Noticias‎ > ‎

Copa de la Reina Individual Base- Nacional Conxuntos Base- Copa de la Reina de conxuntos

publicado a la‎(s)‎ 29 nov. 2017 14:37 por carmen blanco
A semana do 22 ó 26 de novembro foi moi intensa para o noso club.

Marta e Lidia participaban no que sería para Lidia o seu primeiro individual nacional e para Marta posiblemente o último. As dúas disfrutaron os seus exercicios. Marta conseguiu colocarse no posto 39 das 66 participantes na súa categoría na Copa da Reina Individual Base.

Na competición de conxuntos de nivel base, o conxunto alevín foi o mellor clasificado, acadando o posto 40 de 81 participantes. Realizaron un  fantástico fin de tempada, despois do seu quinto posto no Euskalgym e dun exercicio moi correcto no nacional. As infantís tiveron algúns desaxustes e foron ó posto 72.

O domingo o conxunto junior non tivo o seu mellor día e ocupou o posto 17 na Copa de Conxuntos de Nivel Absoluto. Aínda así xa é unha honra conseguir unha praza para esta competición e por segundo ano consecutivo, colaborando coas puntuacións das tres fases, ó igual que o noso conxunto infantil absoluto nas dúas primeiras, para que Galicia ocupase un honroso quinto posto por autonomías.

En catro días daremos por finalizada a tempada de conxuntos de nivel absoluto coa participación dos conxuntos benxamin (Escola Pavillón) e infantil, junior e senior (Club Ximnasia Pavillón en Valladolid.

Comments