Noticias‎ > ‎

Competición Mundial por Idades. Sofía (Bulgaria)

publicado a la‎(s)‎ 8 dic. 2017 14:14 por Pilar Iglesias


Un total de 10 dos nosos ximnastas de elite de trampolín foron seleccionados pola Real Federación Española de Gimnasia para represntar a España en Sofía (Bulgaria) no 25 campionato do Mundo por Idades.

Destes 10 acudiron a Sofía nove que representaron a España nas distintas categorías e aparatos (Trampolín, Dobre Minitramp e Sincronismo).

As espectativas que tiñan os nosos técnicos e técnicas víronse superadas ao acadar a clasificación para dúas finais: a de María Fujú e Marta en Sincronismo e a de María Fujú en Dobre Minitramp.

Durante catro día os nosos ximnastas e o resto a delegación española tiveron a oportunidade de medirse contra os mellores do mundo nas súas respectivas categorías.

Marta R.Cancio obtivo o posto 29 de 60 participantes en Trampolín na mesma modalidade María Fujú clasificouse na posición 39 pero en Dobre Minitramp rematou a súa competición en 7ª posición de 24 participantes. En DMT María Salas rematou no posto 17 entre 30 competidoras e no posto 39 en Trampolín entre 68 ximnastas da mesma categoría. Lucas Domuro fixo un bo exercicio de Trampolín rematando no posto 24 de 71 participantes. Na modalidade de Sincronismo as mellores parellas foron Marta e María que tamén obtiveron pase a finais co seu exercicio rematando finalmente no posto 8º entre 19 competidoras, pola súa banda Noa e María remataron no posto 12 entre 22. Non tiveron sorte as parellas de Nicolás e Guillermo nin a de Lucas e Daniel que non conseguiron rematar os seus exercicios.

Sabemos que a experiencia foi enriquecedoras, tanto a nivel técnico pola oportunidade que se da as e aos deportistas de medirse contra os mellores do mundo como a nivel persoal para os nenos e nenas ourensáns polas vivencias que comparten durante estes dias con compañeiros e compañeiras doutras nacionalidades e culturas.

Este ano, grazas aos apoios recibidos na campaña de Crowdfunding “Axúdanos a Voar”, a participación de todo o equipo pavillonista fíxose mais doada, por iso desde aquí queremos tamén dar as grazas a todos os mecenas que lle deron un impulso ao proxecto. GRAZAS.



Comments