzaneda cos alumnos de 1º ESO: 
Como en anos anteriores os membros do departamento, xunto coa profesora de inglés Josefa Barreira,  acompañaron ós alumnos de 1º ESO na súa viaxe a Manzaneda  para disfrutar de actividades na contorna natural.
Se queres ver mais fotos desta viaxe preme aquí

Excursión á neve cos alumnos de 3º da ESO:
Logo de non poder ir na "primeira convocatoria" polo mal tempo, despois de semana santa partimos cara Valgrande-Pajares para disfrutar de tres días na estación.

 Se queres ver máis fotos desta viaxe preme AQUÍ

Campionato de futbol sala: 
  1. Categoría absoluta: Rematou o campionato de fútbol sala deste ano na categoría sénior. O equipo vencedor foi TUSA que se impuxo na final aos xogadores de HEUNG MING na tanda de penalties. Felicidades a todos os participantes da competición
    Aquí tedes as fotos das semifinais que se disputaron entre PORROTINAIKOS-TUSA e HEUNG MING-BAZAQUI NAZARIO
  2. Categoría PRIMEIRO CICLO DA ESO: 


Semana de RCP: Un ano máis, comprometidos para que os nosos alumnos saiban facer reanimación cardiopulmonar, contamos cos muñecos para a súa práctica. Un protocolo moi simple que axuda a salvar moitas vidas. 

Goal ball: un deporte paralímpico deseñado para persoas cegas, donde dous equipos de 3 persoas tratan de meter gol nunha portería facendo rodar un balón. Alumnos do IES MARIA SARMIENTO coñecen e practican esta modalidade deportiva. 
Se fas click aquí, en tres minutos coñecerás un pouco máis este deporte.

Campionato de fútbol sala: 
Dende outubro vimos celebrando nos recreos o campionato de fútbol sala. En Febreiro entramos xa na fase final logo de rematar a primeira fase de liguilla nos tres grupos que fixemos. O cuadro final é o seguinte: 


Zumba: 
Por cuarto ano consecutivo, Lorena Díaz de Sala 5, colaborou DESINTERESADAMENTE co noso departamento impartindo ZUMBA  aos nosos alumnos de 2º ESO, 3º ESO , 4º ESO e 1º BACHARELATO. Este ano ademáis, fixemos ZUMBA SENTADO (uffff......parecía doado....). Esta actividade ademáis de potenciar as cualidades físicas básicas, axuda a desenvolver a coordinación e a axilidade... perfecto para apoiar a práctica deportiva de calquera outra deporte.



Campionato de tenis de mesa:
Un ano máis celebramos, a finais de Xaneiro e principios de Febreiro, o campionato de tenis de mesa. Este ano houbo moita participación, sobre todo e respecto a anos anteriores, na modalidade femenina (mooooooooolaa). Como novidade, as finais xogáronse no SALÓN DE ACTOS. 





Padel: 
Rapaces e rapazas de 1º de bacharelato e 4º da ESO puideron disfrutar no mes de Decembro desta actividade tan de moda  nas instalacións do Hotel Ego. O padel é un deporte que se xoga por parellas nunha pista pechada na que se poden utilizar as paredes. É unha mezcla de tenis de squash...pero o máis importante é que engancha e a sensación de éxito é inmediata.

Potenciando o remo en colaboración co clube de Remo de Celeiro: 
O clube de remo achegou desinteresadamente ata o ximnasio catro remoergómetros e faláronnos deste  deporte. Esperamos que rapaces e rapazas vexan nesta actividade unha oportunidade para a práctica deportiva



Colaboración na subida ao Monte San Roque para celebrar o Magosto:

Colaboración na celebración do día do peón: 
Concurso de decoración e de baile do peón







Comments