Noticias‎ > ‎

Cascais Beach Cup 2019

publicado a la‎(s)‎ 16 jun. 2019 13:42 por carmen blanco
Entre os dia 11 e 14 de abril desprazáronse a Carcavelos (Portugal) 13 ximnastas de Trampolín para participar na Beach Cup, evento ao que ven acudindo con asiduidade o equipo de nivel elite para poder medirse con competidores do país veciño e doutros países como Bélxica, Polonia, Suecia, Arxentina etc.

Esta vez incorporáronse ao equipo novos e novas ximnastas que aseguran a continuidade do equipo elite de Ximnasia de Trampolín.

O Pavillón levou representantes en todas as categorías de idades e voltaron para Ourense con seis ouros, oito pratas e tres bronces. Hugo Rodríguez Pérez conseguiu facerse co ouro na categoría 13-14 de Trampolín, Pedro Castaño Garrido e Claudia Blanco Cidón fixeron o mesmo en Dobre Minitramp na categoría 11-12, o mesmo sitio no podio acadou o Sincronismo de María Puente-Dod Álvarez e María Salas Cid que xa no campionato do Mundo por Idades en San Petersburgo obtiverron un ben merecido cuarto posto

Comments