curso 15-16



Para conmemorar este día fixemos dúas actividades:

O luns, 6 de xuño, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso levaron a cabo unha recollida de lixo na praia de Celeiro.
Ademais, dentro do proxecto que están levando a cabo na aula de inglés:

"Que podemos facer para salvar o mar da contaminación?"

Co lixo que recolleron tiveron que ordenalo e clasificalo, rematando coa elaboración dunha escultura cos elementos recollidos. O resultado foi sorprendente xa que a auga podía mover un dos seus elementos.


Remataron esta actividade levando aos diferentes contedores o lixo recollido.

No seguinte vídeo queda recollida esta actividade.


Tamén o luns, 6 de xuño, despois do recreo, os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º curso, elaboraron unhas trampas para as vespas velutinas.
A vespa asiática é unha especie de avispa da familia dos véspidos orixinaria de China. Esta avispa, do mesmo xeito que outras do seu xénero, aliméntase de insectos, pero tamén de abellas, aínda que esta especie é máis agresiva que outras.