curso 16-17


VI Semana Escolar da Árbore e a Auga
Esta actividade é unha iniciativa da Deputación Provincial de Lugo
Acabamos de recibir os exemplares que nos envían dende a Deputación:
  •  Eva, o trasno e o ameneiro, para Infantil
  • Salven os ameneiros, para Primaria
 Ademáis dun pé de ameneiro para plantar o xoves, 30 de marzo.



O XOVES, 30 DE MARZO celebramos este día con moitas actividades:
  • O alumnado de infantil e 1º e 2º curso de primaria plantaron lavanda arredor do parque infantil.
  • 3º curso repuxeron varias roseiras que secaron durante o inverno.
  • 4º curso limparon e recuperaron as plantas das macetas do parque infantil.
  • 5º e 6º curso plantaron o ameneiro que nos enviaron dende a Deputación de Lugo.
Ademais recitamos poemas e tamén estudamos as diferentes árbores e plantas que temos no noso Medio Ambiente.
Foi un día estupendo e aprendemos moitas cousas!!!
No seguinte vídeo podemos ver un resumo da actividade