Benvid@s

Queridas familias:

Benvidas e benvidos a este espazo web.

Xa sabedes que a biblioteca do centro ofrece os seus servizos a toda a comunidade escolar, ademáis de funcionar como centro de recursos e de aprendizaxe.

  Este ano continuamos co noso labor de apoio ás actividades docentes, promovendo, dinamizando e activando o interese pola lectura  e queremos facer  cómplices do noso entusiasmo ás familias, conscientes de que o voso exemplo é o mellor modelo que

 podemos ofrecer ás nenas e nenos. Xa sabedes: “Se vós ledes, eles len”

Este curso  queremos por en marcha un novo servizo dirixido a pais e nais, avoas e avós e irmáns maiores. A proposta é moi sinxela,  pero resulta imprescindible a vosa colaboración. Trátase de crear un punto de intercambio de libros,   que vos facilitará o acceso a lecturas que vos interesan xa que veñen “recomendadas” por outros pais/nais.

¿Tendes un libro que vos gustou moito e apetécevos compartilo con outras persoas?

 Traédeo á escola, engadirase á colección de libros “De 13 a 100” para que o leven en préstamo outras familias.

¿QUE TEDES QUE FACER PARA PARTICIPAR?

Só traer ese libro que vos gustou especialmente e deixalo durante todo o curso para que outras persoas o poidan disfrutar.

Aínda que non acheguedes ningún libro podedes levar en préstamo calquera dos que foran aportados a este servizo.


¡ANÍMATE  E... PARTICIPA!.

Entre todos/as conseguiremos contaxiar aos demais o gusto polas boas lecturas.

INFÓRMATE no colexio.

                                             Queremos empezar axiña.

                  Esperamos a túa  colaboración.

 

                                                                                                                                           MOITAS GRAZAS!!                                             

 Equipo de Biblioteca