Introdución

    Xa temos aquí, á volta da esquina, o Día das Letras Galegas. Este ano adícaselle a Lois Pereiro e imos coñecelo un pouquiño mediante esta webquest.
    Ides ter que mergullarvos na rede para procurar información sobre a súa vida, a súa obra, os seus gustos... Pero non vos asustedes! Non ides ter que facer todo pois imos dividir o traballo en partes e vós formaredes grupos para repartilo.
    Lembrade que xa tivestes que ler o libro de Marcos Calveiro, Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, e del tamén sacaredes información valiosa.