¿POR QUÉ ? No colexio, alguns compañeiros e compañeiras tiñamos a teima de que os nosos alumnos e alumnas, ainda os que len moito, as veces remataban o colexio sen ter lido alguns libros que nós consideramos importantes dentro da literatura infantil e xuvenil. Tiñamos a inquedanzade que non coñeceran certos personaxes moi famosos , historias ou escritores para nós fundamentais. Ese foi o motivo polo cal decidimos adicar unha parte da dotación económica da biblioteca á compra de grupos de 20 exemplares iguais de libros para cada curso, para que fixeran a lectura simúltanea, na clase co titor. A lectura é en voz alta, e sempre remata con un debate sobre o libro,a modo de club de lectura.
¿COMO? A nosa intención é incrementar estes fondos ata conseguir seis libros por ciclo e alumno/a, de xeito que ao rematar a primaria teñan lido 18 títulso que nós consideramos importantes para a súa formación lectora e literaria. Esta actuación é económicamente gravosa, posto que hai que endadila as compras da biblioteca, que ten que seguir medrando, pero pareceunos imprescindible que leven unha bagaxe literaria ao rematar os estudos primarios. Esta actividade gusta moito aos titores e titoras e colaboran gustosamente.
¿CALES? Os criterios para a selección de libros son variados,e non sempre hai unanimidade entre o equipo de biblioteca. Para a súa elección utilizamos criterios diversos: -que seña un clásico da literatura infantil e xuvenil -que o autor seña moi recoñecido, -que o texto e a presentación señan moi coidados, -que axude a súa educación emocional. -que inclúa diferentes formas literarias -ou que simplemente nos guste moito. Por suposto, esta lista pódese mellorar ou modificar.
A NOSA SELECCIÓN ATA AGORA:
Para 1º Ciclo de Primaria:
Para 2º Ciclo de Primaria:
Para 3º Ciclo de Primaria:
|